luns, 17 de agosto de 2009

Quédase

 
Barry Ferguson, primeiro capitán do P. Clash, elude a queima e sálvase da reestructuración partisana. O escocés seguirá liderando o vestiario que deixan homes inesquecíbeis como B. Laudrup, Gascoigne ou, por suposto, Dimitar Berbatov. Despois de anos exitosos co ataque, os anarkistas voltarán a construir a liberdade dende atrás: 4-5-1.
 

Barry Ferguson is thrilled to be taking on Barcelona


 
Richard Bolelavsky - from Caldback 
 

Ano de mudanza en Caldback. Matt Holland racha o vestiario e dalle a baixa á metade dos titulares. Os escoceses afrontan o seu segundo grande cambio na historia de LPU. Nos primeiros anos, os partisanos fixeron a mudanza que os levou a xogar con tres defensas e gañar unha liga e unha cantas copas. Aquel primeiro ano, sen embargo, fora unha mala tempada dos das Shetlands, mais este ano Holland quere que funcione á primeira. Para iso estivo a traballar o corpo técnico codo con codo para buscar un cambio de sistema, que lles permitira, dunha banda, recuperar o poderío defensivo histórico que mesmo mantiveran uns anos con tres defensas, e por outra banda, poder xogar tocando a modiño e manter o espírito de xogo de vendaval polas bandas que tantos triunfos tolos lles deu aos anarkistas, mantendo ademais aos xogadores máis emblemáticos da equipa: stoichkov, carragher, toldo, ferguson... Así, cos seus 5 rublos de valor, o 31aneiro Barry Ferguson continuará a capitanear o Clash, tamén no campo, xa que parece será a peza de engranaxe entre a defensa e o ataque para que o Clash sexa todo un. Que clase! Hurra os obreiros e a súa organización horizontal! Gora Partisano Clash!
 
Por outra banda, Berbatov volta a abandonar o clube, está vez por decisión interna. A bancada pregúntase en quen se vai confiar para facer agora os goles. Hai quen pensa que Djuric xa está madurando e seguirá a xogar máis de 45 minutos. Outros opinan que non, e que o relevo dos segundos tempos do serbio debe ser unha besta branca do estilo drogba para poder voltar a loitar pola lpu. Sen embargo, fontes próxima a Matt Holland, suxiren que o Clash buscará este ano ser un equipo máis compensado no ataque , no que diversos xogadores poderán desfrutar de ocasións en cada partido, e se rachará por tanto o monopolio do `9´ partisano moitos anos despois. Este último plantexamento, sen embargo, non semella o mellor para que Stoichkov recupere o Dzajic.
 
Cemento anarkista e grupalidade europeia: volta o Clash?

 

1 comentario:

getxo dixo...

Nas dúas últimas noticias voltou a idiosincrasia. Do mellor que se publicou ultimamente.