luns, 24 de agosto de 2009

SHAKHTAR: como o fixeron os rusistas, para comezar

Maksim Shatskikh

Eu vexo moi chungo o de facer isto semanalmente, pero aquí vai desta.

CLEMENTE: 4. Vítima de si mesmo ao principio, algo mellorou despois. Veremos se con continuidade. Esta semana é moi difícil desligar a análise dos xogadores do labor do estratega, xa que o equipo funcionou globalmente mal ou globalmente ben, agás excepcións.

ZOFF: 6. Non puido arranxar o desastre inicial, pero cumpriu cando o resto do equipo o fixo.
MALAFEEV: 5. Este ano non terá moitas oportunidades, xa que Zoff ten menos problemas mentais que Given. Pero dá un nivel tremendamente estable.
LÚCIO: 4. Demasiadas ausencias; pagou tamén os erros tácticos, para mellorar despois.
TERRY: 4. Igual que Lúcio.
IGNASHEVICH: 6. Presto a cubrir as baixas das estrelas da liña. Solvente.
TAMAS: 4. Estratéxico pola súa polivalencia, non tivo o seu mellor día en ningún posto.
SOBOTKA: 3. Espeso pero esforzado. Un hándicap para o equipo nunha liga de brutais atacantes pola esquerda.
NILTON SANTOS: 5. Mellora pouco a pouco. Dos máis favorecidos (e tamén dos máis afectados) pola revolución táctica. Asume un maior protagonismo ofensivo no 4-3-3 que no 4-5-1 previo, o que demostra até que punto foi errónea a idea inicial.
YAYA TOURE: 7. Desbordado de traballo nos primeiros duelos, deixou, como decote, os pulmóns no campo.
ZYRYANOV: 5. Cumpriu. Non foi chamado nunca e non acudiu en ningún momento.
STANKOVIC: 6. Como todos, de menos a máis. Prometedor. Deixou detalles do moito que pode aportar.
LUIS SUÁREZ: 5. Comezou a exercer de guía nos últimos partidos. Debe dar máis.
MOSTOVOI: 4. Presencias esporádicas no medio do caos.
ARSHAVIN: 0. Só xogou no peor partido do equipo e non axudou demasiado. Terá máis oporunidades coa nova táctica.
MESSI: 8. O mellor. Viña coa vitola de non-goleador e deixa a dúbida agora de que hai que facer para que marquen outros. Con espazos foi descomunal. Estivo dispoñible máis do agardado e conseguiu 5 goles e un pase en 4 partidos. Mesmo deu a cara nos peores momentos.
MUTU: 5. Algo apagado, salvouno unha acción xenial contra o MAG, que permitiu sentenciar o encontro sen que o rival se dese conta sequera.
SHEVCHENKO: 1. Como os goles que marcou. Unhas molestias impedíronlle estar presente nos dous partidos que o equipo gañou. No resto, foi arrastrado polo mal labor do equipo.
KANU: 8. Dous partidos, dous goles, dúas vitorias. Notable aportación ao xogo.
.

Ningún comentario: