Busquen posibles erros nos seus planteis. Preséntanse cos prezos antigos. En moi breve, pediráselles que actualicen os planteis aos novos prezos e volverán ser publicados con eles. Se non atopan a un determinado xogador do seu plantel no novo SUACI, consideren que conserva a ficha e, polo tanto, o prezo; e avisen da súa ausencia. Se un xogador aparece duplicado no novo SUACI e no novo SUACI dos esquecidos, a súa ficha e o seu prezo serán os do novo SUACI. Boniek figura no plantel de Asaltacunas, malia que pertence ao Torpedo Zagreb. Ante o cambio normativo e de convenio colectivo, ofrécese a oportunidade excepcional de conservar un xogador mesmo desblindándoo. Permanezan atentos, porque o draft está a piques de comezar e os prazos serán breves.
Agradecerase a todos que acusen recibo desta información. Lémbraselles, unha vez máis, que poden consultar a
NORMATIVA E BUROCRACIA e as
NOVIDADES REGULAMENTARIAS para chegar ao proceso de draft sen dúbidas. Aquí teñen os planteis, encabezados polos novos valores de cada un dos equipos. Queda por definir quen se fará cargo do draft do River que, en todo caso, non está suxeito aos mesmos prazos. Fagan click para ampliar onde consideren necesario.



13 comentarios:
Recibido.
recebido. cambio e corto.
cona! o anterior era eu. cambio e cerro.
Recibido. E o novo SUACI cando di que vai estar? Porque hai moito que mirar, eh?
Gracias polas confirmacións.
Si, hai moito que mirar. O novo SUACI está case listo, pero é uBe quen ten os datos ao respecto. O prazo para entregar o plantel T16 con prezos actualizados será dunhas poucas horas. O de descartes non é probable que pase de día e medio ou dous días. O de fichaxes, un día máis. O obxectivo é que a tempada poida comezar durante a ponte e, se é posible, tamén rematar.
podemos ir sorteando a kp17 somos 12 equipos.
podemos facer 2 grupos de 6 e que pasen 4,así, ademais de dar oportunidades de que pasen os petufos, habería 1/4 de final.
Se queremos que haxa 1/4 tamén poderian ser 4 grupos de 3.
podemos empregar cabezas de serie, segundo clasificación da lpu16 ou orzamento, e evitar que no mesmo grupo caian o filial e a súa matriz, todas estas cousas son unha merda pero é a kopa do pollo.
vamos, vamos que hai que empezar para poder rematar.
Somos 11, non? Os dez e o Bloco... Creo.
A lista dos clubes avisados da presunta inminencia do inicio do draft é:
Ordem
Babudos
Shakhtar
River
Torpedo
MAG
Asalta
Faltan por confirmar a lectura e comprensión desta noticia:
Rif
Tuzaros
Pollo
vamos ver, os insulanos falaron nesta noticia:
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=8657392510521369648&postID=2202391135984398426
e polo que me pareceu entender declinaban o seu dereito a participar na kp17 polo que este honor recai automáticamente nos anarcistas e nos da disnei empatados a puntos na ksu16.
Pode, non o sei. Como teñen esa fala tan ruda... Haberá que enviarlles un telegrama, para confirmar. De todos os xeitos, se eles non participan, o xusto é que o resto nos fodamos. Estou seguro, aí si, de que é o que eles terían desexado.
Recibido.
no seu momento eu propuxen iso, e el respondeu con isto outro.
pero vamos a min, écheme igual.
eu o que diga Mourinho.
Gracias a todos os avisadores, a Diego en particular. Faltan o Rif e o Pollo.
Publicar un comentario