Difícil elección. Igualados no cumio primitivo, ambos colleitaron 6 cartóns amarelos na tempada. Pero houbo unha diferenza estilística relevante: Pepe puxo a rúbrica cun cartón vermello e Olof cun autogol, o que pode considerarse, segundo se mire, como unha sutileza primitiva ou como unha acción propia do primitivismo máis básico. No paladar de vostedes está o gañador moral.
Para nós, non hai dúbida de que ese foi Heitinga, vilmente atracado na final da Kunka cando fixera méritos para anotar con moita clase 5 puntos decisivos que lle foron negados polo xuíz.
No histórico, prolóngase o duelo entre Pollo e Rif. Carragher continúa ao mando, pero asediado. Paga a pena botar unha nostálxica ollada, por exemplo, ao líder negro do PP, que tantos anos leva decepcionando, pero que segue no alto. E que ninguén esqueza a Eric Abidal. Iso si son méritos de guerra. En todo caso, o de Jamie Carragher é chulería. Lidera o primitivismo histórico malia terse permitido o luxo de dar 2 pases de gol na súa carreira.
1 comentario:
Si, iso é, Heitinga. Moi bo rapaz. Merece tódolos premios que lle dean.
Publicar un comentario