mércores, 15 de decembro de 2010

Ooijer debuta co Ordem


Xusto despois de xogarse o partido de LPU17 entre ambos os clons, Ooijer debutou perante o seu público co clube limião, onte, nun amigábel desputado contra os líderes da clasificación.

O central dos Países Baixos mostrou as habilidades que o caracterizan. Un defensor contundente (dos que chegan tarde) e polivalente (chega tarde a todas partes). Non contento con mostrar as súas aptitudes primitivas na faceta defensiva mesmo chegou a incorporarse ao ataque metendo un dos goles do xogo. Malia a súa facilidade para mancarse, esta vez, rematou sen que os achaques propios da súa idade lle pasaran factura.

O Fondo Grosso demostrou co seu apoio que ten un novo heroe neste señor maior que xoga ao fútbol. Van Gaal tamén ficou contento con esta incorporación no mini-draft e pensa que poderá seguir ofrecendo moitos empates mais aos siareiros do Arraiano nos partidos que restan de liga.

Mathijsen volta ao Couto depois desta breve andadura na competición oficial, sen que lle dera tempo a estrearse, terá a oportunidade na Kunka17.

2 comentarios:

getxo dixo...

Grande noticia. Sobre todo, a 'elipsis'. Moi ben. Parabéns a Ooijer.

staatssekretär dixo...

calendario actualizado