No Durruti, a estrea do Rif resultou inicialmente algo penosa, con moitos regalos da defensa a Stoichkov, que este devolveu puntualmente. Por fin, nunha xogada elaborada, un defensor ganlleiro acadou a súa propia liña de fondo e enviou o pase da morte cara a frontal. Abidal saltou por riba da bola, para deixarlla en posición franca a Hristo, que desta volta controlou e anotou axustado coa perna dereita. Pero o Shakhtar non estaba a xogar ben, e un disparo inocente de Keita rematou en golazo. No desconto do primeiro tempo, Di Stéfano apañou un rexeitamento e colocou o 1-2. Don Pedro sentenciou cunha das clásicas contras dun Rif correoso no segundo tempo (1-3).
En Sierra Maestra, o Rif controlou de inicio a uns Babudos moi ben plantados, que chegaron a dominar boa parte do segundo período e perdoaron as súas opcións. Casillas salvou finalmente o empate, nunha nova acción de mérito (0-0).
De volta en Londres, nun partido a vida ou morte para o Shakhtar, viuse bo xogo e ocasións para ambos bandos. No entorno do descanso, tanto antes como despois, o Shakhtar intensificou o seu dominio, aínda que a defensa tuzareña forzaba aos dianteiros no remate. Nedved estivo particularmente desafortunado nesa disciplina e Lloris, máis que seguro. Unha contra local rematou con gol de Bican. O Shakhtar buscou o empate até o final, pero un erro defensivo permitiu a Völler anotar na última xogada, con resultado de morte (2-0).
Sierra Maestra, outra vez: Conti asiste a Garrincha quen, a un toque de reviravolta, anota un golazo. Reacción inmediata do River: Rooney para Ribery, que iguala. Xogada individual a trompicóns de Lampard, que remata co balón na frontal e anota. Rooney recibe a 25 metros e dispara raso, potente e axustado e bate a un Casillas algo desubicado. O resultado ao descanso foi tamén o final (1-3).
Co pulo da súa primeira vitoria, os fluviais reciben aos Tuzaros. Dominan, disparan, erran, topan con Lloris. No minuto 78, Bican penetra pola esquerda e cede atrás. O balón dá en Zanetti, toca en Peruzzi que non pode reter, peta no poste, pasea sobre a liña, Peruzzi mete as luvas... gol. Os de Viqui non dispararon, nin dentro nin fóra, en todo o partido (0-1).
Así, os Tuzaros asinan un arranque espectacular e afortunado e miran xa con ambición ao liderato. O Rif comeza sólido, pero haberá que velo máis. O Shakhtar fica algo máis que tocado, malia que as sensacións de xogo non son tan malas. Os babudos, case afundidos. Se só van meter golazos, terán que facelos máis decote. O River logrou a primeira vitoria e segue a dar moi boas sensacións co seu xogo, pero permanece na parte baixa.
2 comentarios:
1) Queremos resultados e individuais.
2) Lémbrase a todos os participantes que as follas dos partidos deben ser levadas por calquera equipo que non sexa Ordem ou Shakhtar. O MAG está tamén exento unha tempada polo seu bestial curro co SUACI. Cando algún equipo marche, pode levar todas as follas dos partidos que fosen xa desputados, para evitar que suceda como o venres cando o Ordem, a quen non lle corresponde facelo, quedou con todo.
3) Esta é a única maneira de que se poidan seguir levando os datos. Hai unha normativa clara ao respecto, que poden consultar cando queiran na sección de "burocracia". A próxima vez, aplicaranse as sancións preceptivas.
4) Gracias polo seu compromiso.
5) estou traballando niso. non será para hoxe.
Publicar un comentario