mércores, 8 de decembro de 2010

Individuais

ÚLTIMO AVISO

Porfa: a eses equipos que ignoran as súas nimias obrigas coa WIFA, lede a sección de burocracia, que é un minuto. E comezade a levar as follas dos partidos cando marchedes e vos toque, porque van empezar as sancións. Esta é a orde:

Rif
Pollo
Asalta
Túzaros
Babudos
Torpedo

Se o equipo encargado marcha antes de que rematen os partidos oficiais, non importa! Existe o truco máxico de levar as follas dos partidos desputados até entón e xa nos apañamos os demais co resto. Despois debe pasalas, xunto cos individuais, dentro de prazo. Así que estade vós atentos a cando vos toca. Se un equipo falta... tampouco importa! O turno corre ao seguinte. Como os Túzaros xa pasaron os dunha xornada, non lles volve tocar até a súa quenda da segunda rolda. (Qué listos, os Túzaros. Agora libran mes e pico, ou mesmo máis). Evidentemente, permítese e promóvese unha racionalización do asunto, tipo: "pódelos pasar ti esta semana que eu non?" ou mesmo "deixa, que xa os paso eu esta semana". E si, iso último é posible!

Este aviso é claramente inxusto, porque hai equipos que asumen a súa parte con toda naturalidade, pero o secretario non atopa outra saída. Gracias a tutti pola colaboración. VIVA O RIVER!

Ningún comentario: