
Cómo cambiou o fútbol! Até 4 porteiros ameazan de súpeto o máis que mítico (0,7) récord de Toldo, e aínda o líder é Maier! Pola súa banda, Paolo Cannavaro dá en ser o metrónomo dos couces. Chegou primeiro ás sancións cun ritmo constante, pero axuda ao seu equipo a ser dificilmente batible e roubar puntos e puntos na zona alta. Vendo esta clasificación, a pregunta é: está acabado o Rif?
Xa falamos dos 5 primeiros do AT. En troques, non se dixo nada de Zanetti, orgulloso representante do River e único membro deste equipo no máis alto.
Curiosamente, os xogadores do equipo que lidera a competición ininterrumpidamente desde o seu inicio, Monte Alto Gunners, non destacan particularmente en ningunha clasificación. O máximo goleador do MAG é outro debutante: Negredo, nada menos.
100
Por outra banda, o propio MAG asinou a vitoria 100 da súa historia na WIFA -102, agora- e os Tuzaros levan xa 99. Tamén o MAG acadou o seu empate número 100 e é o primeiro equipo en logralo. O Torpedo conta 97 e 90 os Babudos. Precisamente os Babudos acadaron os 300 puntos en competición, ficando a 1 do Gloria & Honor. O MAG acadou os 400 -406- e o Rif está a piques de facelo -399-. O Torpedo, tan 5º, chegou aos 550 e o Ordem, a 333. Adrian Mutu anotou no Estadio Arraiano o gol número 900 do Shakhtar ao recibir un pase de Hristo Stoichkov.
Pasando así a ao individual, sinalamos que o propio Mutu foi o último xogador en acadar a fronteira dos 100 goles marcados. Ademais, Eusébio, terceiro, atópase xa no 199 agora que acaba de fichar polos Babudos, equipo ao que tradicionalmente van as bestas sagradas a conquerir e celebrar os seus logros numéricos. Josef Bican, con 95, parece ser o próximo destinado a unirse a esta lista. Os 100 pases seguen a ser cousa de Hristo (154), pero 3 xogadores superan xa os 50: Dzajic (83), Garrincha (70) e Boniek. Messi (49), Mutu (48), Zlatan (48) e Eusébio (47) serán os próximos, seguramente. No AT, Stoichkov suma xa 412 puntos gracias á súa variedade de estilos. Supera así en 100 puntos a Zlatan, o único dos demais que rebasa os 300 puntos. Eusébio, tamén aquí, está cerca -293-. Mutu sumou co seu famoso gol os 200 -7ª posición- e Boban e Nedved, 101 -28ºs-. Arshavin, con 97, pecha o AT TOP30.
.
2 comentarios:
ben, polo irmão de Cannavaro é o único que aparece no topo dalgunha classificação por parte do Ordem.
"Mais patadas e menos caralhadas".
cantida de datos mi maa
Publicar un comentario