Como o SUACI está moi próximo a saír e a fedorenta T16 pode rematar de xeito inminente, a semana vindeira podería comezar aT17 (consultar aquí o tránsito entre tempadas e esixencias de prazos para o draft, e recomendámoslles moi encarecidamente que presten atención a iso e repasen ben toda a burocracia). Porén, varias votacións regulamentarias quedaron pendentes. Debido á dispersión e incoherencia das diferentes votacións (todas pendentes de concluír), preséntase agora unha proposta que conta con aportacións de varios clubes, sen ser a proposta de ningún clube en concreto. É unha proposta global, que fuxe de detalliños na maioría dos sentidos, para ser votada CONTRA a situación actual. Vostedes deciden; con dereito de veto, claro. Se sae que non e dá tempo, poderase propoñer unha opción global nova para unha votación nova. Pero non imos retrasar a T17 a causa do regulamento, así que, se o venres está todo rematado, o sábado comeza o draft e a normativa queda como estaba. Esta votación estará aberta desde agora até o xoves ás 12 da noite.
A proposta:
1) Entra un novo equipo: o Río; será comunal e estará formado por xogadores desbotados no draft. Cada equipo será responsable do draft do Río nunha tempada. O equipo poderá ter un máximo de 3 xogadores que non procedan dos descartes do draft; e espérase qe sexan xogadores moi de idiosincrasia Río. O Río comezará sendo o equipo máis barato.
2) Os equipos baixan lixeiramente a unha media de 140 rublos para o 5º.
3) O valor de cada equipo virá dado polo seu posto ligueiro das tres últimas campañas, redondeado. Isto é, se a media de posto é 1º, daquela 146 rublos. Se é 2º, 144,5; e así, baixando de 1,5 en 1,5 rublos, até 132,5 rublos que valería o que teña de media o 10º posto. Para comezar, ese valor asignaríase ao Río.
Porén, a clasificación económica actual partirá da clasificación económica antiga e servirá de referencia para facer media coas clasificacións ligueiras das dúas vndeiras tempadas. Ficaría así (aínda que os valores definitivos están pendentes dos partidos pendentes da K16):
Rif 146
Asalta 143
Shakhtar141,5
Tuzaros 141,5
Torpedo 140
MAG 139,5
Babudos 138
Ordem 136,5
Pollo 134
Río 132,5
4) O campión de Kopa gañará 1 rublo para a tempada seguinte. Despois, volverá perder ese rublo non sendo que volte gañar a Kopa.
5) Un dado decidirá o movemento no valor dos equipos, cara arriba ou cara abaixo, até un máximo de 4 rublos (pode saír -4, -3, -2, -1, 0, 1, 2, 3, 4). Por exemplo, se sae unha suba de 2 rublos, o valor do 5º subiría a 142, o valor do 1º a 148 e o do último a 134,5. Será acumulativo. É dicir, a nova media é 142 e, se o dado da seguinte tempada é +3, pasará a 145.
Votar que SI implica aceptar todos estes puntos.
Votar que NON implica deixar as cousas tal como están agora.
SI: Shakhtar, Tuzaros (como cidadán), Torpedo, Babudos, Ordem (que despois será un coñazo), Asaltacunas, MAG
NON: -
ABSTENCIÓN: -
.
31 comentarios:
Vale, pois nós aceptamos. Aínda que segue sen gustarnos unha merda que o que gaña sexa máis caro, polo menos é menos desigual nese sentido e dá máis posibilidades de ir subindo aos de abaixo.
SI
Si
SI
Máis que nada porque simplificamos un pouco toda a parte burocrática. E pode estar máis axustado o tema.
non fai falta discutir ou argumentar. Con votar abonda
NON
hehehehe
estábate agardando
por certo, moi boas.
Fóra coñas (non sei quen é o demócrata): pódese argumentar.
Agora xa o lin enteiro e voto que non.
A razón que segundo deduzo que non haberá movemento xeral de valores dos equipos a non ser os que decida o gañador da copa (os equipos móvense entre valores predefinidos). É dicir, non pode pasar que un ano a LPU baixe ou suba 5 rublos por exemplo. Iso non me mola nada.
Coma comentarios, o da pasta por media clasificatoria está moi ben e o Río tamén mola. No caso de que gañara o de deixar todo como está, votaría baixar a diferenza máxima de 20 a 15 rublos por exemplo.
- Señor Selassie, supoño que unha das razóns para o seu voto é que a clasificación económica sufre cambios de difícil xustificación. Pensándoo ben, ten razón. O xeito de gañar rublos até o de agora era outro e debería conservarse, como pouco, a mesma clasificación económica ao inicio. Así que eu proporía esta tradución dos valores antigos aos novos (agora mesmo, porque hai que ter en conta que quedan rublos en xogo na Kopa), que quizais é máis xusta porque dá máis rublos ao que gañou máis rublos do xeito en que estaba establecido que se gañasen e non no novo:
Rif 149
Asalta 145
Shakhtar143
Tuzaros 143
Torpedo 141
Swazi 139
Che 137
Ordem 135
Pollo 133
Río 131
Cando esta clasificación fose definitiva, funcionaría durante 3 anos para facer a media cos postos acadados nas tempadas seguintes.
- Para o representante do Pobo: se o seu único problema é que a variación da anual do valor medio dos planteis é moi pequena, faga un esforzo e decátese de que a posibilidade que se dá para esa variación é maior do que foi nunca. As maiores variacións da media producíronse a causa de astronómicas subas de canteiráns, pero apenas acadaron valores coma estes. A media de valor dos equipos viña movéndose un par de kópecs, como moito, cada ano. Pero se lle segue a parecer pouco, propoña límites máis altos. O rango [+2,-2] é arbitrario.
abstencion
non porque non queira mollarme senon porque estou dacordo con dous puntos e en desacordo con outros dous (concretamente dacordo cos dous primeiros e en desacordo cos dous ultimos).
Polo tanto pareceme ben calquera resultado da votacion
Gustaríame saber qué non che gusta dos dous últimos. Máis que nada por se é amañable. Sei que é difícil, pero é preferible o maior dos consensos. En todo caso, conto o teu voto. Evidentemente.
Teño unha pregunta: O reconto de valores económicos faise cada 3 tempadas ou cada unha delas tendo en conta as tres anteriores?
Cada unha, tendo en conta 3.
Ok, e un matiz, xa postos molaba a final de ano tirar 1d6 (por exemplo)e ver se a media sube ou baixa.
Exemplo:
1ª tirada: 1,2,3 baixa e 4,5,6 sube
2ª tirada: o valor da subida/baixada
A min o de que o decida o gañador da Kopa(ou quen sexa) paréceme un pouco absurdo.
E unha cousa, segue a haber moita diferenza entre o máis caro e máis barato (18), quizais baixar isto non estaba mal. Tamén é certo que tal como está a lista, con valores de 2 e 2 non se me ocorre como.
Pois hai varias opcións: diferenzas de 1,5, por exemplo. O 0,5, para quen o tivese, sería negociable con outros clubes. Isto deixaría a diferenza entre primeiro e último en 13,5. Por outra banda, o do dado paréceme ben. Pero entón, que o campión de Kopa teña 1 rublo máis (só para a seguinte tempada, non acumulable). É moi importante que a Kopa do Pollo siga a ser o único que non ten absolutamente nada que ver cos rublos.
Outra opción, en troques da do 1,5, sería que o 1º e o 2º compartisen valor rúblico entre si. Dous rublos máis abaixo estarían o 3º e o 4º. Etc. Pero tenme máis coña o do 1,5 e creo que dá máis xogo.
Por certo, un dado de 6 é moita machada, porque como se acumulen dúas subas (ou baixadas, pero subas sobre todo) máximas seguidas, uff.
Quizais cun de 3 ou 4, abonde.
Vale, o do 1,5 pode estar ben, e o dado díxeno ó chou, igual un 1D4 é mellor. O que gañe un rublo máis o da Kopa tamén me parece ben. Eu con estes axustes (se ós demais lles parecen ben) votaría a favor.
boas
explicome
o punto tres non me agrada moito polo que di Rapaij. pareceme moita a diferencia inicial entre equipos,poderiase baizar.
co respecto o ultimo punto, pareceme a verdade moi pouco premio para o gañador de copa. Podería ser que o gañador, se por clasificacion das ultimas tres ligas tería o quinto presuposto, por gañar ese ano ten o cuarto e o que estaba cuarto se fode en pasa a ser quinto.
Non sei, e un desbarre, pero pareceme pero pareceme pouco premio para o campion dekopa
por certo, maña estou de mañas co cal podria ir xogar e rematar a tempada.
por certo, maña estou de mañas co cal podria ir xogar e rematar a tempada.
Voto sí. Paso de matizar porque me da pereza, pero lo del ganador de copa tampoco me acaba de molar 100%, así que si le dais varias vueltas, os rompeis la cabeza los demás y encontrais una mejor solución seguiré votando sí pero os admiraré como ciudadano.
Si la solución final es todavía peor que la actual también voto sí, pero después daré la vara y seré un coñazo.
¡Viva la democracia!
silencio!
Excelente argumentación, a do ciudadano.
Seguimos dicindo que SI logo das modificacións derradeiras.
me decido a votar que SI e logo, comprométome, a dar a vara e ser un coñazo.
espero que nadie note a diferenza
quen tirará o dado? o campeón de liga en presenza do campeón da cunca?
coas novas modificacions voto YES
Si
Publicar un comentario