Pronto sairá o SUACI, todo o mundo atento. Poida que non sexa esta semana pero, se o é, será preciso un grande compromiso colectivo para levar o draft a bo remate antes do venres. Espérase que tan pronto saia cada equipo facilite:
- Unha lista cos xogadores cos que queda e os seus prezos
- Unha lista cos descartes e os seus prezos
- Despois avisarase do momento en que se poda remitir a lista de fichaxes á secretaría, pero será en moi pouco tempo tras da saída do SUACI
Por último:
- Se alguén ten intención de fichar ou conservar a algún dos clásicos antigos, é dicir, os que non veñen nesta versión tipo Pele, Eusebio, Garrincha, Boniek... pode empezar a solicitar que sexan incorporados ao SUACI. Teñan en conta que non aparece ningún clásico anterior aos anos 90.
É todo polo de agora. Axiña seguiremos informando. E tamén recibirán pronto noticias estatísticas da T12 e clasificacións históricas da WIFA.
.
5 comentarios:
Eu vou
Eu vou
Bueno, ó mellor só vou unha vez.
Moi boas.
Vexamos, varias cousas:
Por unha banda, non teño moi claro que este venres vaia a poder ir (a onde sexa que quededes)
En segundo lugar, teño intención de quedar tanto con Garrincha (of course) coma con Toninho Cerezo e moi pero que moi probablemente Laudrup. Digamos que o que mais papeletes ten pra abandoar a nave é Careca, e non por malo, mais ben por clásico.
Por outra banda, ando cun lio de mil pares, así que o certo é que non sei se haberei de ter moito tempo de bucear no XML que enviachedes á procura de xogadores pra o draft.
Por iso pregunto ¿que % de probabilidades hai de que o draft definitivamente se faga este venres? Mais que nada porque se a final non vai a ser e me paso o tempo rebuscando no XML cando podía andar a dedicar o meu tempo noutras cousas que me urxen, pois había tocar un pouco as narices. Mais si é necesario, porque se vai facer o Draft Si ou Si, daquela a cousa cambia.
Por certo Sr. Selassie, non se olvide do meu, please....a ver si me podes mirar o que che comentei a semana pasada e dicirme algo, ok?
Graciñas
Non creo que haxa draft. Falta pouco para que o XML quede integrado no SUACI e reduciríanse moito os problemas con iso, así que mellor pasamos outra semana, non dará tempo. Pero iso si: Rapajk xa me deu os descartes e eu estou a pques de dar os meus. Os que os teñan claros que os vaian dando xa. É importante para que dea tempo para a semana vindeira. En breve publicarei os meus e os seus. Para os clásicos antigos, Rapajk fixo a hábil observación de que custarán o mesmo que o ano pasado, así que ide apuntando o prezo que tiñan os que vos interesen no SUACI anterior, antes de que desapareza.
Publicar un comentario