venres, 11 de decembro de 2009

Tensión en Montreal

por Igor Czalic

A moi prometedora LPU13 está a piques de comezar con todos armados até os dentes. O Shakhtar non participará na xornada inaugural, envolto como está nos festexos de benvida ao medio plantel noviño de paquete que acaba de chegar e ao retorno de 'Útil' Hleb. Pero, así e todo, por Montreal hai un intenso ruxe-ruxe e unha atención especial aos eventos desta xornada. Como os hispanos de Asterix, están agardando ao vencedor das loitas de hoxe para saber contra quen teñen que resistir. Este ano o Shakhtar volve pensar en grande. Karpin: "mato todo". Arshavin: "fareinos calar again". Berbatov: "están preparando un libro sobre a miña vida: 'Goleador, polémico, travelo e traidor'; non se deixaron nada". Gourcuff: "non sei ruso". Stam: "hahahaha; que gana tiña de xogar". Diego López: "Si, Diego López. Creo que vai ser unha bonita experiencia". Matthew Taylor: "Ola, son Matthew Taylor". Thuram: "Veño currar". Frank Sobotka: "Catro polacos, seis opinións". Adrian Mutu: "Loitaremos por recuperar a gloria".

Candado ao Rif

"A consigna global debe ser, en principio, afundir ao Rif. Que aprendan que unha boa pretempada se paga" afirmou o capitán Lúcio. "É certo que están moi fortes, aparentemente, pero creo que os rivais están preparados para resistir. Eu recomendo o candado. Polo de agora, é difícil facer fronte ás súas contras en campo aberto", recoñeceu. E non descartou nada: "Está claro que se agarda unha xornada exitosa do Rif ou unha grande igualdade. Pero non descarten que Tuzaros ou Torpedo marchen da xornada inaugural cun valioso botín." E por iso, engadiu: "desexo que se vixíen ben entre eles e que empaten moito."

Sobre os ausentes

Igor Malafeev falou dos equipos ausentes: "É unha mágoa" declarou, lacónico.

Tamas, Ignashevich, Hleb, Stankovic, Zyryanov e Shevchenko, encargados de conseguir a priva, non fixeron declaracións.
.

1 comentario:

Ziggy dixo...

Shaktar, pedazo de cagón!!!!!