xoves, 26 de novembro de 2009

Convocatoria, tema canteira e anuncio entusiasta

SEDE

- Chanel de Reiquiabic (Londres) ás 21:00
- O arquivo de datos está só na comunal, que chega ás 23:00, así como a propia comunal e a 2ª tv
- Se alguén motorizado ten présa por estes elementos, que contacte con Selassie


ALTAS

Shakhtar
Torpedo
Rif (23:00)
Tuzaros
MAG
Babudos (probable, 23:00)

BAIXAS

P. Clash (probable)
Ordem (probable)

CANTEIRA

Vaise producir unha modificación no mundo "canteira". Todos os canteiráns actuais, así como os consolidados, non se verán afectados pola modificación, pero si o serán aqueles que saian a partir de agora.

1) Os puntos por riba de 90 serán máis caros. Ademais, poderase decidir prescindir deles, ou parte, e reutilizar eses puntos para o mesmo tipo de suba.

2) Os puntos asignados tanto a posicións extra como a habilidades especiais poderán utilizarse como puntos normais de ficha (volvendo a tiralos) pero non á inversa.

3) Sacar canteirán será máis caro. En principio poderían ser 6 rublos, tanto para xogador como para porteiro. Pero hai unha proposta mellor, para a que os remitimos ao punto 4).

4) Cambio no sistema de inversións en canteira. Os equipos investirán unha cantidade anual -variable segundo o seu plan de cada ano- e poderán saírlles xogadores ou non. Poderán saír varios xogadores nun mesmo ano, pero non será necesario quedar con todos, podendo desbotarse tantos como se queiran ou conservar até un máximo de 3 atendendo á regra de máximo de 3 en proceso de suba. A probabilidade de saída de canteirán será de 1/4 por rublo investido. Investindo 4 rublos poden saír como moito 4 canteiráns, pero tamén poden saír cero. Sempre que se obteña menos de 1 canteirán por cada catro rublos investidos, o sobrante menos 1 rublo acumularase nas contas do equipo para a tempada seguinte. A inversión en canteira contarase como rublos para o 20% do banco de suplentes, saian dela canteiráns ou non. Poderase investir en canteira tanto como se queira. Admítense suxestións e preguntas ao respecto.

Os puntos 1) e 2) non son votables xa que se chega a eles por aclamación popular. Pódese escoller entre o 3) e o 4), pero non é votable deixar as cousas como están pola obvia descompensación económica detectada no sistema. Se hai moita protesta polas condicións destas votacións e non-votacións, reconsideraranse as súas normas, pero é pouco probable que varíen xa que os axustes propostos son de carácter técnico. Gracias.

ANUNCIO ENTUSIASTA

A vindeira semana comeza a ansiada T13. Permanezan atentos ao Xornal para o pistoletazo de saída do Draft. En breve publicarase o calendario ligueiro, así que esperamos que se produzan notificacións inmediatas de todos aqueles que pretendan causar baixa de última hora.
.

20 comentarios:

getxo dixo...

Eu voto que si á 4) e paréceme moi ben todo o demais.

3) 0
4) 1

Rapajk dixo...

Eu vou.

Matización importante: a progresión de habilidades de 1-94 é lineal, e de 95-99 é xeométrica. De feito os de Konami lles chamaban 'niveis divinos'.

Con isto quero dicir que á marxe do 90 habería que poñer aínda máis caro o 95 en diante, ou directamente non permitilo.

Sobre as votación pronunciareime en directo mañá, que agora teño sono e non ando para pensar.

Haile Selassie dixo...

Eu vou, pero maña teño xuntanza no curro ó rematar, asi q creo q antes das once non chegarei.

getxo dixo...

Si, Rapajk, entendo, pero de 90-94 vai ser máis caro, como barreira disuasoria. E o resto, pois aínda máis. En realidade pensaba que de 95 a 99 cada punto fose máis caro que o anterior.

Diego dixo...

Me parece bien todo lo de los canteranos. Me quedo con la opción 4 de la cantera, con algún matiz y alguna pregunta pero que mejor haré en la xuntanza por comodidad.
Confirmo asistencia y puedo ser sede.

MAG dixo...

Parece que siempre solapo a Diego.. pero es sin querer.
Tambien me apunto.
Prefiero la opcion 4 pero esperare a ver los matices.
Puedo ser sede. No tengo play ni tele extra, asi que ya saben caballeros. Si voy a ser sede avisenme, para el avituallameinto de chilindradas.

getxo dixo...

A min válenme as dúas sedes igual de ben. Así que nada, decidan os que teñan preferencias.

h dixo...

Voto pola 4, há dar trabalho mas é mui bom caminho polo que levar o assunto. Sobre todo para aquelas equipas que alardeiam de ser de canteira.

Enquanto ao caráter retroativo sobre os canteiraos em activo. Por mim como se os tiramos ao gulag. Esta claro que imos (quando digo imos falo de Getxo) melhorando o sistema dos canteiraos, mas, como é lógico, imos dando paus de cego. O importante é o jogo e se os canteiraos fodem o jogo abondo os que sobram som eles.

Nom creio que hoje vaia jogar tampouco. E no próximo mês vou causar baixa quase seguro. Isto nom me impede fazer o Draft. Se mirais que a minha ausência compromete o correto funcionamento da WIFA, as protestas ao Presidente.

E o draft como se vai fazer? Temos SUACI? Ou imos manter os planteis? Um jeito fácil de fazer draft é colher as valorizaçons jerais que trai o novo jogo e traduzi-las a rublos. A escala deveria ser também exponencial. Como dependem da posição, colheria-se a maior e já esta. E haveria que concertar mais detalhes, claro.

erratas feith dixo...

gerais, jerais is wrong.

getxo dixo...

Vai haber SUACI, creo. Xa nos informarán os pais do parto. Eu non tiraría aos canteiráns, non creo que fodan tanto o xogo. E ademais, se tiramos tamén a estes, por min abandonamos definitivamente o asunto, non me tería sentido. Pero creo que estes teñen unha lóxica. Andan por media 8, non é para tanto.

getxo dixo...

Vale, pois ante a homosexualidade imperante eu vou votar polo Chanel, porque podo chegar até alí facendo uso dos meus pes.

getxo dixo...

Hora?

Comandante dixo...

Moi boas.
Ao final en Londres daquela?
Eu ando moi liado, mais o certo é que tiña gana de ir. Ando con movidas de curro (xa sabedes,que si o informe B300 que tiña que estar pra onte, que si a ver cando carallo facemos a presentación powerpoint, etc...) polo que non sei seguro cando me podería achegar nin tampouco descarto estar tan ate as pelotas cando sai da oficina que marche pra casa a durmir.
En principio, penso achegarme pero seguramente un pouco tarde (contra as 23:00 ou así) mais xa irei confirmando.
Vémonos

getxo dixo...

Vale, rapaz. Si, polo de agora é en Londres, mentres os sedistas e outros non expresen máis preferencias.

h dixo...

esta-che a cousa movida, nom é?

duque dixo...

con respecto o tema dos canteranos voto pola opcion 4 e non pola tres.

con respecto o tema dous, aínda que está votado, gustaríame facer unha acotacion para que a pensedes.

En liñas xerais estou de acordo en que as habilidades podanse tirar. no das posicións si hay un matiz que me parece importante.

No caso dos porteiros é obvio. Nembargantes no caso dos demais xogadores de campo non estou tan de acordo en tirar as posicions extra dentro duns límites. Explico estes límites.
ë relativamente "fácil" encontrar centrais que poidan xogar de CT ou de CA. No medio do campo é moi habitual CC que poidan xogar de CLT ou de MP. Ou dianteiros que poidan xogar de DC, SD ou mesmo EXT. Unha das cousas nas que máis ha evolucionado o mundo do fútbol é na polivalencia de case que todos os seus xogadores (excepción dos porteiros).
Polo tanto creo que as posición de campo non se deberían volver a tirar hasta acabaren de encher o rango no que está inmerso, e dicir, si un saca un dianteiro, non pode tirar os puntos de posicion hasta que encha as posicions do seu rango (DC, SD e Ex). Unha vez cheo, se lle volve a tocar outra posicion pode ahí sí volver a tiralo ou se quere ampliar o punto de vista do xogador, pois perfecto.

Se por un lado estamos limitando as posibilidades de que un xogador saque 90s para arriba, pagándooos máis caros, podemos encontrarnos casos de xogadores que o seu amo e señor decida facelo antipolivalente 100%, pero así aforrar os puntos para ter un fichón.

Repito, esto xa está votado, pero, aíinda que a miña opinión non valga desde o punto de vista electoral, sí a expoño para que vexades o meu unto de vista.

Saudos a todos

Diego dixo...

Lo de las posiciones extra que propone duque me parece cojonudo.
Siempre pensé que hay posiciones de asociación lógica que deberían ser contempladas. El problema vendrá con cosas como que un CCD no puede ser CT a un coste razonable (siendo esta una evolución lógica de un jugador real), pero salvando esos obstáculos seguro que encontramos agrupaciones con cierto sentido sin romper el reglamento.
En cuanto a lo de ahorrar puntos para hacerlo antipolivalente yo no creo que se puedan dar situaciones graves tal y como está montado el tema, pero me mola la propuesta por simple carisma más que porque vea un futuro desequilibrio en este sentido.

Rapajk dixo...

Eu tamén vexo ben o das posicións extra que di o duque. Non sei se haberá xeito de facelo operativo, xa que para ditas posicións é preciso ter en conta as habilidades. Por exemplo, un central moi rápido é máis lóxico que tamén poida ser lateral, mais un barco non. Ou un dianteiro con moito pase corto pero pouca velocidade poder tender máis a mediapunta que a estremo.

getxo dixo...

Creo que me perdín. Como técnico da cuestión considero inviable facelo por un medio directo. Por outra parte, se entendo o que estades dicindo, a vontade do adestrador adoita coincidir con esa lóxica. É dicir: a xente fai a un dc tamén mp se reúne condicións boas para selo...

Creo que o que estou dicindo demostra o punto inicial: que me perdín.

getxo dixo...

Ben, como o proposto polo Duque e Diego é para as subas, supoño que teremos tempo de falalo máis adiante. Vou ir publicando mateiral novo, para que os lectores asiduos non sintan a necesidade de levárense falos á boca.