O acordo está pechado pero, obviamente, aínda pode pasar calquera cousa, porque eu son un xornalista. E cando digo pechado quero dicir pendente dun fleco e cando digo un fleco quero dicir unha moeda a cara ou cruz. Pero teño que redactar 40 noticias por semana así que collo este ruxe-ruxe xunto con estas declaracións do ano pasado e a infografía daquel asunto e voilà.
Gallas (9 rbs) e Maier (10) farán o camiño de Malmö a Montreal, segundo as mesmas fontes sen confirmar.
Toda a operación concretarase tan pronto se chegue ao mercado invernal. No entanto, Pollo e Shakhtar teñen un partido de máxima importancia pendente na Kopa do Pollo, polo que haberá que examinar a actuación dos 4 xogadores con lupa de aumento. Recomendo prestar particular atención a Diego López.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario