Maksim Shatskikh
ÚLTIMA HORA: SALDOS
Pensa desfacerse dalgún xogador de 4 ou menos rublos no draft invernal? Si? Pois non o faga sen falar antes co Shakhtar. Un fabuloso regalo podería agardar por vostede!
----------------------------------------------------------------
Os xogadores do Shakhtar Jaap Stam e Diego López buscan unha alternativa ao frío de Montreal e pediron marchar xuntos cara un destino novo. Ambos xogadores, moi aprezados no plantel, causarán baixa para a segunda volta se os seus desexos se cumpren, para o cal o Shakhtar tivo o detallazo de baixar o seu prezo nunha aprezable cantidade. Así, ambos xogadores, valorados en 21 rublos, poderían saír do clube se calquera equipo ofrece 19 rublos por eles -ou mesmo 18, se os xogadores ofrecidos son interesantes- e coa única outra esixencia de que entre os xogadores ofrecidos para o intercambio apareza un porteiro de 10/12 rublos ou un central ou lateral dereito de 7/8. Comeza a poxa, se é que hai interesados.
Opcións que manexa o Shakhtar, a priori:
Cech (11) + un xogador calquera de 7 ou 8 dos Tuzaros.
Zambrotta (11) + un xogador calquera de 10/11 do Torpedo.
Toldo (10) + Ribery ou Heinrich.
Maier (10) + Miccoli, Mellberg, Gallas ou Asfa.
R. Carvalho (8) + Yane, Suárez ou Scirea.
Calquera outra que lle interese ao clube que a propoña será estudiada atentamente. Agradecerase que se axuste ás condicións especificadas.
O Shakhtar agradece aos seus ilustres xogadores o compromiso amosado co clube e estará encantado de seguir contando con eles se dan marcha atrás na súa decisión. Ambos son excelentes xogadores. Os dous. Sen excepcións.
.
6 comentarios:
No nos mola neno.
Ó Torpedo non lle interesa o troco
Today hay algo no Arraiano?
Non o sei, pero se ides querer a plei para venres hai que ila coller.
Mmmmm... por Stam no que es un ñordo calvo y feo.
xa quedei co ordem para recuperala comunal
Publicar un comentario