por Igor Czalic
A fume de carozo iniciou o Shakhtar o torneo "El Rápido" a tres voltas. Os seus goles ante o MAG aos 4:12 minutos na primeira volta e aos 1:23 na terceira abondáronlles aos anarquistas de Montreal para impoñérense a un Ordem máis regular e que só concedeu un tanto na contra no derradeiro partido do torneo. Os non-canadianos remataron con 36 puntos por 22 dos limiáns e ningún dos magos, inventores da disciplina.
Pero as cousas cambiarían na modalidade "Primitivo", desputada a dúas voltas e na que o MAG soubo repartir con grande acerto. O espectacular encontro final, con puntuación de 7 a 6 deu o trunfo aos de Arsenio Iglesias sobre un Ordem que así e todo volveu amosar un alto nivel de xogo. Ollo ao dominio das bandas dos arraianos, unha das sensacións do festexo. A gloria final do "Primitivo" levouna o MAG con 18 puntos de sutura, por 16 de Ordem e Shakhtar.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario