Ahí van os datos dos Babudos na xornada de onte:
- C. Zapata: LIGA CA.
- D. Bent: LIGA Goles 1
- Etoo: LIGA Lesión 1 partido (xa cumprida), KOPA POLLO Goles 1
- Garrincha: LIGA Pases 3,
- Gattuso: LIGA Goles 1
- M. Laudrup: LIGA, Pases 1, Goles 1; KOPA POLLO Pases 1
- Mertesacker: Kopa Pollo 1 CA
- Riera: LIGA Goles 1,
- Seedorf: LIGA Pases 1, Goles 2
- Toninho Cerezo: LIGA Goles 1
Con respecto ao comezo da T13 (tan esperado, por outra banda) espectacular arranque do RIF, como xa se agardaba, con 3 victorias en 4 partidos e que soamente puido ser superado no marcador por un Babudos moi ben armado atrás e que foi quen de aproveitar as suas oportunidades pra conseguir unha victoria épica. Épica porque o RIF viña con todo, e porque os Babudos tiñan de mal rollo a Seedorf e M. Laudrup, titulares indiscutibles e encargados de crear xogo xunto a Mané, comeran ese día uns callos en mal estado e caeran enfermos. "Estaban todos morados" dixo Luigi Pieroni en declaracións a este xornal..."semellaba que tiñan a escarlatina ou algo así, mais pra o seguinte partido xa estaban ben. Non sei eu se non sería que estaban un pouco morados en outro sentido, xa me entende"
A xornada comezaba mal pra os Babudos, posto que recibian ao MAG nun partido que foi denominado "El de los putos rebotes de los cojones" polos propios participantes. O primeiro gol do MAG, que se adiantou no marcador por medio de Forlán a centro de Heinze, chega logo de tres rebotes consecutivos que favoreceron a Heinze na sua internada pola banda. Logo diso, os Babudos conseguiron empatar por medio de Riera, logo dun perfecto saque de corner botado por Garrincha. Mais de novo un erro defensivo, nun mal rexeite de Casillas, puxo ao MAG en vantaxe con gol de Defoe. Mais os Babudos loitaron e acadaron de novo o empate por medio de un espectacular Gattuso que fixo que a bola bicara a rede logo dun pase de Laudrup dentro da área, que foi o mais listo pra aproveitar un barullo importante dentro da zona de perigo. Mais finalmente, logo de tanta loita, e case cando non quedaba tempo, o MAG voltou a poñerse por diante mediante un gol de Scirea. Ma arranque dos Babudos en canto a resultado, mais a parroquia estaba contenta co xogo do equipo.
E así foron a xogar a Reiquiabic (Londres) onde agardaban os Vicky's Men. Partido tamén moi trabado, no que se adiantou o Tuzaros por medio de Luis Enrique logo dun magnifico centro de Baggio dende a banda esquerda. Moi mal a defensa cubana neste arranque, posto que Luis Enrique estaba abosultamente só e sen ningún defensa a menos de 10 metros de él cando rematou. Mais os Babudos repuxeronse do inicio e primeiro Toninho a pase de Seedorf, logo Seedorf a pase de Garrincha á saida dun corner e mais tarde Michael Laudrup, que marcou un magnifico gol de tacón logo dunha cagada importante de Petr Cech, puxeron aos Babudos en franquia pra acadar a victoria. Ainda conseguiría reducir distancias o Tuzaros a través de Chocolate Sexi, a centro de Capdevilla, mais a victoria final marchou pra Sierra Maestra.
E así chegaba o partido co RIF, partido no que as cousas se puxeron dificiles coas baixas pra os Babudos. Mais o mister Luigi Pieroni, tomou a decisión de modificar o esquema táctico. Mudou o 4-4-2 por un 5-3-2 e saiulle ben. Ese foi o secreto. Saiu a agardar atrás e a xogar ao contragolpe, e amais da victoria, ao final obtiveron o mesmo número de tiros (8(5)) ambolos dous equipos e un 50% de posesión pra cada un. Grande victoria e moi traballada. A nota negativa estivo na lesión de Eto'o logo dunha brutal entrada de Yobo, que so supuxo amarela; cando Samuel liscaba só cara á porta. Algúen debería pensar en sancionar aos que só saben repartir leña e non saltan ao campo a xogar ao fútbol.
Logo chegaba o partido co Asaltacunas....sen Eto'o, e con varios centrocampistas de mal rollo. E tamén se botaron atrás....e gracias a unha grande defensa, con Distin, Mertesaker, Lescott e Micah Richards facendo un moi bo traballo, acadaron poñerse por diante no marcador por medio de D. Bent, DC suplente que fixo unha labor moi boa nos minutos que tivo. Por certo que o pase de dito gol foi de Garrincha, que xa leva 3 en 4 partidos. Será capaz Mané de conquistar de novo o trofeo ao máximo pasador coma fai duas temporadas? Verémolo.
Logo disto, a Kopa do Pollo, onde os Babudos recalaron no grupo con RIF e MAG. Primeiro partido ante o RIF, moi similar, mais definiron Buffon e Kaka para os de Chaoui. No segundo partido, victoria dos de Sierra Maestra ante os de Monte Alto, logo dun partido trabado que se resolveu con un único gol de Eto'o no minuto 88.
Bo comezo dos de Pieroni, que están na parte alta da tabla logo desta primeira xornada de loita.
Hasta las ovejas de Sietes son expertas en Windows 7. ¡Conócelas!
3 comentarios:
Xenial. Así dá gusto erguerse para mercar a prensa.
Por certo, parabéns polo bo arranque e o trunfo sobre o invencible Rif. Tremendo. É a hostia, vencer a un invencible. O Universo enteiro entrou en paradoxo.
Jajaja. Foi un partido dificil, é certo que é unha grande victoria.
Graciñas polas felicitacións.
A ver se este ano damos un pouco máis de guerra na LPU.
Polo de pronto xa quedamos fora da Kopa do Pollo, mais o arranque en Liga foi bó.
Falta que Eto'o comece a enchufala e a ver se a defensa segue funcionando.
Publicar un comentario