xoves, 13 de novembro de 2008

Un comentarista de luxo entra no plantel do Xornal

(Redacción)

Xa podemos confirmar que o Xornal do Pobo contará este ano coa colaboración especial de Ballack, 'The Painter' ou 'Der Kunstler' coma tamén é coñecido. Agardamos que os seus amplos coñecementos do fútbol, da arte e da vida serán de grande utilidade para que os nosos lectores sexan quen de apreciar aínda máis se cabe a LPU que está a piques de comezar.

Sempre ocupado no seu estudio nun ático do centro de Zagreb, adícanos uns intres para unha breve entrevista teñefónica.

Boas tardes, tenente Ballack.
Moi boas, agradezo esta oportunidade ó Xornal e ó Partido tamén, claro.

Leva un par de anos afastado dos terreos de xogo, pódenos explicar por qué?
Bueno, cando no Torpedo me suxeriron que deizara o fútbol e explorara outros terreos da arte, fíxenlles caso. O resultado? Obras coma 'Ipod no espacio sideral' xustifican a miña ausencia. E iso non é todo, en breve publicarei outro cadro que leva coma nome provisional 'Verbatim Domine'. Mais xa falaremos diso no seu momento.

Que cré que pode aportar a este xornal?
Obxectividade, e unha visión serena e precisa dos acontecementos.

Pode evaluar ó noso clube nos últimos anos, dende que o botaron... perdón dende que decidíu marchar?
A miña opinión é que falta un líder nato, alguén que colla o timón da nave e asuma responsabilidades. Foi un erro que marchara Mitea, porque daba o punto xusto de seriedade que precisamos.

E que opina das novas fichaxes?
Bueno, Puskás é un grande lateral, penso que dará profundidade pola banda, e o meu grande amigo Shevchenko fará moito ben na portería. Por fin temos un gardamallas en condicións.

E dos outros clubes?
Bueno, falei hai pouco co Rei de Swazilandia, e segundo lle entendín penso que está reafricanizando ó equipo, seguro que lles ha ir ben. O Shakhtar depende moito de Koller, non lle sei. E o Partisano a ver se este ano levanta cabeza, porque mi madriña... O resto non ficharon a ninguén, que eu saiba. Bueno, si, penso que o Gloria botou a Eusébio. Unha mágoa, porque é bo rapaz.

Véxoo en plena forma. Un saúdo.
Graciñas. Non deixen de culturizarse e vitaminarse.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

e o tipo este dicides que fai que omentaris joer pues tu que opinas salinas

Anónimo dixo...

Oh! Que boas noticias!

Anónimo dixo...

MOI IMPORTANTE: DISTRIBUCIÓN FINAL PARA HOXE

GLORIA
SWAZI
ASALTA
SHAKHTAR
TUZAROS

ORDEM
GANLLEIROS
TORPEDO
CLASH
CHE

O CLASH CHEGA ÁS 12

POR PROBLEMAS TÉCNICOS NON PODO POSTEALO COMO NOTICIA. A VER SE ALGUÉN PODE.