(Marko Czalic - Montreal)
Con dificultade pero con enxeño, o grande investigador Marko Czalic conseguiu en exclusiva a primeira entrevista con Haile Selassie, máximo responsable, até onde se sabe, do Clube Ganlleiro Fillos do Rif, a última incorporación da WIFA e a sensación deportiva de inicios de tempada. Foinos posible acceder ao Sr. Selassie gracias aos contactos co personaxe máis público do misterioso clube, Dino Zoff. El proporcionounos o contacto, pero non foi quen de darnos máis información. Semella que a xerencia dos ganlleiros ten por costume traballar na sombra. Por que razón? Poida que o averigüemos nesta apaixoante entrevista. Nun lugar ao que me conducen cos ollos vendados descúbrome na presencia do fundador do 2º clube africano da WIFA -e á vez o único, nestes momentos- e primeiro representante da zona marrón do continente negro.
- Sr. Selassie, encantado de coñecelo. Quen é vostede?
eh? quen? eu?............................Eu son Haile Selassie, Emperador de Etiopía, tamen chamado "Príncipe Ras Tafari", ou coma din outros a reencarnacion do Deus Yah, podes utilizar calqueira destas nomenclaturas que estou acostumado.
- Por que un equipo e por que de fútbol?
........................................mmmmm....................................... o que?ah! bueno, pois un equipo mola, non?
- Foi difícil entrar na WIFA?
Tes lume?............Aquí! xa está, perdoa.A verdade é que todalas negociacións fixemolas aquí en Chaoui, e os directivos que viñeron da WIFA non se puideron resistir ós encantos desta terra, asi que axiña chegamos a acordo.
- Como viste o seu equipo? Semella que para moitos rivais é aínda un segredo...
.....................Eh? Que euqipo? ..............ahhh! je je está boa esta ganja, a que sí?. pois cas cores da nosa patria nai, Etiopía.
- Como ve a tempada? Cun dos orzamentos máis baixos está acadando grandes resultados para un debutante...
Home, os cartos non son o importante e.............................................................................................................................................................................pois eso.
- Ademais, ten tendenza a gañar na casa. Capitalizarse é o primeiro obxectivo? Ou van directos a polos títulos?
eh?.........Pois nos o que queremos é que a nosa xente aquí en Chaoui vexa gañar ó equipo no seu estadio e...........................................................
- Cal é a fichaxe da que está máis orgulloso?
¡Neeenooooo! ¡Fai un ahííííí! Mal andamos con estes rapaces, se a estas alturas haino que andar a pedir...............
- Nunha liga con equipos comunistas ortodoxos, heterodoxos e mesmo empresariais, con anarquistas viscerais e de postal, un par de equipos franquicia desrepolitizados, un representante do surrealismo, outro da tradición xerárquica medieval -aderezada con técnicas empresariais modernas e circo mediático-, un deseñado por computador e mesmo un equipo-anuncio... como encaixan ideoloxicamente os fillos do Rif? Cal é o seu papel neste teatro?
En serio me estas a preguntar iso? Pois o Rastafarismo claro está, por iso, todolos nosos xogadores, contractualmente claro está, e ca guía do tecnico Bob, sera Rastafaris iniciados xa a partir da vindeira xornada.
- Algo que queira contarnos porque lle apetece?
Fumas ahí? mira que esta boa eh!
- Que opina dos seus rivais? Veos moi febles?
.........eh? o que?......ah! os rivais, son moi bos, teñen moi bos xogadores todos, ...........................¿sabelo que pasa? que moitos han de querer vir para o Rif ó ver como está de feliz a nosa xente, eu prometo que farei o que este nas miñas mans por eles.
- Gracias, Sr. Selassie. Boa sorte. E coidado coa policía.
Poñemos a venda e non vemos nada por un anaco, até que aparecemos en Montreal transcribindo a entrevista. Fotos non hai, claro.
5 comentarios:
1ºcamisola vermelha, calças negras, meias verdes.
2º verde e amarelo em geral.
que africano... me recuerda a un uniforme inicial de un equipo... peero naah... si que esta boa esta ganja...
A ver, statsekretar, así de memoria que isto é un caos:
Pollo 0-0 Clash
Pollo 1-1 Swazi
Che 1-0 Tuzaros
Análisis 3-2 Gloria
Swazi 3-1 Che
Shakhtar 2-2 Rif
E así, máis ou menos, polo de agora.
Ah, muito ubre-gado!!
Agora já vou para cama, assim que passai-no bem, e até manhã, já nom é preciso que publiqueis mais nada.
Rif 0-2 Gloria
Rif 1-0 Análisis
Tuzaros 2-2 Análisis
Pollo 0-4 Shakhtar
Publicar un comentario