mércores, 19 de novembro de 2008

Entrevista a Pituco, adestrador do ex-suacilándico MAG

(Marko Czalic - Montreal)

Achegámonos hoxe a Monte Alto, o barrio do ex-partisano Luis Suárez, para entrevistar ao amigo Pituco, adestrador do primeiro equipo africano da WIFA (reconvertido agora no segundo equipo galego). A realidade é que a escala do voo Zagreb-Montreal se alongou moito máis do previsto e aproveitamos para dar a coñecer as intencións deste novo proxecto suacilandés, o MAG. E porque, seguindo o seu fino olfato xornalístico, unha vez máis, o inmenso Czalic intúe que algunha exclusiva caerá. Particularmente porque conta coa vantaxe de escribir esta introdución con posterioridade á citada entrevista. Pituco recíbenos nos campos da Torre co seu circunspecto semblante habitual, sempre preocupado polas vicisitudes que adoita atravesar o fútbol base.

- Moi boas, home. Había xa ben tempo!

Había bastante si. Dende que viñeches co teu rapaz a xogalo torneo internacional de futbol base, creo. Carmucha mandalle bicos.

- Como levas o de cruzar a liña de observador -e comentarista de Telecoruña para a LPU- e adestrador do Marte CF á grande responsabilidade de poñerte na primeira liña?

O final o fútbol e fútbol, ainda que pelexar cos grandes as veces e peor que cos rapaces.

- Para os nosos lectores máis tecnolóxicos: como se fai un escudo? Quero dicir, en que formato hai que gardalo? A que tamaño? Pode ter fondo transparente?

Bueno, eu diso noche sei moito. Recordo que o do marte fixemolo nun trozo de madeira porque daquela non tiñamos para papel, ¿sabes?, eran outros tempos.


Pituco (dereita) co seu xenro Alfonso

- Cales son os plans dos Gunners para a tempada en curso? O comezo foi aceptable, cun calendario esixente pero xogo e resultados irregulares. Algún plan a medio prazo?

Bueeno, non che empezamos mal de todo. Perdimos dous partidos decisivos, un deles, contra o Gloria acabou con algún nunha esquina do vestiario tremendo de medo… o que viviron eses rapaces en África, que o sabe…Para axudarlles con iso chamei a un vello amigo, ti coñecelo oh, o Potemk.

- Non digas! O Vladimir?? Home, iso si son boas noticias! Xa deixou o frenopático, daquela?

Deixouno e non o deixou, xa sabes. Pero o de ser o meu segundo parecelle ben o seu loqueiro. Non sei que carrallo de que un ambiente deportivo e saudable… o que lle fai falla e una cunca de ribeiro e unha partida de dominó. Pero xa sabes, estes medicos novos…

- Deisler, Hagi, Potemk... tedes sicólogo, no equipo?

O Potemk di que vailles aplicar non sei que "estilo de vida zen" ou "zan", non che sei, que aprendeu no frenopático ese. Mentres tanto entrenan cos benxamins e parece que algo de sentidiño están a coller, a semana que ven irán cos alevíns…

- E conta, que hai da canteira? Semella que un rapaz polivalente tenta abrirse sitio.

Pois temos ahí a Diego, que lle chaman "o chino", non che sei moi ben porque porque e de aquí de toda a vida… pero bueno. Aprendeu a xogar no mercado de monte alto, nun sitio que se che marcan gol tes que baixar tres pisos a polo balón… e como e moi vago, aprendeu a parar de carallo. O de xogar de central e medio defensivo e porque e moi bruto... el di que e de "ir a bullas"… vamos as ostias de toda a vida…

- Fútbol base ou planetas unidos? Cal é a paixón verdadeira de Pituco?

Estou as duas cousas, os venres na LPU e os domingos vou a torre a ver os partidos dos rapaces. Antes non quería entrenar na LPU porque parecía atletismo, e a min o que me gusta e o futbol, non eh?

- Fálenos do plantel que ten nas mans... Afaise a tanto crack? A quen destacaría?

De momento estou vendo cales son os galiños do galiñeiro, a eses hay que atalos porque se non o equipo deixa de xogar unido. O plantel pareceme moi bo, compensado e capaz de facer un bo futbol.

- Que conserva o clube da época de Swazilandia e en que se diferencia?

Pois por traer non trouxeron nada, porque quedamos coa defensa que era moi boa, pero non se adaptaron demasiado ben e andan medio tolos… asi que Potemk ten moito traballo para relaxalo xogo da defensa e estar concentrados.

- Cal é agora o seu derbi? Contra o Rif? Contra o Ordem? Outro?

Pois non che sei, contra a Limia non che temos nada en contra, e turquia e marrocos levanse ben (hehe)

- Non che roubo máis tempo que me sae o avión. A seguir ben e boa sorte!

E logo, ¿non quedas a comer? Mira que a Carmiña vai facer callos. Ti verás.

Pituco despídenos cun aceno e sen sacar as mans dos petos, como sempre. Está convidado a xantar na casa da filla, xogadora da selección galega de fútbol sala. Nin el nin Alfonso, o seu herdeiro no banco do Marte, perderon detalle do Victoria-Orillamar de categoría alevín, que concluiu cun satisfactorio empate a cero.

21 comentarios:

Anónimo dixo...

Os callos de Carmiña están declarados patrimonio da humanidade polo Pobo de Zagreb.

Sir Nigel dixo...

No sabía que Potemk estaba en un frenopático. Pero bueno, menos mal que ya ha salido. Eso de los callos empieza a parecer algo que podría comercializarse. ¿Está libre su copyright?

Rapajk dixo...

Os callos están baixo licenza GNU, polo non poden ser un prato 'propietario'. É dicir, nin teñen nin poden ter copyright.

Afástense dos callos, suxos capitalistas!

Anónimo dixo...

Carmucha(a nai de Carmiña) foi cociñeira da seleccion Croata cando Pituco entrenaba os xuvenís.

Anónimo dixo...

Creo que Chema se quiere pasar por el castillo el viernes porque sale a las 2 de la mañana de currar o algo así. No sé cuales son los detalles, ni porqué no los escribe él, pero me dijo que os informara.

Anónimo dixo...

Isto... non sei que se vos ocorre que faga coa merda de información que me está a caer encima... O reparto óptimo é o que puxen, ninguén se deu de baixa para o venres, pero algún di que até as 2 como moito, outro di que quizais vaia e como moito até as 12... outro que a partir das 2... e outra ente non sabe se vai vir. Nestas circunstancias, a día de hoxe só se me ocorre facer o reparto ao chou. Así que se non teño unha información máis precisa non fago máis cálculos.

Se Chema quere cambiar de sede, motivos á marxe, debe buscar alguén que estea disposto a facer o cambio e informarnos despois. Esa é a teoría, cando menos.

Anónimo dixo...

E eu non lle podo cambiar porque estou no mesmo sitio que el.

! dixo...

eu nom vou, já o escrevim antes dum jeito mais galego, isso sim.

! dixo...

Enquanto ao artigo, está caralhudo. Desdo o Ordem descartamos ter rivalidade cum clube que a saber onde estará sediado na T9, ou de aquí a 15 minutos.

Anónimo dixo...

Vale, pois se o Ordem non vai, o Chema pode ocupar o seu sitio. Se me dades máis pistas igual podo calcular as reubicacións idóneas. Se non, pois queda así.

Anónimo dixo...

Hala, xa está (ver "División semanal"). Se o Sir ten algunha pega que o faga saber. Gracias.

Anónimo dixo...

Mirad, esto es un cristo. Pasáos todos por el castillo, que creo que no pasamos de diez, y además vienen por turnos.

Anónimo dixo...

OK, por min estupendo. Pero, só para que o saibas, estimo que hai unha probabilidade derredor dun 40% de que durante uns 35 minutos sexamos 10. Non bromeo, é información por se queres cambiar de idea. En todo caso gracias, porque me estaban toleando.

Noutra orde de cousas, penso que os papeis da liga tenos o Ordem. Xusto o Ordem, non é irónico? A ver como o resolvemos.

Anónimo dixo...

Pues para estar volviéndose loco le veo muy dispuesto a sacar estadísticas. Igual en eso consiste su locura. Tendremos que procurarle hojas de papel más grandes para que escriba fórmulas y más fórmulas.

Por lo de ahora, creo que no viene Ordem, y que Txe y Pollo sólo estarán un rato. Por otro lado, el Asalta aparecerá a las mil. Me dejo algo?

Anónimo dixo...

Un consejo para el secretario; ya sé que está usted loco y que le gusta hacer los horarios y demás, pero quizá sería mejor que dejase que se organizasen los demás. O mejor dicho, que no lo hagan. De esto surgiría eventualmente un orden espontáneo, no dirigido desde arriba.

Anónimo dixo...

Comprometo-me a que as folhas da T8, por duplicado, estarám no castelo do Sir, quando sejam necessárias.

Anónimo dixo...

Pregúntome se sería posible unha pequena xuntanza hoxe, no castelo, a partir das 7. Isto permitiría que o ordemado statsekretar fixese entrega das follas, ademais de poder vernos. E por xuntanza quero dicir se podo ir eu. E o Clash pregunta o mesmo, co que aproveitaría para se enfrontar a Ordem, se todo conta coa aprobación do Sir.

Anónimo dixo...

PUes creo que hoy no va a poder ser, debido a mis caóticos horarios de sueño. No tengo idea cuando estaré disponible. En todo caso, puedo avisar a eso de las seis y media si estoy vivo.

Anónimo dixo...

OK. Mirarei por aquí, porque non sei onde vou estar. Falamos.

! dixo...

Por mim, nom haveria problema, apesar, de que os partidos no meio da semana, em geral, perdo-os por malheira.

Anónimo dixo...

shh!