Cada punto é votable (e debatible) por separado, claro.
A ver, a idea inicial é ampliar a LPU, ata aí guai. Hai dúas
maneiras de facelo: máis equipos ou máis voltas. Ou algo mixto. Ampliar a LPU
ten moitas vantaxes e dous inconvenientes esenciais: o desfase de partidos, que
pode provocar desquiciamento, e o desfase de puntos, que pode producir
somnolencia. Un equipo pode escapar en cabeza e provocar dous meses de coñazo,
pero máis probable aínda é que algún equipo fique en cola, sen incentivos,
moito antes de rematar a tempada. As propostas que se farán van destinadas a
cubrir estes puntos.
1) A
LPU terá un mínimo de 24 xornadas. Adaptarase o número de voltas ao número de
equipos para que sexa así.
Medidas para corrixir desfase:
2) Cada xogador terá dereito a inscribir un máximo de dous
equipos. Con isto pretende combatirse o desfase de partidos, ademais de ampliar
a LPU. O xogador disporá do mesmo prazo que o resto para os seus drafts. O segundo equipo será 'riverizable' en función de circunstancias.
3) Un equipo non poderá levar máis de 8 partidos xogados de
diferenza con respecto a outro. Será obrigado que xogue (ou xogarlle) ao que leve
menos para que o outro poida xogar. Se hai que xogarlle, xogaráselle o
imprescindible para que o que leva máis poida continuar. Nas Kopas, poderá
xogarse por calquera equipo que leve dúas roldas de retraso, sempre que xa sexa
así ao comezo da xornada e sempre que o equipo non comparecese a semana
anterior.
Medidas para incentivar a loita polo posto.
4) Desaparecen os duelos rúblicos, e os rublos pasan a
depender máis do posto en LPU. O valor do equipo estimarase coas tres
tempadas anteriores á última, como ata agora, pero con 2 rublos de diferenza
en troques de 1,5. Os rublos da última tempada serán +3 para os dous primeiros,
1 para os seguintes, -1 logo, e -3 para os dous últimos. Se hai máis de 8
equipos pasarase a 4, 2, 0, -2 e -4, cun máximo de 3 equipos en cada "grupo".
5) Cada tempada terá as seguintes competicións: LPU, Kunka,
KP, SK e as kopas extra: Kopa do Mundo, Kopa da WIFA e Kopa do Truño. A Superkopa pasará a desputarse ao comezo das tempadas.
5.1) Kopa do Ñordo: entre os catro equipos peor
clasificados. Desputarase polo sistema orixinal da KP. O colista confrontará ao
penúltimo a un partido. Se gaña, xogarán novamente e o gañador clasifica. Se
perde, eliminado. O que pase confronta ao antepenúltimo a un partido. O que gañe,
confronta ao 4º pola cola. O gañador será aclamado como Ñordo Maior e disporá dun xuvenil na tempada seguinte. Quen revalide este título, conservará o dereito ao xuvenil de xeito vitalicio.
5.2) Kopa da WIFA: despútase polo mesmo sistema entre os
equipos clasificados do 2º ao 4º. O gañador terá un rublo máis para cada
fichaxe do seguinte draft de inverno, acumulables.
5.3) Kopa do Mundo. Se un equipo gaña a LPU pero non a
tempada, clasifica para a Kopa da WIFA. Se gaña a LPU e a tempada, clasifica
para a final da Kopa do Mundo. Deberá xogar 3 partidos contra o Equipo dos que
Aguantan a Risa, levado por diferentes adestradores, dando unha fantástica oportunidade de darlle polo cu ao gilipollas ese. O Equipo dos que Aguantan
a Risa estará formado polos xogadores libres máis caros, clásicos ou non,
sempre que dea un plantel compensado. O valor estimado deste equipo é duns 330 rublos, e o seu custo, pagando as penalizacións por clásico extra, sería
duns 370. A
competición gañaraa o equipo que meta máis goles no conxunto dos tres partidos,
incluíndo prórrogas. En caso de emparte, o que acadase máis vitorias. O Equipo dos que
Aguantan a Risa non tira o dado, só aguanta a risa. Bastante ten xa. Se alguén gaña este título, pasámonos ao WNBA de EA Sports.
Outras medidas.
6) Desaparecen os críticos na tirada de dado, xa que hai que
gañalos nas kopas extra. O 20 pasa a permitir a anulación dunha pifia xa
aplicada no momento de sacalo. O resto dos valores está en estudio aparte.
Tenderase a provocar máis baixas por xornada, aínda que se limitará a dimensión
(en partidos) das pifias sobre un xogador. Excepto na OPA hostil, que está a
funcionar moi ben.
7) Draft de inverno ao chegar á metade de xornadas. O
primeiro que chegue, draftea antes. Admítense catro trocos, con reconfiguración
rública.
8) Iniciarase un novo palmarés e un novo rexistro histórico
de individuais. Farase un excel histórico máis sinxelo e cada equipo meterá nel
os seus rexistros propios ao final de cada tempada.
9) O palmarés só contemplará títulos, sendo esta a orde de importancia: Kopa do Mundo, LPU, Kunka, Kopa da WIFA, Kopa do Pollo, Kopa do Ñordo e SK, levando por fin á SK ao lendario lugar que merece.
9) O palmarés só contemplará títulos, sendo esta a orde de importancia: Kopa do Mundo, LPU, Kunka, Kopa da WIFA, Kopa do Pollo, Kopa do Ñordo e SK, levando por fin á SK ao lendario lugar que merece.
O resto seguirá a funcionar igual. O formato da Kopa do Pollo é, naturalmente, libre.
Engadadide propostas (que esquecese, ou novas), debatide, insultade,
votade.
17 comentarios:
Voto SI a todo.
Voto Non a todo excepto ao punto 4 que voto Si
Perdón, e ao punto 3 tamén Si.
Non me gustan vaias cousas. A idea de dous equipos por xogador, por exemplo, e aumentar o número de copas.
Si estou a favor de aumentar as xornadas e xogarlle partidos a quen teña desfase (isto xa se fai). O Draft de inverno páreceme mellor segundo dicía o Duque, cando un equipo chegue á metade dos seus encontros en liga, faino nese intre, sen esperar por ninguén. E sen modificacións rúblicas.
En canto ás listas de críticos eu digo de comentalas nunha quedada, son varias cousas e rematamos antes falando delas en directo.
Hala, qué majo o whatever!
O punto 7 é a proposta do duke, coa que eu tamén estaba dacordo.
O das novas kopas paréceme básico para poñer retos nas últimas xornadas aos equipos que non poden gañar a LPU. En concreto, paréceme superútil a Kopa do Ñordo. Pero resulta algo parvo que non teñan dereito a un título os que quedan por riba, de aí a da WIFA. A pelexa entre o 4º e o 5º posto pasa a ter dous intereses, por exemplo (rublos e nivel da Kopa). A Kopa do Mundo é por darlle algo que facer ao duke, un reto. Ao duke ou a quen sexa. E por amargarlle a fin de tempada ao campión. Pero tamén para ver un equipo de monstros de verdade en acción. Sobre todo, porén, coido que a idea é útil para manter enganchada á peña, e que tanto o subcampión de liga como os 4 últimos alegraranse de ter algo que gañar ao final.
Non sei por qué votas que non ao 6 e ao 8. Por certo, cómo che gusta dicir que non a todo, sobre todo cando o MAG di que si a todo. E logo resulta que era si ao punto 3, 4 e 7 e non ao resto. Es un brando.
A min pereceme ben todo salvo o punto 2
Non vexo a necesidade de ter dous equipos
Eu como moito subiria uns rublos o valor dos equipos e que estes tivesen 20-21 xogadores, xa que van ser temporadas mais longas.
Outra opcion seria a de poñer un presuposto para 5 (por exemplo) xogadores de palco (nunca convocables), salvo que por circunstancias varias(lesions, sancions, internacionalidades), un equipo quedase con menos de 16-17 xogadores convocables ( non vale que esten de mal rollo), poderia tirar destes xogadores de palco para completar a convocatoria.
OK, Rif. De todos os xeitos, penso que para iso sería mellor que houbese menos baixas. Quero dicir que ampliar plantel para fuxir do alto número de baixas parece complicar as cousas, abondaría con reducir as baixas. E iso discutímolo ou discutídelo cando se estableza o cadro final de tiradas. Digo eu, vaia; só é unha impresión.
Rapajk, tío, ti non querías ampliar a liga? E que se votas que non ao 1 e ao 2 estás vetando a ampliación... Non sei; poñamos que é que si á 1, 3, 4 e 7, de momento. Como 'non a todo', xa o fixeches mellor. Eu creo que agora xa o único coherente de verdade sería dicir si a todo.
;)
Eu voto si... e a todo, veña!
dacordo no punto 1. minimo de 24, mais que nada porque eu fixera a conta de cadruple volta cos equipos cos que estamos, pero hay qu ter en conta posibles incorporacions ou regresos co cal a cadruple volta seria demasiado e nese caso seria mais loxica unha triple volta.
2- non. un so equipo por adestrador
3. si
4. si
5. non
6.dacordo con rapaij mellor discutilo nunha xornada wifeira. esta claro que hay duas ideas diferentes. a idea basica e a mesma pero tomada dende opticas diferentes. Buscase que un equipo non poida xogar con catro ou cinco xogadores por xornada pero mentras getxo veo dende a optica de algunhas ou moitas tiradas antes do partido con escasa repercusion no tempo, eu o vexo con poucas tiradas pero con bastante ou moita repercusion no tempo.
7- Draft de inverno si pero non coma di getxo. Gustame mais que no momento en que o equipo chegue a mitade da tempada de liga xa poida facer draft pero tendo que respetar os rublos que tiña a principio de tempada.
8 e 9 - Nin de coña. Se queredes borrar toda a magna historia do Asalta e dos seus xogadores primeiro tedes que pasar por riba do cadaver do duke.
Ups!!!!
Non o lera
Stou dacordo co Duke no dos puntos 8-9 - NON
Hay que manter unha xerarquia.
Que vai a ser isto?
Non vaia ser que volva sair unha version na que calquera pode gañar unha liga e logo a xente medrase de mais.
Non penso renunciar a todos os meus subtitulos!!!!
Ao punto 5, os que din non... por qué? Pregunto porque non argumentan. A min a idea mólame pero paréceme útil, sobre todo. Non se contrapropón. Estou convencido de que axudará a manter o interese na competición, interese que moitos equipos van perder moi pronto. Iso paréceme un problema serio ao que non se está a facer caso abondo. A Kopa máis longa das que se propoñen duraría, como máximo, 5 partidos. Sobre o total da tempada é testimonial.
O punto 7 é exactamente o mesmo que propuña o duke, ou iso creo, máis que nada porque eu tiña a mesma idea en mente. En calquera caso, só estaba a trassladar a súa proposta a un lugar votable, ou esa era a intenciòn. Con reconfiguración rública refírome a que se botas dous xogadores de 7 poidas fichar un de 6 e un de 8 no seu lugar. Votade si ou non, pero que saibades que a proposta é esa.
Os puntos 8 e 9: aquí non se pide que ninguén renuncie a nada, choromicas, nin se retiran títulos, hehe. Pero hai un cambio importante, como das Copas de Europa ás Champions. E hai unha oportunidade de levar conta dos históricos de xeito completo e racional. É sinxelo sumar títulos, niso non ahi problema. O palmarés anterior fica de referencia. Pero arriscade, memos, a que sexan outros quen lideren os novos palmareses, se son quen, aínda que non o total. Se sodes un chisco máis conservadores sáenvos raíces.
A ver. Eu xa dixera que si a ampliar as xornadas, unha liga de catro voltas. Non sei se é preciso un mínimo. Liga de catro voltas e xa está. Máis sinxelo.
En canto ás copas, xa hai dúas, e xa atascan abondo. Non vexo necesidade de poñer máis. Á marxe de que non me parece práctico a sobresaturación de competicións. E máis práctico ampliar as que hai que poñer máis.
Vale, entendera mal o que puxeras, voto si ao 7, se é tal coma o propuxo o duque.
Porque no hacemos un grupo de wasap y xaktar que se joda!!!!
Jajajajaja
con respecto o punto sete eu pensara que reconfiguracion rublica era ter en conta os rublos da tempada presente. enton, se o que pexeches era a miña proposta obviamente digo non..............................................esto, quero dicir si
con respecto os puntos 8 y 9, durante trinta tempadas non me convertin no loitador mais grande da historia da WWF para que agora sirva como referencia, coma historia, eu son o Undertaker da Wifa, entendedes...........
con respecto o punto 5, e xa falando mais en serio, considero que duas kopas xa son mais que suficientes. se a xente pasa, pois que queres que che diga, e o seu problema, xa vera recompensada esa actitude no global de rublos da tempada que ven. ademais, considero que o que te rayes non depende tanto da clasificacion, como da version que estemos a xogar ou do mal draft que fixeches e non da clasificacion. se o equiopo me mola, vou querer xogar igual.
Se o que queres e facer algo diferente, por qué non o seguinte.
Que a kopa do polo, en vez de ser un cristo cada ano, teña un formato mais ou menos fixo, onde se formen dous grupos o dos truños formado polos catro peores equipos da wifa do ano pasado e o dos guais polos catro primeiros. xogan unha liga a dobre volta e o gañador de cada grupo xoga a final.
Se queres podese mirar de darlle un premio a cada un dos vencedores do seu respectivo grupo
Está ben, pero mólanme máis as Kopas de Ñordo, WIFA e Mundo. Di si ao novo palmarés! Vamos Pollo! Vamos Babudo!
Hola a todos. Perdón por el retraso en responder, pero entre unas cosas y otras me ha resultado imposible pararme a leer todo con detenimiento.
Después de haberlo hecho, voy a votar que estoy de acuerdo con todos los puntos propuestos excepto con el 8 y el 9. Básicamente, creo que haciendo registro de los datos como hacemos actualmente es bastante sencillo que cualquiera pueda hacer la actualización de la información más relevante (no sólo los equipos ganadores de cada competición, sino también el shevsebio, dzajic y compañía). El problema está en que en su momento quedaron un par de personas pendientes de poner los datos de su propio equipo (al final de la T23, si no me equivoco) y la cosa quedó colgada. Se a ciencia cierta (porque los publiqué yo) que los datos de los partidos y demás se publicaron en el Xornal, y que la mayoría actualizamos la información salvo un par de equipos (no recuerdo cuales eran, lo siento, y no tengo ganas de ponerme a rebuscar ahora mismo). Si esa información se pusiese al día creo que sería bastante sencillo llevar la cuenta al final de cada temporada (de hecho hay un link en el xornal a los datos históricos) e incluso si quereis me ofrezco voluntario para, a partir de esta T30, ser yo quien se encargue de recopilar esa información y actualizarla en ese excel que está linkado al Xornal (siempre y cuando los que se quedaron pendientes de poner la información actualicen hasta la situación actual).
Por lo demás, el resto de opciones propuestas me parecen bien.
OK, Comandante.
De todos os xeitos, os temas do palmarés son dous: por unha banda, están os datos colectivos, que son susceptibles dun mantemento axeitado aínda que mellorarían moito coa participación de todo o mundo metendo os seus propios datos. Nesa liña pódese traballar.
Por outra banda, os individuais truncados na T23. Agora xa non se trata de facer unha actualización daqueles datos naquel arquivo, senón de actualizar o histórico daquela tempada e todas as sucesivas. Iso pódese facer só se os subimos a un arquivo online e cada equipo toma o traballo de incorporar os datos do seu equipo de cada tempada atrasada e se reparte o traballo dos do River, os equipos ausentes e os labores de reetiquetado de planteis entre todos. Requeriría un deseño, unha toma de decisións, un compromiso e unha disciplina de traballo por parte de todos (por exemplo, para non duplicar xogadores: se tes a Silva e non lembras se xa xogou, tes que buscalo na lista histórica como Silva, D. Silva ou David Silva para meter os datos e asegurarte de non crear un Silva novo). Parece complicado de seu, pero moito máis coas tarefas adiadas.
O de "recomezar" o palmarés ten o interese de que as novas ligas son moi distintas das anteriores e non ten o mesmo mérito gañalas: as novas terán de seu máis peso, aínda que sexa só polo tempo invertido. Pero non se busca eliminar títulos de ninguén. Ao final, acumular Copas de Europa e Champions faise, aínda que haxa un palmarés específico de Champions. Pero non vos preocupedes, porque iso penso facelo de todos os xeitos.
Hay que ver como simplificar esas tareas.
Propongo crear dos categorias mas de goleadores y pasadores: El Cup's Killer y el Cup's Passer... o whatever. XD
Publicar un comentario