sábado, 23 de marzo de 2013

Cambio no formato de liga

De cara a tempada que ven queria propoñeros unha cousa.

Debido a que a actual liga remata con so catorce partidos, moi moi curta, e coma o sistema de playoffs parece que non encaixa, propoño unha liga a cuadruple volta para asi xogaren 28 partidos. Por varios motivos:

1º: Se realmente queremos que o torneo sexa un torneo de regularidade, verdadeiramente o demostrará o campion despois de 28 partidos. No sistema actual se un xogador ten un dia bo e gaña catro ou cinco partidos ten media liga no peto. o reves igual, se un xogador ten un dia malo e perde tres partido practicamente di adeus o titulo. Con mais partidos conseguiremos eliminar en parte dita aleatoriedade.

2º:O seren mais larga, da mais posibilidades a cambiaren tacticas, formas de xogar, etc.., para cambiar a traxectoria. Incluese nesta opcion o rexurdir do draft de inverno, Cando un xogador leve xogados a metade dos partidos de liga, podera facer un draft de inverno no que podera cambiar ata cinco xogadores para revitalizar o seu equipo.

3º: o haberen mais partidos por xogar, conseguiriase que en caso de haber pouca xente nas convocatorias se poidan xogar un numero importante de partidos oficiais.

4º: o seren mais largas, entrenadores que teñen mais dificultades para asistir coma o xactar ou o polo, poidan disputar os seus partidos cos seus equipos.Eses dias, eso si, sairanlle callos no cu pero e o que toca jeje.

Nunha palabra alargar un pouco o tema. Pareceme un pouco aburrido e non sei, un pouco truño, que, porpoñer un exemplo, o mag, despois de tres xornadas e sen xogar tampouco nada do outro mundo, xa tgeña case que rematado a liga.

Vos decides.

8 comentarios:

Rapajk dixo...

Voto si, pero igual cindo xogadores son moitos, non? Tres igual estaba mellor.

duke dixo...

a min tampouco me parecen tantos ten en conta que agora os equipos son de binta xogadores. modificas o 25% do equipo.
a idea era que en caso de k che foran moi mal as cousas poidas dar un xiro radical, e o cambiaren cinco xogadores permiteche ter moitas combinacios cos rublos

MAG dixo...

Voto si. Dejemoslo en 4 ^^

Rapajk dixo...

4 está ben.

getxo dixo...

O do draft de inverno paréceme ben tal como está plantexado.

Do outro vou aportar un punto de vista crítico antes de votar, a ver qué opinades. Como idea, alongar a liga parece ter xeito. A miña proposta ao respecto era duplicar o número de equipos e ter dous cada un (ou, polo menos, deixar a opción de que cada xogador teña dereito a inscribir un máximo de dous equipos), ademais de establecer mecanismos para que os equipos da zona baixa teñan algo en desputa.

Os problemas que vexo nunha liga de 28 partidos cun so equipo e sen máis normas que fagan de interese os postos baixos son os seguintes:

- un equipo que leva 5 puntos na xornada 13 vaise desligar por completo da liga. E aínda quedarán 15 xornadas. Quince xornadas nas que as opcións ao título están imposibles e a seguinte tempada non se divisa no horizonte. (Ou, peor, o Asalta leva 40 puntos na xornada 15 e o segundo leva 23).

- o MAG vai chegar a 27 partidos moi cedo, de xeito que lle quedará un mentres a outros lles quedan... 20? É dicir, que habería que ser máis rigorosos á hora de xogar partidos pola peña para evitar desfases de máis de 8 partidos entre o primeiro e o último (en partidos) pero isto pode facer tamén que se desligue da liga peña á que se lle xogan moitos partidos e con malos resultados.

Nas vantaxes estou dacordo: a liga máis longa ten máis interese. Eu agora non distingo unha doutra, as tempadas me súan a polla e o draft me dá igual porque logo vén outro. Pero eses dous problemas, eses dous sobre todo, non me parecen de coña. Corremos o risco de empantanar unha liga moitísimo. Creo que sería necesario propoñer solucións a eses problemas antes de tirar adiante como tolos. Creo.

duke dixo...

o segundo punto ten relativa solucion. a ver ke vos parece: ser mais intelixentes cas kopas. temos dous torneos a maiores que podemos alternar con eles para evitar esto. e tamen temos o river cando un equipo vaia disparado pois que leve maioritariamente o river. o segundo punto creo que se poderia solucionar con cabeciña xa k temos cousas a maiores para evitar esto.

Con respecto o primeiro tema esta claro que se oxactar naxornada 27 ten 40 puntos pois que queres que chediga, loor o lider. Para evitar esto eu proporia que a clasificacion final tivese moito mais peso na consecucion de rublos cara o ano que ven. e dicir, mantendo o sistema actual inverso de tres tempadas que temos agora, pero desviando os rublos por duelo directo a rublos por clasificacion desta tempada, facendo o millor que a diferencia entre quedar quinto ou noveno sexa de dous ou tres rublazos, o cal a priori faria que pelexaras ata o final.

MAG dixo...

Concordo con Getxo e coas solucions do Duke.

Rapajk dixo...

Concordo con Whatever