xoves, 7 de marzo de 2013

Boniek adestrará ao Torpedo Zagreb

(Redacción)

O Comité Para Buscar Adestrador Tras Tempada E Pico Sen El (C.P.B.A.T.T.E.P.S.E.) ver de confirma-la nova. Boniek adestrará ao Torpedo ata que lle pete. Despois de retirarse dos terreos de xogo, e pasar dous anos loitando contra o capital en sitios que pola súa seguiradade é mellor non desvelar, volta para sentarse no banco dos de Zagreb.

E da súa man chegan reforzos, entre eles o italo-francés Michael Platini: "É moi bo. Vai dar que falar, xa veredes", dixo o míster na primeira rolda de prensa. "Xa sei que parece vello, mais tede en conta que é un xogador clásico. Non vai ser un cativo."

Boniek dándo a benvida a Platini, na sala de trofeos do Estadio do Pobo

En canto ao estilo de xogo "Imos Torpedear. O Torpedo ten que Torpedear, aí está a base para loitar polo Pobo. Estas dúas tempadas foron para esquecer, mais xa rematou o tempo de laiarse. Agora a correr coma condenados."

Sobre a marcha de Kiraly: "É unha mágoa pero temos que ser fortes e pensar que sen el tamén somos un bo equipo. Ademáis de que voltará, téñano por seguro."

2 comentarios:

o que manda dixo...

brutal o que me pregunto eu e que coa sitiacion que vivia o torpedo non veu antes para poñer orde. ademais este polaco tira de colegas para que lle boten unha man pero como di o torpedo haber como acaba, dexeolle sorte falta lle fara. ademais que teña cuidado este platini e un traidor e pode deixarbos co cu o aire.

duke dixo...

eso es una sala de trofros?