Dazaseis partidos, non menos, leva xa o líder túzaro. Catro máis e será campión por segunda vez, ou non. Polo de agora, ten boas expectativas. Son moi levemente mellores as de Asaltacunas (2,07 fronte a 2,06 puntos por partido), pero o feito de ter máis partidos por diante aumenta as posibilidades de estragalo todo para os do Duque. Veremos quen atura mellor este pulso de recta final. En todo caso, impresionante a LPU de ambos, e moi meritoria a campaña dos vitorianos, que levan moitas tempadas pelexando por e gañando un posto entre os grandes e que, ademais, teñen por rival ao líder do palmarés en horas altas. Así e todo, aínda hai un feixe de equipos que non abandoaron a esperanza de metérense na loita. Son os chamados "ilusos". Sería tamén bonito ver gañar a un iluso, algunha vez.

A clasificación para a Superkopa é unha boa incógnita. En primeiro lugar porque non se sabe quen a desputaría caso de gañar os dous torneos o mesmo equipo. Sería o segundo con máis puntos ou o segundo que máis preto quedou de gañala? Polo momento, aparte dos dous equipos mencionados, o Rif conta con moi boas opcións no Apertura. E máis lle vale aproveitalas, porque semella que no Clausura non vai ter. Nese outro torneo, tamén encabezan Túzaros e Asalta. Pero aí Ordem e Clash asinaron un comezo perfecto que aspirarán a manter. En todo caso, o Clausura semella máis aberto, pois ten máis partidos pendentes.

5 comentarios:
Xa hai xogo comunal (encargouse o señor Duque), así que habería que ver o tema ese de pagarllo e quen. Supoño que o propio Duque + Shakhtar + MAG + Torpedo + Clash + Babudos. Co que sairá por uns 8-10 non-rublos, que non sei a qué prezo está.
Boas.
Eu creo que o da superkopa se falara, non sei se foi algo oficial, en que en caso de gañar o mesmo, xogabaa o segundo que mais preto quedase do primeiro.
Por certo o xogo saiu en 45 co cal se non me saen mal as contas son 7,5 euros per capita
bueno, en realidad son eu o que lle debe pasta o mag k todavia non lle din o do arreglo da comunal.
Vale, pois 7,5 logo. Gracias.
O da superkopa, por min ben que clasifique (en caso de que gañe os dous torneos o mesmo) o segundo que quede máis preto do seu correspondente primeiro.
Hay xente ke xa probou o xogo e di k o dos porteiros e igual k na demo.
Aviso, FALO EN SERIO, se eso sigue igual, ollo, k me paso o FIFA. Non me corto unha merda
Publicar un comentario