xoves, 15 de setembro de 2011

Remata unha era...

Asaltacunas completou unha tempada aberrante na fin dun longuísimo ciclo da WIFA. Acadou o mítico triplete e batiu records de puntuación e de vitorias. Con 18 puntos WIFA, gañou, ademais, a 6ª tempada da súa historia. Só Rif e Shakhtar foron rivais dignos en momentos pontuais. O Shakhtar sumou 14 puntos WIFA, calificación con que tería logrado a vitoria global na tempada en grande cantidade de casos. Nesta, quedou lonxe. Na LPU, o Rif quedou a 9 puntos, o Shakhtar, aínda 7 máis atrás e os Túzaros, cuartos, a 10 dos non-canadianos. Dos victorianos aos Babudos, 8 equipos en 7 puntos. Hai que poñer fin a isto. Espérase que sexa así, que volten o interese e a emoción do mellor xeito posible, coas melloras implementadas.

Para cousas aberrantes, Romario gañou o Dzajic. Larsson meteu 14 goles nas kopas e 28 no total -incluído un escadrazo desde medicoampo-, superando a mítica marca de 26 de Koller e Bican. A nova fichaxe do Pollo logrou o Shevsebio, tamén. Casillas luciuse antes de marchar do Rif, co seu segundo Given. Crstian Zapata é o novo heroe babudo.

O secretario marcha de vacacións indefinidas agradecéndose a si mesmo os servizos prestados.



1 comentario:

mou chulesco dixo...

creo k o asalta batiu outro record ou polo menos igualouno.
Conseguir marcar en todos e cada un dos partidos e en todalas competicions.