O Asalta gañou a Kopa do polo o imporse no primeiro partido da final o Shaktar por 3-2, nun partido que comenzou tolo, tolísimo, xa que no minuto 15 os montrealinos gañaban 2-1 pese a encaixar un gol no minuto 2. Pero a partires de ahí, o asalta ralentizou o partido, fixoo lento, con moita broza, nese sitio onde o equipo do duque se sinte máis cómodo. Cortou o fluxo de oportunidades, por ambos lados, e ahí é letal. Empatou antes do descanso e xa preto do final, cando apenas faltaban dez minutos, logro o 3-2 definitivo nun alarde, unha vez máis, de definición. Marcou tres goles nos únicos tres tiros entre os tres paus que fixo. E xa son moitos os partidos que gaña así.
O Shaktar quedouse as portas do título sen facer méritos para perder, todo o contrario, pero unha vez máis, e xa van moitas ultimamente, ven coma o bo xogo que realizan no e suficiente para contrarestar a tremenda capacidade de definición do equipo madrileño.
Por outro lado, no partido de cuartos de Kopa, o Asalta eliminou cun dobre 1-0 o polo e espera ó Tuzaros en semifinais. dous partidos co mesmo resultado pero con sensacións ben distintas.
No primeiro, os de mou achucharon moito no primeiro tempo, logrando ter un bo puñado de oportunidades, pero non definiron e chegaron cun empate a cero o descanso. No segundo, cun Pollo máis botado hacia diante, os do duque aproveitaron a única oportunidade dese tempo para poñeren o 0-1.
No segundo hai poucas palabras que expresen o que sucedeu. Dominio total do polo, con innumerables ocasions que entre a defensa e Ivarov (tamen os paus colaboraron) desfaceron. Nembargantes, na única media-chegada do Asalta, un pase o oco mal feito de Rosicky, atopou un mal control de Terry, o que ocasionou que Maier saíse da sua área pequena para despexar. O alemán toleou e lanzoulle un fungueirolo o peito dun etoo que pasaba por ali o que fixo que o balon fose lentiño cara a porta, o que aproveitou o camerunes para marcar a porta vacia. Os presentes non daban creto. Mais aún cando uns minutos despois o Pollo fai a mellor xogada que se recorda nesta liga, uns quince ou vinte toques seguidos, o primeiro toque, dende a defensa o ataque, que deixou so a Basturk diante dun batido Ivarov. O turco tanto quiso axustar que mandou o balon o pau esquerdo do negro ruso. era o minuto sesenta pero despois desto todos xa sabian como ia acabar todo. E acertaron.
Tamén se xogou un interesantisisisisimo Pollo - Shaktar da xornada 16 que rematou cun inxustísisisisimo 0-0. Oportunidades por doquier, xestos de calidade a esgalla, vamos, aquelo parecía un brasil do 70 contra a holanda do 78. Pero incomprensiblemente acabou 0-0. (Por se non vos dérades conta todo esto ía con certa sorna).
Os datos publicaranse o longo da tarde
1 comentario:
Parabéns polo título. E boas crónicas. Eu lembro os partidos dun xeito bastante parecido, aínda que igual non merezo tantas flores. Agás no último.
Publicar un comentario