Bruno Conti interpreta a un poste de teléfono
Pois así foi. Grande inauguración do período rebolucionario e todos os focos postos sobre o Shakhtar-Torpedo do Apertura, partido tradicionalmente xeneroso en fútbol, goles e miserias tácticas. Pódese xogar tan mal como xogou o Shakhtar ese partido? Pódese. Demostrouno o Torpedo. Tras un par de incidencias non dignas de comentario chegouse ao minuto 78, no que Salihamidzic controla un balón na área propia e busca abrir a Toulalan, na banda. Pero alguén instalou un poste anano de madeira xusto na traxectoria do seu pase e o balón peta nel (sen ningunha intención por parte do poste) e entra na portería. Sublime inicio. E premio de Conti pola interpretación. Considerando o veloz e áxil que é, veu sendo como ver a Michael J. Fox interpretando ao David de Miguelanxo.
Peter Schmeichel crea un burato temporal
Ata mediado o primeiro tempo, o derbi anarka era serio e desputado, co Shakhtar máis solto que na estrea e dominando lixeiramente. Entón, o tonto de Shcmeichel regalou o balón a Voller e este empurrouno. Supetamente, durante 10 minutos aconteceu a voráxine, o balón corría máis que a vista e Voller e Arshavin acadaron o 3-0. E no segundo tempo chegou a calma.
Yepes recupera o Combo da Vaca e os ricos tamén choran
Xa había tempo, pero si. Antes diso, o Shakhtar notouse co vento en prol e Henry realizou un partido espléndido, marcando o primeiro e case o segundo, de non ser porque o colombiano chegou antes e apuntouse a fazaña, comezando co seu recital. No segundo tempo talou a un non-implicado e marchou á rúa. Bravo Yepes. Arshavin asinou o segundo 3-0 para un Shakhtar lanzado.
Rummenigge, Rummenigge, Salihamidzic (Rummenigge) e Rummenigge
E seguiu coa mesma tónica na estrea túzara: bo xogo, ataque, confianza. Rummenigge fallou a primeira contra e o Shakhtar segui ao ataque. Rummenigge atinou na segunda contra, pero o Shakhtar seguiu dominante e ao ataque. Curiosamente, isto desembocou noutro gol de Rummenigge. Pero non afectou para nada ao Shakhtar, que seguiu a facer bo xogo e a atacar. O cal tivo por resultado un novo gol de Rummenigge (rematado en última instancia por Salihamidzic). Qué esperabas, que diría Einstein. E todo isto, antes do descanso. Despois foi saír e volcarse ata que apareceu Rummenigge. Si, non paga a pena ocultalo. E claro, tal como estaba o día, o Shakhtar elixiu renderse á alemana e por fin os seus asasinos de área recurtaron, cando xa se esperaba o quinto. Foron, en efecto, Balakov e Toulalan, en brillantes xogadas colectivas. Insuficiente, en todo caso, para meter o medo necesario. Despois dun draft cuestionable no que ademais perdeu 3 xogadores, o clube de Bagayoko empezaba a aspirar a campion. O Shakhtar iniciaba o Clausura e pechaba a xornada con sensación de ter 'cobrado' máis do merecido. Seguro que a próxima vez será mellor.
A próxima vez
Benvenuto Ruud; Come va, Marco
Ay, señor, señor, cuanto hijo de puta hay suelto. Pois de novo un bo partido de Henry, similar ao desputado ante os Babudos. Conseguiu adiantar ao equipo gracias ao dominio e á súa calidade, e dobrou a vantaxe nunha das tradicionais (e, neste caso espectacular) pifias defensivas arraianas. Xa no segundo tempo. Pero o Shakhtar non saberá defender ou aguantar marcadores por máis tempo que pase, e aínda que o tente. Así que, mentres Gullit facía todo ben todo o tempo, o Ordem completo apelou á súa lendaria paciencia para xestionar partidos e resultados e Van Basten encargouse do primeiro. E logo, mentres o Shakhtar se consumía con esa natureza súa tan autodestrutiva; mentres o Shakhtar pensaba que non había ningunha razón obxectiva que xustificase o medo ao empate máis que o medo en si, pois o Ordem construía o seu castelo pedriña a pedriña e unha xogada de Ruud, novamente, foi rematada por Marco.
Eto'o, Weah e a merda de sempre
Vale que che metan a primeira na primeira e da maneira de sempre. Vale que digas, coño, xa está ben, que te concentres, que apretes ante un rival moi forte, no mellor momento da súa historia, e ao que che está a custar un mundo vencer. Vale que logres o empate, cun golazo de Voller e cun par. Pero que no saque de centro o rival tente o de sempre, que o evites pero un rebote vil o repropicie e que a xogada acabe en centro, outra vez, e remate solitario no borde da área pequena, outra vez, pois xa non vale. Non vale e punto, e me enfurruño porque si. Despois o Shakhtar volveuse un guiñapo, acabou 4-1 como puido acabar con calquera outro resultado de derrota e perdeu as ganas, a verdade. O campión foi xusto vencedor dun partido no que só tivo rival desde o primeiro ata o segundo gol. O Shakhtar quedaba con 7 puntos en 6 xornadas con maioría de bos partidos e algunhas hecatombes inxustas. Pero para qué cona se escriben crónicas se non é para fardar ou chorar.
Un pésimo centro, un penalti inexistente e perda deliberada de tempo
Iso foi o que puxo o MAG para vencer a un triste Shakhtar, aínda que o terceiro elemento sexa mentira e ademais non afectase ao marcador. Shakhtar triste, si, pero dominador. Xogando plano, pero levando a iniciativa. Entón, na súa única chegada do primeiro tempo, os magos corren a banda esquerda, non? Bueno, pois por alí van. E colgan un centro de merda. Por qué sei que é un centro de merda? Sinxelo: non hai ninguén ao remate. E por qué non hai ninguén ao remate? Pois porque os dianteiros non son os do Duque. Total, que o centro de merda, vale, lembrades? Pois peta nun tipo e sae desviado cara o sitio exacto no que se escondera Batistuta (Batistuta) para non estar no lugar cara o que ía o centro. Batistuta. Só. Na área. Con tempo. Total, que o MAG chegou unha vez, tirou unha vez e marchou con vantaxe. No segundo tempo, o Shakhtar estaba pensando noutra cousa. O certo é que tivera un día duro, e os clubes teñen as súas raiadas. Pero poucas veces se viu un equipo de Montreal tan falto de fe. E nada, o MAG sen crear perigo. Pero cando quedaban 12 minutos e o empate era xa unha quimera por inacción, Chygrynskyi curtou impecablemente unha internada na área e o árbitro marcou penalti por impecabilidade. Así que 2-0; pero entón chamaron por teléfono, durante a repetición, e o Shakhtar foino coller e o MAG embobouse co partido de Kopa do Pollo do Estadio Anexo (é nome propio, si) e cando o Shakhtar volveu, resultou que tiña o balón parado no centro do campo e corría, literalmente, o minuto 84. Total, que 6 minutos menos de agonía, a verdade. Vitoria xusta para o MAG, que desta vez xogou mal. Pero cantas xogou ben e quedou sen premio? E ademais, qué carallo. Púxolle fe e gañou por iso. Cómo é isto do xornalismo: a crónica máis longa para o partido menos xogado.
Bendito Pollo
O Shakhtar, xa pasado de rosca, confrontou ao River ducal (podería acusar ao duque de bo nariz para o sangue, pero o certo é que cadrou, máis ou menos) e o certo é que, contra todo prognóstico, fixo un partido bastante aseado. Claro que tivo que marrar varias e esperar ao minuto 60 para refrendar o seu dominio cun gol. De súpeto, cando ao principio do partido importaba unha merda todo, os rusistas tiñan algo que defender. E entón chamou o Presidente e puxéronllo ao Shakhtar, porque todo o mundo estaba moi liado, e iso tranquilizou a Gagarin e a todos, e Voller acadou un fantástico doblete preto do final. O mesmo truco usou despois o duque para conducir aos non-seus a reducir diferenzas, pero xa era tarde. Brillaba o sol en Montreal e todo semellaba supetamente simple: Vitoria Suma e isto está feito.
.
1 comentario:
aplausos.
Nada mais k dicir.
Publicar un comentario