xoves, 7 de xullo de 2011

O Rif acada a segunda praza aplastando ao campión

(Antes de nada, non esquezan responder á CONVOCATORIA EN CURSO).

X3. Rif 1-0 Shakhtar

Villa (Romario)
CA: Pato

X12. Shakhtar 0-2 Rif
Villa (Keita); Buffon (P)
CA: Bale

NOTA IMPORTANTE: Pato está sancionado para os 2 próximos partidos, un por CV e outro por acumulación de CA.

Gagarin: "Hecatombe. Estamos a dar un nivel moi pobre, sobre todo en ataque. O draft xa se fixo; se tivesemos que decidir agora, fariamos máis trocos. O equipo está atascado e afundido. Os últimos amigables xa non foran para estar moi contentos, pero agora penso seriamente que o gol de Messi ante o Pollo nos salvou dun auténtico suicidio e que, neste momento, non estamos en condicións de competir pola Kopa do Pollo, pois os presuntos rivais barreríannos como un Sputnik a un Apollo. É tempo de retocar seriamente a táctica para recuperar a frescura no xogo, de facer espabilar a algúns e de pensar moi seriamente nun draft cósmico para a grande debacle da T22".

Así, o Rif acadou a segunda praza (agás derrota por seis goles de diferenza ante os Babudos no derradeiro encontro da LPU20) alterando as Clasificacións Económicas.


Agora resta unicamente o rublo da final da KK20 para pechar a contabilidade do exercicio e poder dar comezo á T22.

Así, o draft variou levemente, ademais de que o River completou o seu, e queda pechado. Xa se poden consultar os planteis.

Salvo sorpresa maiúscula por parte de Villa (9), Romario (8) ou Agüero (7), Voller (13) gañará o Shevsebio. As restantes clasificacións seguen máis ou menos como estaban nos postos altos, aínda que Buffon é agora segundo nun Given que xa pertence a Ivarov, unha vez máis, e Pato ameaza un chisco máis a Terry no Primitivo.

As baixas son:

Sneijder L
Arshavin S
Hamsik S
Pato 2S

Ningún comentario: