luns, 20 de xuño de 2011

Actualización, avance económico e regulamento

Isto é un coñazo absoluto. Isto outro é moito máis interesante.




Na listaxe de cartóns amarelos aparecen unicamente os xogadores daqueles equipos que teñen ainda encontros pendentes.

Avance clasificación económica T21

Esta é, a día de hoxe, a clasificación económica para a T21. Aínda podería sufrir modificacións, xa que o Shakhtar-Rif pendente é rúblico (se o Shakhtar perde, quedará en 147,5*) e o campión da Kunka (MAG, Asalta, Túzaros ou Babudos) disporá dun rublo máis, agás se é o Babudos** ou o MAG***, que en realidade podería baixar un. Ademais, o Rif pode ser aínda 2º, co que subiría medio rublo que baixaría o Asalta.

Repasen as contas do seu clube e non dubiden en preguntar ou indicar posibles erros.

* O Shakhtar tería 148,5, pero o tope establécese en 148 porque é, actualmente, o valor que coresponde con 3 primeiros postos consecutivos na LPU.
** O Babudos debería ter 132,5 -133,5 aínda que gañase a Kunka-. Pero como o mínimo actual é 134,5 (3 décimos postos), ese sería o seu. Iso si, o Babudos ten unha sanción dun rublo, como tivo o ano pasado o Torpedo, que se aplica igualmente.
*** Pois o MAG é o que ten asignado provisionalmente o rublo como campión de Kunka, xa que é o único finalista. Ou, dito doutro xeito, o MAG baixaría outro rublo se non gaña a Kunka.
**** Babudos, Ordem, Pollo e MAG poderán ter 17 xogadores. E lembren que o 20%, neses casos, calcúlase co valor dos 6 máis baratos multiplicado por 7/6.

Método de cálculo do valor económico dun clube

Aínda que xa se explicou, semella que hai quen non o ten claro, e que mesmo hai maioría de peña que non o ten claro. O valor dun equipo calcúlase con 3 variables:

1. Postos LPU: O valor base do plantel obtense cos postos acadados polo clube nas 3 últimas LPU. O valor para o primeiro clasificado (cando comezou a aplicarse este sistema, este valor era 146. Actualmente, é 148. Ver punto 3) é o valor de referenza e, a partir del, báixase 1,5 rublos por cada posto. Así, o valor base é a media dos 3 postos redondeada en medios rublos. Por exemplo, se un equipo quedou 2º, 3º e 5º nas 3 últimas tempadas e o valor de referenza é 148: (146,5+144+141)/3=143,83 que, redondeado a medios rublos, é 144. E este sería o seu valor para a seguinte tempada; no exemplo, a T21.

2. Duelos rúblicos: estes son os partidos de LPU que o equipo despute na casa contra os 4 rivais máis próximos economicamente (nos que a vitoria é +1, o empate 0, a derrota -1), e a final de Kunka (vitoria +1, derrota 0). O valor obtivo destes duelos só afecta ao do clube ao longo da tempada inmediatamente posterior, e non se incorpora ao valor base: engádese a el. É dicir, se o equipo do exemplo anterior gañou 3 rublos ao longo da T20, desputará a T21 con 147 rublos. Pero, cando remate a T21 deberá volver calcular o valor base substituíndo o posto da T18 co da T21. E a ese valor deberá engadir o dos duelos rúblicos da T21, para coñecer o valor do seu plantel T22. Os da T20 deixan de ter validez.

3. Variación global: O dado non desapareceu, foi substituído por unha avaliación global acumulativa de duelos rúblicos. Se os equipos WIFA gañan moito na casa, tenderán a subir como conxunto. Se perden moito na casa, a baixar. Para calcular este movemento global, sáltase unha tempada. É dicir: na T19, o valor de referenza (máximo) era 146. Os duelos rúblicos da T18 dictaminaron unha suba global de +2. Así que, na T20, o valor máximo foi 148. Como os duelos rúblicos globais da T19 deron valor 0, o valor referenza na T21 vlove ser 148. Os duelos rúblicos da T20 veñen de dar -1. Así que o valor referenza para a T22 será 147 rublos. O cálculo faise sumando todos os duelos rúblicos. Por cada 4 rublos de variación global, modifícase en 1 o valor de referenza.

NOTA: o valor máximo (ou de referenza) e o mínimo (equivalente a 3 últimos postos seguidos) non poden ser rebasados por equipo ningún. Funcionan como valores tope.

.

Ningún comentario: