Contra o líder, coa obriga de frealo, o Shakhtar comezou ben plantado, forte, dominante. E fallou. Un córner rival deu noutro córner rival ben sacado e mal defendido. Golazo de Puyol. Tras uns minutos malos, no segundo tempo o Shakhtar foi a polo partido, atopou o empate nun fungueirolo de Kevin Prince e, deseguida, cometeu unha desas burradas de equipo suicida e regalou un gol ao equipo máis agradecido da WIFA. Seguiu dominando, pero estivo pésimo en defensa e concedeu o 3-1 ante un rival pragmático e un frío Hugo. De aí ata o final, asedio total con ocasións perdoadas e incluso remates perdoados cando o remate era inevitablemente sinónimo de gol. Ata que, xa no desconto e como burla usual, Toulalan viu porta para maquillar un resultado nefasto. Tamén era certo o que se dicía do Asalta. Non xogou mal, en realidade. Fixo o seu xogo. Pero, á hora de botar contas, gañou o partido, que é basicamente o que vén facendo. Para Gagarin: "é certo que o Rif semellou máis forte, máis intratable. Cada vez que tiñan o balón entrábamos en pánico e suamos para crear cada mínima ocasión; o Asalta, en troques, aproveitou os nosos erros pero amosouse moito máis vulnerable. Cando menos, en teoría. Os resultados están aí. Nós non estamos moi ben, pero pelexaremos como bestas".
Despois o Shakhtar colleu ao MAG nas berzas (pero nas berzas, eh!), e errou ocasións incontables (nos dous sentidos) mentres o seu rival voltaba ao partido lentamente. Deu igual. Atinando nalgunha por aquí e noutra por alá, cando o MAG se achegou para equilibrar o xogo xa era tarde. Decisivo un gol de Larsson con moito mérito do Rif. Foi divertido.
Por último, ante o Ordem, o Shakhtar volveu estar ben pero volveu fallar moitísimo. Pero bastante. Iso si, dentro dun contexto moi diferente, de partido serio, competido, cun equipo dominando e outro aguantando. E non unha verbena, como o anterior. Co paso dos minutos, os rusistas marcharon cara arriba, arriscándose a perder na busca da vitoria. En cada xogada parecía que só faltara un chisco, unha vez máis. E Gagarin tentou aportar ese chisco xogándose o partido. Os de Xinzo administraron o contexto e dispuxeron de dúas moi boas ocasións na recta final para mesmo levaren os 3 puntos.
Total, que a LPU está algo aburrida na desputa polo liderato agás polo feito de que o Rif parece realmente forte. O comezo do Asaltacunas pode ser o mellor da historia da LPU.
Pero os partidos están ben, son interesantes. E paga a pena achegarse ao Durruti, ou a onde sexa, para ver fallar ao Shakhtar.
X3. Shakhtar 1 - 1 Rif
keita (romario), larsson
ca iarmolenko, toure
X8. Asalta 3 - 2 Shakhtar
puyol (lizarazu), kp boateng, benzema, hugo(weah), toulalan
ca perea
lesion messi
X1. Shakhtar 5-3 MAG
mutu, litbarski, larsson, arshavin(larsson), park(arshavin), litbarski, park (arshavin), sweinsteiger(litbarski)
Cumpre messi e signori
X7. Shakhtar 0 - 0 Ordem
Datos
arshavin 1g 2p
Benzema 1g
Hugo 1g
iarmolenko 1ca
keita 1g
kp boateng 1g
larsson 2g 1p
litbarski 2g 1p
Lizarazu 1p
Messi 1lesion cumprida
mutu 1g
park 2g
perea 1ca
puyol 1g
romario 1p
Sweinsteiger 1g
Signori cumriu 1 lesión
toulalan 1g
toure 1ca
weah 1p

22 comentarios:
como ex xogador do shaktar e do asalta podo dicir: fuxe, rif, fuxe, corre pola tua vida.
E k ninguen we esta a dar conta: os dous equipos mais laureados en plan "yo estoy jugando mal" "pues yo estoy peor" "estoy sufriendo" "estamos ganando de suerte" "el rif es favorito" "el rif esta jugando a dios" "me temblaban las piernas cada vez que atacaba pero saque un empate" "me domino pero le gane en el descuento de chiripa".....
Repito, fuxe rif. Estes dous algo traman, k os coñezo que estiven con eles moitos anos, e non traman nada bo
Malditos Bastardos!!!
Hehe. Fixeron ben en advertirte. O nos era un plan. Sobre todo, o meu.
+7 o Duque. Qué bestia!
eu ainda non tenho o arquivo de dados para meter na ps.
+7? A k te refires. Non me fodas k son rublos
Diferenza de goles. Para un pleno de 6 vitorias, non está mal. Tocante aos rublos, aínda non sei se o gañaches ti ou o perdín eu.
Pois a ver se alguén rula o arquivo de opcións, carallo.
Hleb, cando fala con nós, di que quere volver. Pero despois anda con declaracións desas. Típico do humor bielorruso.
jejeje le vino la vista con lo de los rublos al Asalta
ba, te referias a la diferencia de goles.
Hombre, no esta mal. Podia ser mejor. Seis en seis, pero la culpa fue del babudos k no marco y gane por dos je je.
Preferia rublos, menos mal k lo del shaktar fue en casa y pal saco. Ya recupere el rublo k me timo el babudos
Merda.
Haha. O Shakhtar non gaña a Asalta nin Rif desde a T18. A ver quen é o chulo que pode dicir o mesmo.
home, eu poder podo dicilo, outra cousa é que sexa certo.
Ti podes, falso rapajk; ti podes.
Mola un montón ver aos máis grandes pelezando por ver quen é o máis truño de entre eles. Si señor. Mola un montón. Que pasa? Xa estamos asumindo que a T22 vai ser dura? Poñendo a venda antes da ferida? Hehehe. Pois ainda teñen vostedes moito que aprender pra ser tan truñentos como algúns que temos o record (triste, pero record, ao fin e ao cabo) de ser o equipo con máis culleres de pau da LPU. Se queren doulles un par de clases polo módico prezo de un rublo por cabeza, hehehehe.
Por certo, noraboa ao Asalta, xa apañou o rublo que ten que pagar a final da T21. Agora hai que mantelo, Sr. Duque :D
E seguindo coa economia, debo dicir que mola moito o de saber, a estas alturas da tempada, que non has baixar rublos ao final.....Menuda sensación, si señor......:p
Ostia, pois Hleb cando fala con nos tamen di que quere volver.
A ver si o final o que ten o plan e alexandar
Comandante, non me foda, ¿pero ainda o podo perder¿podense perder rublos¿ ARggggggggg
Eso especificase no reglamento, eu pensaba que so se podian gañar,
Cabronazo! 13 vou baixar eu. Así en principio. Pero bueno, se era unha felicitación para a eficiencia da secretaría, pois acéptase.
A min non me preocupa non ter un peso o ano que vén. É dicir: si me preocupa, porque será máis difícil, pero é o que hai e penso dalo todo e como fagades o memo, arrásovos cun equipo da segunda división belga.
Pero se o Asalta chora con 18/6 e o Rif se sinte unha vítima (aínda que o Rif non chora moito) con 13/6, non é culpa miña. Se eu dou a miña opinión sobre os dous de arriba con 5/4, ou relato feitos como: antes de empezar esta tempada, levaba 8 derrotas seguidas; levo 9 partidos sen gañar ao Asalta; mentres Gagarin di que imos pelexar coma bestas, pois non sei, non creo que sexa comparable. Que conste que digo todo isto, só como se estivese entrando ao trapo, porque o meu obxectivo é que me sigan criticando mentres afundo. É divertido e igual me axuda a espabilar.
Pero si, son o voso campión e si, son o máis rico, e si, voume queixar cando perda, porque é inxusto, ou voume vitimizar cando perda, porque son malo e non sei xogar. Coma calquera. Un Campión ten que estar co seu Pobo.
O de cabronazo ía polo Comandante, claro.
En realidade, toda a mensaxe era para o Comandante, supoño que se entendeu como o cú tal como saiu ordeado.
De Hleb, xa falaremos.
"Pero si, son o voso campión e si, son o máis rico, e si, voume queixar cando perda, porque é inxusto, ou voume vitimizar cando perda, porque son malo e non sei xogar. Coma calquera. Un Campión ten que estar co seu Pobo."
Mouriño acaba de ponerse a llorar emocionado ante la sabiduria de tantas palabras. Acaba de encontrar un amigo
Eu tamen dixen a miña opinion no da xornada inagural e, como quedou demostrado na segunda, non andaba errado.
O vixente campión puido corroborar que, resultados o marxe, o favorito indiscutible por xogo é o rif. Xogou que mete medo, pese os marcadores definitivos. E o Asalta, pois nin fu nin fa.
E esto non creo que sexa chorar. E algo obxectivo que outros puideron comprobar. Tamen entendo que si so se mira os resultado podese dicir que o duke e un mamon choromica, pero na cronica orixinal non foi esa a intencion
Publicar un comentario