Detrás, pois o Rif. Tamén 20 goles en prol, tamén 7 en contra na primeira metade do torneo. Quizais un xogo algo superior ao do seu rival, no conxunto dos partidos. Pero seis puntos menos. Non está moi claro por onde lle escapan ao Rif os puntos que non cede o Asalta. Parece que a única explicación é que este desafía á estatística mentres aquel se amosa relativamente razoable con ela. Pero non deixa de ter grande mérito que co incrible ritmo de récord do líder, haxa un rival disposto a lle desputar o título, se titubea. O Rif xa non pode errar máis ou, polo menos, non pode facelo antes que o aristócrata, ferido levemente por Shevchenko durante a segunda batida.
No resto, destacan dous detalles: o P. Clash, que leva bo ritmo (a igualdade de partidos, sería terceiro) na súa tempada de retorno e cun plantel moi limitado; e a relativa igualdade entre os demasi, que pelexan sen se entregaren e buscan subir algún posto. O Ordem é tamén unha das sensacións da tempada, aínda que precisa unha nova boa xeira, antes de que esta remate, para acadar un posto que se axuste á evolución do seu xogo nos últimos tempos.
Velaquí os datos da T21. Como poderán ver na clasificación do AT, Romario é un magnífico dianteiro. Pronto, resumo da T20 e de datos históricos.


"Río de Schaaf", declarou Gagarin.
Os seguintes valores (xunto aos obtidos da clasificación da lpu) son os que hai que engadir/restar aos que están ao final desta noticia:
| EQUIPOS | BZ | RIVAIS PENDENTES |
| Shakhtar | 0 | Túzaros, Asalta, Torpedo |
| Tuzaros | 1 | Asalta, Torpedo, Rif |
| Asalta | 3 | Rif |
| Torpedo | 0 | Túzaros, Asalta, Rif, River |
| Rif | 1 | Pollo |
| River | 1 | Pollo, Rif |
| Pollo | -1 | Ordem |
| Swazi | 1 | Pollo |
| Ordem | 2 | Babudos, P.Clash |
| Clash | 2 | MAG |
| Che | 1 | P. Clash |
1 comentario:
o rif no seguinte partido vai ter que xogar co filial, juas juas.
Publicar un comentario