xoves, 14 de xullo de 2011

Seguimos ou empezan

Boas tardes compañeiros. Velaqui a nova convocatoria para este venres. Para os que queren seguir a racha, para os que queren cambiala, para os que desexan empezar, para os que queren esperar a ver como vai o tema, para todos, ahí vai

SEDE
O Asalta pode ser sede xa que esta a librar e ten toda a tarde e toda a noite, mais necesita duas plays.
TEÑO A COMUNAL CO K SO FAI FALTA UNHA PLAY

ALTAS
Asalta
River
TORPEDOMAG
BABUDOS
BAIXAS
POLLO

17 comentarios:

Rapajk dixo...

vou pola noite

MAG dixo...

eu vou e levo a play
sobre as 20:00?

duke dixo...

ok

duke dixo...

ok

o que manda dixo...

eu non vou o finde que ben ten pinta de que si manterievos informados. ben si que ma da a gana que pa eso son o pollo.

getxo dixo...

peazo mensaxe, qué burrada, clapclapclap

Comandante dixo...

Eu vou. Supoño que, en principio, a iso das 20:00, como o MAG. Por certo, se algúen precisa que o leve, que avise no móvil.
E por certo, que tal foi a cousa onte? Ao final lieime e non puiden ir pola do Ordem.

getxo dixo...

Eu aínda non sei. Tentareino.

Pero non sei.

Comandante dixo...

Anímese home.....e o Clash tamén. A ver se imos avanzando a cousa (ainda sen rematar a anterior, manda carallo). Por certo, do Tuzaros non se sabe nada, non? segue currando supoño. Xa avisou de que xogaramos co seu equipo a Kunka da T21, mais por mín (que son o seu rival) se queredes agardamos por él. Ou a xogamos, como digades.

getxo dixo...

Eu adoito ser bastante da opinión de agardar polos equipos, máis polos que foron cumprindo coas datas e mesmo puxeron se prestaron (ata poñendo casa) para xornadas extemporáneas para tentar amañar atascos; como no caso dos Túzaros que, aínda por riba, se ausenta por motivos máis que obvios.

Agora ben: estámonos achegando ao ecuador da tempada seguinte, e aínda faltan, polo menos, 11 partidos da T20. Os equipos están cada vez máis metidos na T21, e a anterior vailles sendo cada vez máis allea e, cada semana que pasa, aseméllase máis a un trámite incómodo que ás importantes roldas finais das kopas, que é o que son.

Pero, por encima disto, a Viqui aínda faltará, case seguro, a semana vindeira, polo menos. Isto quere dicir que, para cando chegue, é posible que teña máis de 10 partidos pendentes da tempada en curso. De feito, actualmente, e dacordo co regulamento, xa habería o dereito de xogarlle dous dos partidos da LPU21. Eu creo que é preferible encher o tempo rematando dunha vez as kopas da T anterior, mentres o Torpedo se pon ao día e tal, que empezar a "estragarlles" esta nova tempada a el e ao Pollo. Pero é só o que eu opino.

Comandante dixo...

home, o que tí opinas ten moita lóxica. Eu estou bastante dacordo, e se non fora que se trata de partidos da Kunka, se foran partidos de liga, xa o tería indicado como a opción válida (o de xogalos), mais ao ser partidos nos que se xoga un título, por iso o preguntaba. Pero se non hai resposta contraria do Tuzaros sobre o tema (que supoño que non, porque xa indicou que os xogasemos) eu son partidario de xogalos polas mesmas razóns que tí indicas.

duke dixo...

euestarei na casa toda a tarde e teño a comunzl co cal podedes vir a hora k keirades.
Falta unha play

getxo dixo...

Vale e vale.

Se vou, de boas a primeiras non me achego antes das 8.

Daquela, a KK20 podedes rematala seguro, xa que estades todos os implicados agás o Túzaros (Babudos, Asalta, MAG). Ademais isto ten a vantaxe de que o gañador aínda podería usar o rublo extra no wintermarket.

A KP20 precisa do Rif, en primeiro lugar, e tamén de Ordem e Shakhtar.

Confirmarei presenza ou ausencia en canto poida.

falso janas dixo...

O Rif vai.

falso ! dixo...

O Ordem non, así que a KP20 segue bloqueada.

falso matt holland dixo...

O Clash tampouco.

getxo dixo...

Só para que saibades: O Rif di que el non colleu a plei, co que é moi probable que non a leve. O Ordem non vai, conque non vai levar a súa.

...


Se alguén vai querer algunha plei máis, que contacte a algún deles.