domingo, 3 de xullo de 2011

Movidas

Antes da nada, poden seguir o proceso de draft actualizado, aquí.

Comezando pola autocrítica, e sen querer sacar as cousas de quicio, o deste venres non pode ser. Hai peña que pon a súa casa e/ou altera a súa axenda para poder quedar, e ten que saber para qué o fai. Hai un pouco de deixadez xeneralizada (non completa, pero si extendida) no tocante a dicir se se vai ir xogar e cumprilo. Esta semana houbo mala sorte, engadida, porque concorreron unha serie de circunstancias desafortunadas e resultaron nunha putada para algunha peña, da que eu son responsable en parte.

Total, por non extenderme: trátase de evitar malentendidos e de comprometerse un pouco, o razonable (non só nisto, tamén en tarefas organizativas e loxísticas; todo o mundo pode postear e actualizar unha convocatoria; todo o mundo pode organizar o tema teles/pleis; por dicir algo. Todos somos -deberiamos ser- equirresponsables de todo.). A partir de agora, nas convocatorias figurarán claramente diferenciados os "Si" dos "quizais" e outras mariconadas. Se non se chega a 4 "Si", a convocatoria quedará automaticamente anulada, agás que os interesados acorden o contrario de xeito explícito, evidentemente.

O Asalta propón que a hora límite para esta comprobación sexa o venres ás 3 da tarde. Eu entendo que a cousa pode relativizarse un pouco dacordo coas condicións do que poña a sede, pero é evidente que canto antes saibamos, mellor para todos. Un "Si" é un "Si", non son eu quen para explicarlle a ninguén o que significa. Evidentemente, alguén pódese desdicir por múltiples razóns, pero sería estupendo se o fai coa prontitude suficiente e se se encarga de facerllo chegar a todo o mundo.

Propúñase tamén sancionar a quen diga que si e logo non apareza. En principio, paréceme moito chegar a iso. En primeiro lugar, porque somos persoas e creo que dicir "Si" e desaparecer sen deixar rastro, se ben non é motivo de crucifixión, tampouco parece que teña correspondencia natural nunha sanción intra-xogo. En segundo lugar, porque non se trata de desanimar aos que din que "si", por se logo me xorde algo a última hora e aínda vou levar unhas hostias; mentres os que non din nada se aproveitan do que di que si para asegurarse unha quedada sen se comprometer a nada. Así que, ao contrario: o que diga que si, cojonudo. Está facendo un favor aos demais, clarificando cousas e permitindo que haxa quedada. Pero sentidiño. Sigamos co sistema do sentido común, pero aplicándoo. Iso si: seguirase agradecendo toda a información de estado a todo o mundo. O que non saiba ou vaia tentar ir pode seguir dicindo "tentarei ir". Pero os "sis" molan moito, que están caros.

Ben, pois nada. Dicide o que teñades que dicir, e tal.

PD: estas cousas adoitan acontecer con máis frecuencia nos períodos longos post-pretempada, como este. Así que a ver se a rematamos dunha puta vez, inside of the posible. Coido que o Túzaros deu permiso para xogar co seu equipo. Dado que os seus rivais non teñen dispoñibilidade para quedar con el no pouco tempo que el ten dispoñible, o seu sería seguir adiante.

PD2: A título totalmente individual: ultimamente eu son moito de dicir "quizais" ás quedadas. Cada un ten a súa vida, e blablabla... Quero que quede claro que todas as veces que dixen (e diga, no futuro) "quizais" non pretendo que a xente me teña en conta para decidir se paga a pena quedar ou non. Perdo o meu dereito a iso cando non digo "si". Pero vaia, que isto non o penso só con respecto á WIFA. Isto non pretende ser excusa, nin moito menos. É unha simple explicación. Tentarei dicir "si" sempre que poida con antelación. E tentarei non liar cando non poida dicir "si".

PD3: e a ver se manda o Rif o puto draft.

Hala, saúde.
.

13 comentarios:

Comandante dixo...

O malo non é que a peña non poida ir ainda que dixera que vai. O malo é que os que van se enteren de que vai faltar a peña ás 22:00; e de rebote.
Todos temos a nosa vida. Todos temos movidas que facer. E a todos nos pode xurdir un tema a última hora que impida que vaiamos mesmo cando ao mellor un par de horas antes asegurábamos que alí estaríamos. O problema non é, ao meu entender, que a peña falle. O problema o outro día foi que menos mal que ó Asalta lle deu por chamar a ver ónde andaba a xente; porque senón igual ainda estabamos aló agardando.
Eu levaba alomenos dúas ou tres semanas sen ir. E se non se vai non pasa nada. Pero se dis que vas ir, ou que se non chamo é porque vou, daquela agradécese que si ao final non vas avises, en canto saibas que non has poder ir. Non porque te chamen pra preguntar onde andas e a que hora ves.
Así o vexo eu alomenos.

Comandante dixo...

E por certo, a ver se manda o draft o Puto RIF.
Os meus partidos co Tuzaros de Kunka e co RIF de Liga, pois cando digades. Tentarei amoldarme. Hoxe comezamos co horario de verán no curro, así que en principio as tardes teñoas libres (salvo cando teña que ir de viaxe por ahí e tal). Así que estou á vosa disposición pra tentar de finiquitar o tema cando poidades.

getxo dixo...

Vale, pois eu tamén; quizais non poida calquera día, pero tentareino. Creo que tamén había que xuntar ao MAG e ao Ordem, pero imaxino que algún día poderán. O Asalta non sei cómo anda de horarios. O malo é o puto Rif, que anda de rebaixas. A ver qué di.

Con respecto ao do outro día, de novo, e falando só por min, de novo, e só para que quede claro: cando me chamaron ás dez e pico a miña resposta foi "non sei", que era exactamente a razón pola que eu non chamara aínda. Eu quedara de chamar cando soubese. É certo que esa hora é moi tarde para non saber aínda, polo menos se sabes que dependen un pouco de ti, que non era o meu caso. E a esa "deixadez", por chamarlle dalgunha maneira, me remito no texto. Así que eu respondín "non sei" porque aínda non sabía, e o MAG díxome: "Cómo non sei, si ou non?". E eu, interpretando xa que logo que o que precisabades era unha resposta definitiva, dixen: "non". Porque se non sei, o único ao que me podo comprometer é a non ir.

Repito: esa maneira de proceder é a que uso sempre se non estou seguro de poderme apuntar a calquera movida. Pero entendo que para isto non vale ou non valeu tal como se desenvolveron as cousas e tal e como interpretan as distintas persoas os "quizais". Pois para iso poño o texto ese, para ver se o amañamos entre todos e isto non volve pasar. Obviamente, este venres eu non fun o perxudicado, e fodeume polos que si fostes.

Comandante dixo...

O malo de todo o asunto é que parece que as quedadas do venres están empezando a ser unha obriga; e nunca deberían ser tal. Cando quedamos os venres; o motivo real de xogar a LPU e todo iso, é vernos. Se isto empeza a ser máis un negocio que una reunión de amigos, daquela mal vai a cousa.
Penso que o tema non viu de que ti ou calquera outro non tivera claro se podía ou non podía vir. Simplemente, por poñer un exemplo; se alguén che di ás 6 da tarde (polo que me contou o Asalta) que vai ir esa noite, e ás 10 da noite resulta que non vai ir; e a súa resposta é que total el tampouco arregla nada porque xa rematou a Liga hai tempo; a sensación é un pouco de puteo. Xa sei que non é así, mais quedas un pouco con cara de parvo cando cho din. Pero bueno; non pasa nada. Xa está. Hai que tentar que non pasen máis estas cousas e listo. Non darlle máis voltas ao tema.

MAG dixo...

Eu pido desculpas tanto o Asalta como o Babudo pola quedada en balde:

Chamei o Asalta as 18:00 para decirlle que o final non iba, e non contestou, asi que pensei que me chamaria cando vise a perdida... despois olvidouseme rechamar.

Secundo totalmente a proposta do Shaktar, deberia incluirse na normativa (para que estea a man de todos)

o que manda dixo...

haber se nos poñemos como personas civizadas como dicia o que daba relixion "ya tenemos percebes en los huevos" para andar con estas caralladas senon o presi entrara de oficio para arranxar o asunto.
o que di que vai pois macho tera que ir ainda que lle falte unha perna porque sino vaille faltar despois de non ir.

duke dixo...

estou dacordo co comandante.
O problema k eu vexo e que as veces parece k e mais unha obriga k o verdadeiramente importante, k e o feito de kedar cos colegas.
Esa deixaded da k falamos creo k esta mais k demostrada. Se tiramos de hemeroteca, antes nas xuntanzas habia un si ou un no, pero case non habia kizais. Dende unha epoca para aca e o reves. A maioria son kizais, tal vez, depende de ken vaia, etc...
A veces da a sensacion de k o ke era antes unha kedada de colegas k pasaban o rato xogando a play converteuse nunha liga pseudo profesional na k xogan xente k se coñece e k dependendo dos partidos vou ou non vou. E eso a min e o k non me mola.
Eu recordo antes k habia moito o de "non teño partidos, v pero xogo uns amistoss ou xogamos un mundial". Agora eso esta en vias de extincion e a xente parece k so keda cando ten partidos oficiais.
Non estou dicindo k dsto este mal, so k creo k desvirtuou a idea orixinal. Pode k non sexa nada malo, pero eso non kita ke a min, a modo persoal, non me guste.

Duas cousas a maiores.
1. Para ruben. Pola miña parte non hay nada k disculpar, xa esta, xa pasou. O unico k trato e k npn volva a pasar. E outra cousa, cerciorate de a ken chamaches asnseis, pork a min non foi meu. Non teño ningunha chamada nin perdida nin recibida a esa hora.

Para getxo: ou mellor ditopa todos. Espero k non chegue o punto de ter k poñer sancions. O k si non estou dacordo e o ke dis k conductas persoais non teñen pork verse reflexadas no chollo. Non esrou dacordo pork primcipalmente eso xa existe:
Se non apareces en x xornadas podese votar aexvlusion ou no seu defecto xogar co seu equipi
Se non cumpres as normas de pasamento de datos existe sancion para ken non o faga.

Espero k non haxa k facelo, pero por desgracia permiteme ser exceptico, pork o mesmo dixrmos co dos datos e o final oubo k poñer sancion

getxo dixo...

A xente que veña polo motivo que lle dea a gana; por min está ben. Eu estou contento pola actitude que leva a xente cando vai, non teño queixa ningunha (agás do Pollo, que berra moito de dios; tranquilízate Pollo! Por certo, o Pollo vai anunciar unha fichaxe que vai remexer as bases da WIFA). Pero ao que ía: cada un que vaia polo que queira, que somos todos maiores e só fodería que tivese eu algo que dicir. Eu sei polo que vou eu, e chégame.

Postos a dar visión persoal, a miña é que coa WIFA creamos unha movida coa graza suficiente para permitir que nos vexamos moito máis do que vexo á maioría dos meus outros colegas. E non existe tal cousa purista como "quedar cos amigos ou quedar coa WIFA". Vai todo xunto, é a graza que ten e, para min, é unha sorte.

Con respecto ao outro: o tema de meter sancións por estas movidas. Eu o que quixen dicir é que me parece unha chorrada, pero basicamente porque está fóra de escala. O día que erros reais meus de comportamento ou do que sexa teñan o seu reflexo en sancións intraxogo, sentireime tan infantilizado que abandoarei. Ou estamos de coña? A razón pola que se "sancionan" as ausencias prolongadas xogando polo equipo do ausente e o non pasar datos con rublos é porque afectan ao xogo. Cousas que afectan ao xogo, sanciónanse no xogo. Eu non xogo polo equipo de X para vingarme del por non vir, senón para que a liga siga. E non sancionamos aos que entregan tarde os datos porque esteamos ofendidos porque os entreguen tarde, senón porque iso afecta ao desenvolvemento do xogo.

A min me parece que o feito de que unha persoa diga un día que vai ir e logo non apareza sen dar explicacións é unha putada. Pero pasou un milleiro de veces e non precisamente coa xente á que se acusou de facelo esta semana.

Isto se falamos en xeral. Eu é ao puntual ao que tento dar solución, que é o que me parece un problema, como xa dixen.

Qué podemos resolver?
1) Cantas veces ao mes pode/lle apetece ir á xente? NON
2) Por qué vai a xente? NON
3) Que non volva pasar o desta semana? Pois, relativamente, si. Podemos controlalo decidindo entre todos cal é a diferenza entre un "si" e un "quizais" á hora de organizar unha xornada. E lembrando que un "si" é un compomiso. (Que, se alguén o esqueceu na WIFA, polo menos por número de reincidencias ABOFÉ que non foi o MAG).

Pois centrémonos no 3.

duque dixo...

como dixen no anterior punto, xa esta, xa pasou, o unico que espero e que esto sirva para que non volva a suceder.

Por certo, se por momentos nombrei o MAG ou o Shaktar, foi unicamente por que coincidiu esta semana e puxose coma exemplo, non coma que fosedes culpables de todo. Creo que persoalmente, a ti, xa cho espliquei. ë mais, púxenche outros exemplos de outras veces con outras persoas implicadas para verificar que non e nada persoal. Polo que non entendo moi ben a que ven esa defensa do Mag. Eu xa o sei que o MAG é bastante serio nese acspecto e que unicamente tivo a mala sorte que lle cadrou nesta semana. Efectivamente hay xante que ten esas relaxacions mais a menudo.

Se o dis por esto que dixen "cerciorate de a ken chamaches asnseis, pork a min non foi meu. Non teño ningunha chamada nin perdida nin recibida a esa hora", reafirmome, non por mal, senon porque efectivamente non teño ningunha chamada del. Seguramente ou marcau mal o numero ou na guia por error chamou o numero anterior ou posterior o meu, porque eu non recibin esa chamada. Non o digo como unha crítica, creedeme, senon para que verifique o meu numero ou para non xerar confusion de se me chamou ou non. Es un simple error.
Se non e por eso, colvo a decir, a o MAG o unico que lle pasou foi mala sorte porque lle coincidiu nesta semana, porque hay outros como che dixen que son bastante mais relaxados.

Morra o conto e seriedade

getxo dixo...

Non, expliqueime mal (non me expliquei, con respecto a iso). Se puxen o do MAG non foi polo que puxeches ti, senón polas alusións que me vin na obriga de facer eu mesmo.

MAG dixo...

acepto rublos en vez de disculpas tambien... XD

No me equivoque al marcar, transcribo:

Llamada saliente
viernes 1 de julio de 2011, 15:31
0 min y 0 seg

;-)

De hecho pense que te habia llamado mas tarde...

¿¿¿a quen fichara o pollo???
¿¿¿podran sus enemigos soportalo???
¿¿¿quen cacarexara o ultimo???
A resposta a todas estas preguntas no vindeiro capitulo de Kuaman!!!
Parbarabara barabara barabara barabara barabara Kuaaamaaaan!!!

un fan dixo...

e que manda carallo se a final a culpa a ten o pollo pos nada o pollo non vai e acabouse o problema ala que vos den.
non contedes co pollo por bastante tempo haber si co silencio que vai haber podedes chegar a conseguir a fusion fria no te jode.

getxo dixo...

Ante as sensatas palabras do Pollo, retiro a miña difamación e prefiro clemencia, se me dan a escoller.