venres, 15 de xullo de 2011

O Clash volve valente e o Asalta gaña por sistema

Lembren: convocatoria en curso.

Retornou o Partisano Clash cun equipo de mínimos e logrou unha dignísima estrea que aínda lle dá dereito a aspirar a todo. Loitou, sufriu, venceu o derbi e, malia caer ante o líder e o colista, ten 15 xornadas por diante para seguir subindo.

O Asalta confirmou a mellor estrea ligueira da historia e, de novo, acompañado da sorte, segundo declaracións dun membro do plantel do Duque. "Manda carallo" engadiu, off the record. Dúas vitorias máis e igualará a mellor xeira de trunfos consecutivos da historia da LPU, a do Shakhtar da T8.

Falando do Shakhtar, o campión parece estar tamén atrapado nun bucle de difícil explicación, pero este de carácter negativo. Cando merece gañar, empata e cando merece empatar, perde, de xeito sistemático. Aínda que está a cometer algúns erros suicidas que non son moita culpa de ninguén máis, e os xogadores e o técnico comezan a desquiciar. "Hai tempada por diante, e moito polo que competir. Daremos coa maneira", insiste, malia todo, Gagarin.

O MAG, pouco máis ou menos o mesmo. Está moi fóra en boa parte do partido, xúntaselle algunha desgraza e logo, cando tenta volver, fáltalle sorte. Aínda así, debe mellorar. Tres goles en contra por partido, por 1 en prol, non son de xente seria.

O Ordem segue unha sólida traxectoria de carácter inclasificable, con resultados aparentemente aleatorios. Esta vez tocou perder, e comezan a ser maioría. Debe lograr un par de vitorias se non quere que a súa reacción ao mal inicio se esfume por completo.

O River fixo boa colleita ante os equipos anarquistas: 4 puntos simultáneos. Tocoulle coller en frío aos de Caldback na súa estrea (e logo o MAG pagou os pratos rotos). E saiulle na tómbola un empate co Shakhtar, no que concurriron unha serie de circunstancias de difícil comprensión, e que acabou de afundir aos rusistas. A novidade é que xa non é pechacancelas. Albricias!

X1 river 2 - 0 clash
platini, aguero (mata)

X2 clash 3 - 2 shaktar
berbatov, bozsic(solskiaer), solskiaer, cruif(stoichkov), gourcuff(stoichkov)
Ca vidic, juric

X3 mag 1 - 2 clash
a lopez(pp), berbatov(georcuff), forlan(a lopez)
Litbarski mancado

X9 clash 1 - 0 ordem
cruif
ca v basten

X10 asalta 2 - 0 clash
ivanovic(pp), weah(rosicky)
Ca sergio ramos
cumpre lesion etoo

X10 river 2 - 2 shaktar
aguero(law), messi(bale), platini, mutu(larsson)

Hai tres equipos por estrear pero, polo momento, o esencial son dúas cousas: que o Rif aguante e que o Asalta free algo máis que un chisco, ou nos imos aburrir moito.


INDIVIDUAIS

Datos

A lopez 1g(pp) 1p
aguero 2g
bale 1p
Berbatov 2g
bozsic 1g
cruif 2g
djuric 1ca
etoo cumple lesion
forlan 1g
gourcuff 1g 1p
ivanovic 1g(pp)
Larsson 1p
Law 1p
Litbrsky 1lesion
Mata 1p
messi 1g
Mutu 1g
Platini 2g
rosicky 1p
Sergio ramos 1ca
solskiaer 1g 1p
Stoichkov 2p
V basten 1ca
vidic 1ca
weah 1g

Stoichkov xa asoma timidamente no Dzajic, mentres o Given define con aceptable precisión cómo lle vai a cada quen na LPU.

8 comentarios:

un k fala por moitos dixo...

puto asalta

! dixo...

a ver ho!

Quen ganhou a kunka?

duke dixo...

ningun pork non tiñamos o archivo vello e nedved non estaba co cal non se puido xogar

duke dixo...

a falta de k o mag poña resultados, un brevisimo resumo:
O torpedo mal (1v, 2e, 3d), e menos mal k o de 18 rublos a chuzou coma kiso. Sen noticias de boniek e dzajic.
O asalta sigue ao seu e o rif aguante, ainda k esta vez foron osnde chaoui os k tiveron algo de fortuna e os madrileños os k xogaron ben.
O mag segue sin gañar, o river puntua gracias a outra barbaridade de platini, e os babudos, os unicos k lle deron unha alehria o equipo do pobo perdendo duas veces(liga e kopa do polo) co torpedo

staatsekretär dixo...

tiram-se muitas conclusões dos resumos do Duke, mas vou aguardar à publicação dos dados para atualizar os calendários da t21 com resultados.

un de dublin dixo...

viva la liga escocesa

y uno de glasgow dixo...

y viva tambien la irlandesa

the scottish dubliners dixo...

jajajjjaa