Auspiciada pola presidencia, chega unha nova tentativa de revertir as arcas dos clubes da WIFA. Xa abonda de encher de cartos ao que gaña!
Moitos grandes teñen bloqueado este tipo de iniciativas ao longo do tempo. Chamamos a votación rebelde. Pollo e Shakhtar xa se posicionaron en prol.
A idea concreta é manter todo como está, CE por postos, duelos rúblicos, etc., pero variando a orde da base, isto é: o equipo con peores postos nas 3 últimas campañas, será o que reciba máis rublos. O equipo con mellores postos, o que menos. Os duelos rúblicos serán como ata agora: o que sexa quen de derrotar na casa aos rivais de similar economía, subirá. E o que non, baixará. Para evitar especulacións, a clasificación de metade de tempada das 3 tempadas previas será a que defina os postos que condicionarán as arcas dos clubes. A orde do draft volvería invertirse, e o campión iría primeiro. Como diría un xermano: Voten!
SI: Pollo, Shakhtar, Asalta, MAG, Babudos
NON: Rif, Clash
ABS: Torpedo, Ordem
Outras movidas: falta o draft do puto Rif.
Outras movidas máis: a ver cómo facemos para rematar a tempada. Os clubes con partidos pendentes co Túzaros (Babudos e Rif, en principio) deberían preocuparse de tentar quedar cos de Viqui. Se isto non é posible, os partidos dos ingleses serán desputados por mans inocentes. Pero ténteno, polo menos.
.
14 comentarios:
ostia non ahi que botar, e que como ten que ser isto dos rublos o unico que non acabo de ver e que o campion sexa o primeiro no draf por favor que alguen mo argumente.
a por certo como non se chegue a un acordo vamos que se aprobe pois pasara coma o goberno este do zapatero o presidente emitira unha ley final.
http://www.elmundotoday.com/2011/06/los-alemanes-piden-a-su-gobierno-un-idioma-mas-facil/
Pero mirade a foto, por deus!
Pois o de que o campión volva ir primeiro do draft foi unha cláusula que pediu o Asalta para evitar que gañar se convirta nunha putada en todos os sentidos. A min paréceme un detalliño pouco importante, pero ten o seu sentido.
De todos os xeitos, non te preocupes moito; é probable que saia que non. Conto os nons de Torpedo e Rif como case seguros, e con outro máis xa hai veto.
Efectivamente, non. Por unha banda vexo ben o de tentar igualar un pouco as cousas, por outra non mola que che poida compensar, chegado un punto, perder encontros para gañar pasta: "Como ya no me juego nada, pierdo estos dos partidos y me da para fichar a...".
Non creo que ninguén o faga, pero que o regulamento o premie tampouco mola moito.
Mola a idea de que peña que sempre ten equipos de merda poida ter equipazos e ó revés, mais o este xeito non me convence. É certo que agora mesmo tampouco se me ocorre nada mellor.
para evitar iso o ke se miraria non e a clasificacion final senon a de metade de tempada.
Asi evitariase esa trampa de ley
Como xa pon na propia noticia, señor Rapajk!!
Agora, se alguén quere empezar fatal tres tempadas seguidas adrede para ter un súperequipo, eu penso que o merece. Por mamón, pero meréceo.
Eu voto SI.
Tamen propoño que o gañador da liga gañe 2 rublos e o de kopa 1 (ambos flotantes).
ok, perdón polo da metade da táboa, non me dera de conta. Voume abster. Véxolle cousas a prol e en contra.
ostia que sale que si vamossssss
abstención
Abstención
Perdón, creo que cambio el voto. La verdad es que no tengo tiempo apenas ni para leer todo esto, pero creo que la intención es que se aplique ya a la próxima temporada (o eso creo entender).
Si la medida se va a aplicar para ya voto NO por puro egoismo. Tengo el draft hecho y no tengo tiempo, ganas ni conexión habitual a internet para ver la nueva clasificación económica y hacer otro draft.
En caso de que se aplique para la T22 me abstengo.
Vale, pois xa está: entra en vigor na T22.
Publicar un comentario