luns, 20 de xuño de 2011

MOU RESPONDE

Debido as acusacións formuladas dende Chaoui véxome na obriga de comparecer a esta rolda de prensa para aclarar uns cantos aspectos co ocurrido na eliminatoria de kopa co equipo rifeño.

E como bo portugues (medio curman do galego), responderei as preguntas do entrenador rifante con outras preguntas.

1º: ¿Por qué o equipo rival non foi ken de gañar a un equipo que non puido aliñar de saida nos dous partidos a sua parella de dianteiros titular¿  Recórdolle os de Chaoui que Weah non xogou ningún minuto no partido de ida e Etoo so trinta e que no de volta foi o reves.

2º ¿Por que non foi capaz de parar o xogador máis en forma do conxunto madrileño¿  Sergio "Dzajic" Ramos foi un vendaval pola banda dereita, outra vez.

3º ¿Por qué o medio do campo rifeño non foi capaz de superar a Khedira durante cento oitenta mintuos¿  O xogador máis barato do equipo titular do Asalta foi quen, coas súas ramas de home arbol, de pararen o "xogo creativo" do medio do campo dos rivais.

4ª ¿Por que a sua dianteira non foi ken de superar case que en ningunha ocasión a Carles "Carotido" Puyol¿ 

5º ¿Por que Ivarov poido pasar unha das rondas de kopa máis tranquilas que recorda¿  Os datos din que so tivo que intervir un número de veces que se poden contar cos dedos dunha man: duas no primeiro partido e tres no segundo. O noventa por cento das xogadas rifenses morrian na defensa madrileña ou remataban con tiros que non ían entre os tres paus.

6º ¿Por que fala das condicións do cespede ou dos aspersores do segundo partido¿ ¿Acaso no primeiro partido cas condicións climáticas e futbolísticas decretadas polo entrenador rifeño (non falemos da extensa neboa que cubria o estadio), o rif perdeu 0 a 1¿
Claro, deso non se fala

7ª ¿Por que non critica os seus xogadores que, despois de perderen o partido de ida, borrároronse de cara o segundo¿  E que me doe a tripa, e que non trouxen as lentillas, e que onte fumei demasiado, etc....

Poderia dicir moitos máis puntos, pero o meu tempo é ouro, coma todo o que fago, pero só recalcar unha cousa: Sí, efectivamente o Asalta gañou con axuda, a axuda de contar con once guerreiros que cumpriron o dedillo as ordes que lles mandei cumprir. Era unha eliminatoria onde había que deixar o xogo preciosista (xogo que, por exemplo se xogou na rolda anterior na que se eliminou o pollo cun global de 8-2) para xogar unha eliminatoria moito máis física e táctica, sen recurrir a violencia (cinco tarxetas do rif por cero do Asalta, que ven puederon ser algunha roxa para os de Chaoui). 

O ASALTA RECIBIU A AXUDA DA TACTICA E DA ESTRATEXIA E A DE ONCE XOGADORES COMPROMETIDOS CUN ENTRENADOR.

So espero que estas pequenas diverxencias, non estropeen a relación cordial co Rif, un equipo que a min particularmente me gusta por teren unha filosofía de xogo parecida a nosa e que teñen un lema comun: Puto Shaktar.

8 comentarios:

MAG dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
getxo dixo...

Non quero interrumpir guerra ningunha: as guerras molan.

E, ademais, síntome moi honrado por aparecer no xiro que dá a trama no desenlace como "as na manga" do guionista.

Pero sinalo que é importante que todo o mundo lea a noticia anterior, tanto para comprobar a súa clasificación económica como para entender cómo se elabora, de tal xeito que poidan xurdir dúbidas e resolverse.

getxo dixo...

E, falando de todo un pouco, dado que a clasif. econ. é case definitiva, ide perfilando os drafts!

hanonimo dixo...

manipuladoor

duke dixo...

sintto getxo.

pero e que tiña que dicilo, era superior as miñas forzas, je ,je

pero o de puto shaktar sabes que e con cariño

getxo dixo...

Si, son un manipulador. E non, claro que non me importa o de puto.

De feito, o outro día estaba pensando cal era o criterio máis axeitado para falar de clubes grandes da WIFA, para tentar ser rigoroso á hora de usar o adxectivo 'grande' nunha noticia. E ocorréuseme que os grandes son aqueles que gañaron todos os títulos. Pero despois pensei que, en realidade, os equipos grandes son os que teñen 'puto' como epíteto. O grupo resultante é similar, pero o método parece moito máis intuitivo.

getxo dixo...

O seu sería chamarlles "equipos putos" aos que gañaron todos os títulos. Por exemplo: se os Túzaros gañan esta Kunka, serán un equipo puto.

MAG dixo...

Vamos... otro aliciente más para Vicky...