Basturk; Torres (Basturk); Torres (Barnes); Bican (Messi)
CuS: Terry
CA: Mellberg, Basturk
X13. Shakhtar 2-1 Pollo
Larsson; Barnes (Zlatan); Messi (Larsson)
CuS: Basturk
CA: Brolin
Barnes 1g 1p
Basturk 1g 1p 1ca 1sc
Bican 1g
Brolin 1ca
Larsson 1g 1p
Mellberg 1ca
Messi 1g 1p
Terry 1sc
Torres 2g
Zlatan 1p
Despois chegará o Presidente e terá a súa versión, que todos devecemos por ler. Pero o que aconteceu, basicamente, foi que o Shakhtar saltou -sen centrais capacitados- ao Estadio de Malmö en busca dos 3 puntos que lle garantían o título. E Zlatan, algo resfriado, saltou á cabeza do bando pollil para tentar impedírllelo e enmendar un pouco a tempada dos suecos. Comezou o partido, o Pollo con 5 atrás e algún matiz táctico para frear a sangría das últimas xornadas. O Shakhtar, tras 7 vitorias consecutivas, a evitar sustos de última hora. E os mangostas colleron o control, dominaron, chegaron, dispararon. Buscaban o gol que abrise a conta, dese a calma, despexase o camiño. Pero atopouno Basturk na área contraria. Os rusistas recibiron o pau, pero non se descompuxeron. Remontar un 1-0 era posible, claro. E seguiron a dominar o partido, pero a defensa de 5 probábase eficiente á hora de enfriar a finalización das xogadas, ou dificultar os remates. Entón, o banco sueco decidiu que xa abondaba de arrastrar á súa estrela polo campo, coa tos que tiña o pobriño, e decidiu substituílo por Torres, que se atopaba moi ben agás por un leve acceso de ébola ao que ninguén lle prestara atención. E Torres saiu ao campo, con sangue propio embadurnándolle a camisola e un pedazo de ril aínda enganchado aos dentes; na primeira xogada recibiu un pase de Yildiray Basturk, Mensah tivo medo de achegarse polo do contaxio, e Torres batiu a Zubizarreta polo primeiro pau, como se non tivese nada de raro xogar con ébola. Así sentenciaba o Pollo o partido. O Shakhtar botouse arriba á desesperada, con Shevchenko de central, pero a cousa xa non marchaba ben. Os xogadores desquiciaban co marcador tras dominaren con certa claridade. Barnes centrou ao enfermo e Torres, mentres vomitaba grimosisimamente, saltou en posición moi forzada e picou o testarazo que, cunha precisión incrible e moitos restos de sangue, comezou a se dirixir cara o mesmiño centro da portería, exactamente onde estaba Zubizarreta. Por sorte, o gasteiztarra, prodixio de reflexos, foi quen de se lanzar cara o interior da portería, de cu e un chisco cara un lado para esquivar o letal esférico. 3-0. Só na última acción do partido, boa combinación do Shakhtar, magnífico balón interior de Messi para a grande diagonal de Bican, e Pepi anota o seu 3º gol da LPU20. Contundente e estraña derrota. Se o Shakhtar non vence ao Pollo no Durruti, o Rif -aínda cnha tarefa titánica por diante- dependerá de si mesmo.
E comeza o xogo en Montreal, e comeza semellante ao encontro de Malmö. Só que, esta vez, Larsson dispón de tres ocasións claras no primeiro tempo, e nunha delas non perdoa. No saque central subseguinte, Zlatan entra a tombos na área pequena e cede a Barnes, que empurra o 1-1. É o único achgamento pollil en todo o primeiro tempo. O Shakhtar comeza a ver pantasmas e busca o 2-1 antes do descanso, pero volve errar. O segundo tempo iguálase un pouco, pero os mangostas andan ben concentrados e intensos. Larsson recibe na posición de mediapunta con moito rival diante, pero percibe o sprint exterior de Messi e envía un balón profundo e preciso cara a chegada do arxentino á área. Messi está entrando pola dereita e o balón vaille directo ao pé malo, pero non dubida. Sabe que quedan poucas ocasións para gañar o partido. Arrisca cun remate duro, de primeiras, ao segundo pau. Supera a Maier e a bola entra a media altura, xunto ao poste. Os minutos que restan apenas teñen máis historia que a emoción do seu propio decurso, que vai achegando ao Shakhtar á súa 5ª LPU, 15º título da WIFA. Fodido rival, o Pollo.
Chegou Iuri Gagarin, o Cosmonauta, e á primeira acadou a LPU. Recuperou ao mellor Park, exprimiu a Bozsik, mellorou detalles dun bloque consolidado e contou co entusiasmo e a inspiración de Larsson e Messi, que aínda compiten polo AT da tempada. Moi contento ao remate do partido, declarou: Agora imos ver se logramos rematar coa supremacía tremenda do Puto Rif nas KP con repesca. E lograr así o doblete que lle falta ao clube. E o ano que vén, contamos con Arshavin. Queremos ser imparables. E xa non puido falar máis, porque os seareiros o pecharon nunha cuba de whisky para cumprir coa tradición de lanzalo ao San Lourenzo.

.

17 comentarios:
fixen o que se puido pero me da que este xartar esta nesta liga bastante por encima do pollo.
contarei como foi a miña version non artigo que aparecera pronto publicado non o perdan.
que bo o da tradición esa :-)))
supoño que a cuba ira chea... :-P
Iso depende do que vai dentro.
Quero dicir que se o dá baleirado antes de que o guinden ao río, ten boas opcións.
parabens o campion. Nunca e facil gañar unha liga e moito menos cinco.
eu doulle os parabens o pollo. Soubo aconsellarse polo mellor entrenador do mundo mundial e da galaxia enteira e foi ken de poñerllo dificil os lideres.
Moitos parabens, cua!!!.
pero custa mais gañar seis, jua jua jua. Vemonos a tempada k ven.
Pois moitas gracias, si señor! Qué elegancia na derrota!
non o tome asi señor. Pode k nos teñamos nas vitrinas seis ligas, pero no fondo temos certa envexa (sana eso sí) dos catorce titulos en xeral k ten vostede e k o fan o ekipo mais laureado da wifa. Sin dubidalo cambiabame por vostede, ter unha liga menos pero ser o mais laureado da historia da wifa
la concha de su madre. Poro k decis vos boludo, al enemigo, pisalo, pisaaaalo.
como el señor duke vuelva a hacer otro comentario del estilo, dimito. Me entiende, dimito.
Y haber donde encuentra un entrenador tan listo y tan guapo como yo. Imposible.
ay dios mio, donde estara mi weah, k no se metia en nada y solo hacia su trabajo. Kien me mandaria a mi meterme en estos berenjenales
a la mierda, dimito.
vamos mou, vamos. Venga, pide por esa bokita algun jugador de esos de los tuyos a ver k se puede hacer
fale, argggg
dios mío
Publicar un comentario