luns, 13 de xuño de 2011

Algo de realidade

Señores, o outro día andabamos a falar de quen se quería facer socio do Depor na vindeira tempada.
Eu pola miña banda vouno facer e seguramente vai esta mesma semana a elo; así que se alguén ten intención, que avise e podemos tentar de pillar os asientos xuntos, ou alomenos preto.
En principio heime facer socio de maratón (a antiga grada de xeral). En primeiro lugar porque é unha grada na que xa coñezo xente que vai e así non corro o risco de terme que ir so a ver o fútbol todolos partidos, e tamén porque é a grada onde case sempre fun (cando fun socio ou cando fun a ver partidos de xeito individual). Así que se vos apuntades, avisade e miramos o que faría falla en caso de querer pillar os sitios xuntos.
 

4 comentarios:

getxo dixo...

Xa que se puxo tan de moda a literatura de ficción no Xornal: eu non sufrago a ladróns fillos de puta. Si, xa sei que é unha declaración algo criticable, pois é sabido que carezo dos cartos necesarios e algún malvado pode pensar que tento facerme o heroe moral para acultar a miña condición de miserable pecuniario. E que tamén se me pode acusar de contradición posto que é obvio que, entre outras cousas, pago o recibo da luz.

Así que reformulo.

Xa que se puxo tan de moda a literatura de ficción no Xornal: eu non sufragaría voluntariamente a ladróns fillos de puta mesmo se me sobrase os cartos.

Comandante dixo...

Hehehe....ben falado. Evidentemente a publicación no xornal non estaba pensada precisamente pra tí ou pra o Rubem (posto que entendo que en todo caso o rapaz faríase socio do seu Celtiña e non do máximo rival); mais publiqueino (ainda a risco de tocarlle a moral a algún, como se viu) porque era un xeito rápido de poñelo. Máis nada.
Por outra banda, tamén entendo perfectamente a túa postura (mesmo se tiveras cartos a esgalla) con respecto ao fillo de puta que temos por presidente (enténdase que non falo do noso queridísimo e amado PRESIDENTE pollil da WIFA, senón do puto lambeconas das estampinhas). De feito, teño uns pensamentos semellantes aos teus con respecto a tal peroeiro; máis dei en pensar que este ano con máis razón é menester que o plantel se sinta animado e respaldado. Porque senón o fillo de puta este ainda ha conseguir a desaparición do clube. E iso si que non me molaría nada. A ver se somos quen de conseguir que o porco de pé marche dunha maldita vez; mais mentres non o acadamos, alomenos este ano veremos bo fútbol de 2ª en Riazor. Que seguro que a Liga vai estar máis emocionante en xeral que a 1ª división destes últimos anos (iso sí, esperemos que sexa moi emocionante e toda a movida, pero que o Depor ascenda este primeiro ano, porque senón vai estar a cousa moi pero que moi chunga).
E a ver se temos a sorte de contar con outro derbi máis na división (en caso de ascenso do Lugo) dado que un, por desgraza, xa o temos asegurado.

getxo dixo...

Hehe, non, se non me tocas a moral; a min polo menos. De feito, paréceme estupenda esta onda de apoio no descenso que xa percibín en varios lugares. Pero como andaba por aquím decidín dar a miña visión e así, cun pouco de sorte, o auténtico Presidente acabará por destituírme, que xa andaba algo quente comigo nos úlimos tempos. E, despois, a vivir.

o autentico presidente dixo...

si meus o que di o puto chartar ou o suscribo porque eu non vin que o tipo este tivera a mais minima parte de culpa e non dixera que a culpa tamen a ten el en gran parte.
eu como sabedes son socio dende ahi bueno non vou dicir dende cando pero xa fai. irei esta semana posiblemente a sacar o carnet co meu pai como so facer cada ano asi que se alguen quere digo polo comandante quedamos para polo menos poner o noso pequeno grao de area que do demais habria moito que falar.