martes, 30 de novembro de 2010

T16: As Paradas. Buffon contra Buffon

Outra vez, e van 7, o cafre este conseguiu ser o menos batido. O certo é que aburre ás ovellas e hai veces que semella mesmo trampa. Pero hai algo de esperanza para os rivais: rumoréase que o seu rendemento está a piques de decrecer. Mentres, Buffon só semella rival de si mesmo e os únicos muros que ten por escalar son os da historia: acaba de igualar a Stoichkov (pases) como xogador con máis galardóns nunha especialidade individual en concreto e segue a mirar de esguello unha marca que semellaría insuperable se non existise Buffon: os 14 goles encaixados en 20 encontros polo seu paisano, o inmenso e agora arraiano Francesco Toldo, coa casaca do Clash. Por certo: Toldo anda desaparecido. Alguén debería ir buscalo. Outras cousas de interese: chaman a atencíon os números de Yashin e Casillas, cancerbeiros de dous equipos proclives a apañar bastantes goles. O caso do ruso ten duplo mérito, porque o seu equipo fixo unha frouxa tempada en liga e así e todo a el valeulle para se convertir no primeiro gardamallas do Shakhtar en ficar 2º nun Given. Ademais, foi decisivo no título -a Kopa do Pollo- que o seu equipo apañou esta tempada. Agora que todo apunta que sairá do clube, non está de máis rescatarlle a figura. En calquera caso e, por non desviarnos, velaí Buffon, no máis alto.

Ningún comentario: