Malia que hai xa ben tempo que o sol do fútbol non brilla con forza en Montreal, a calidade e o carácter do Shakhtar deixan, case sempre, case de xeito matemático, cando menos unha grande alegría aos seus etilizados seareiros. Desta volta, novamente, a carismática Kopa do Pollo. É a cuarta para os non-canadianos, a terceira nas últimas 4 tempadas. A única competición que non dá rublos nin por casualidade é ultimamente a principal fonte de éxitos do aínda actual campión da Kunka. Nesta ocasión, nunha tempada na que o xogo do equipo non acabou de callar; o Shakhtar tentou xogar coma sempre, pero os seus partidos tiveron menos goles ca nunca e o equipo non foi quen de se desfacer do seu lastre máis moderno e impropio: o exceso de empates. Quintos na liga -e gracias- e eliminados polo der Torpeden de xeito surrealista pero igualmente lamentable nos cuartos da Kunka, os rusistas gardaron as súas mellores bazas para unha competición que se lles puxo moi complicada de inicio: fcou encadrado no grupo de Rif, Asalta, Torpedo e Pollo. Así, unha vitoria por 2-0 (dous de Hristo) fronte a un descentrado Torpedo e un traballadísimo empate a 3 (2 de Mutu) contra o Asaltacunas (con clásico gol final de Lúcio), colocábano en boa posición. Pero contra os de Chaoui sufriron un gol de Di Stéfano e a inxusta expulsión de Toure; aí xurdiron os únicos fogonazos da tempada do que foi Andrei Shevchenko: volteou o marcador con 2 goles e conseguiu unha vitoria transcendental que os conducía ao duelo final do grupo ante un Pollo intratable. O Shakhtar acadou un empate a 1 (Hristo) e clasificou como primeiro, cun punto de vantaxe sobre segundo e terceiro e 2 sobre o 4º. O "premio" foi rifar por unha praza na final contra o HSS, pero esa historia de sangue e sufrimento xa foi contada: 0-0, e 5-4 tras 6 agónicos lanzamentos de penalti.
E chegou a grande final, outra grande final, a 16ª grande final para o Shakhtar en 16 tempadas. A séptima tempada consecutiva en que o equipo acada, cando menos, unha delas; o mesmo equipo que leva 8 tempadas sen gañar a LPU. E alí estaba o Pollo comunal (meritorio e dramático trunfo en semifinais con guía arraiana; 3-2 fronte á Poker Face), con reforzos de Sierra Maestra nos mandos. O Shakhtar fixo un bo partido, serio, ofensivo. Con control e oportunidades. Contra a media hora, Evra serviu un balón desde o recuncho e Stoichkov entrou so para rematar coa cabeza e facer o 1-0. Foi o único gol do partido: o Shakhtar non volveu atinar e o Pollo esixiu o máximo de Yashin en tres xogadas; pero o meta ruso deu un recital neses achegamentos e o trofeo viaxou, por cuarta vez, a Montreal. O Shakhtar sucede así como campión ao Babudos FC.
Maksim Shatskikh declarou, eufórico: "nós non poñemos estrelas no escudo porque non hai sitio" en pouca sutil referencia ao Rif. "Dígoo polo puto Rif", apostillou. "Gañar é fodido, pero mola", declarou Adrian Mutu.
Kopa do Pollo
Semifinal. Tuzaros 2-3 Pollo
Anelka, Bican, Miccoli (Zlatan), Bican (Kalusha), Zlatan (Wilhelmson)
Final. Shakhtar 1-0 Pollo
Stoichkov (Evra)
CA Mellberg, Diego
KK
O Sexy Team volveuna liar na Kunka, eliminando por segundo ano a un A. Esta vez a vítima foi o Torpedo Zagreb, que se convirte así no primeiro clube que é capaz tanto de ver ao seu A eliminado por un pitufo como de eliminar cos pitufos a un A.
A lista completa de equipos pitufos que eliminaron a algún A é, senón nos enganamos:
Sexy Team
Der Torpeden
HSS
Os equipos que foron eliminados por un pitufo son:
Shakhtar
Babudos
Moraleja
Ordem
MAG
Torpedo
Resultados da Kunka
1/8 FINAL
SEXY TEAM 3 - TORPEDO 0
Defoe, Defoe, Abate
TORPEDO 1 - SEXY TEAM 1
Amauri, Defoe (Abate)
1/4 FINAL
SEXY TEAM 0 - RIF 3
Messi, Silva (di Stefano), Di Stefano
RIF 1 - SEXY TEAM 1
Jovetic, Romario
5 PARTIDOS PARA O REMATE
Así, o Rif clasificou para as semifinais kopeiras. Todo un choio para os demais pois, como saben, o Rif non gaña kopas. As eliminatorias pendentes son, pois:
Semifinais
Asalta-Rif
Der-CMF
Final entre gañadores
Así que estes catro equipos teñen na súa man tentar coincidir un día calquera desta semana ou agardar a tentalo o propio venres. Algún clube xa declarou que o luns podería resultarlle a data axeitada, en previsión do que poida pasar en horario regular.
Botamos de menos o SUACI. Isto quedou listo.
.
5 comentarios:
Abate 1 pase, 1 gol
Anelka 1 gol.
Bican 2 goles
David Silva 1 gol
Defoe 3 goles
Di Stefano 1 gol, 1 pase
Diego CA
Evra 1 pase
Jovetic 1 gol
Kalusha 1 pase
Mellberg CA
Messi 1 gol
Miccoli 1 gol
Romario 1 gol
Stoichkov 1 gol
Wilhelmsson 1 pase
Zlatan 1 gol y 1 pase
Son todos de Kopa
se queredes acabar con iso entre semana, é fácil que eu teña disponibilidade, así que mirádeo os interesados.
por certo parabéns ao puto shakhtar
Gracias. Ben os merecemos.
Publicar un comentario