luns, 29 de novembro de 2010

T16: Os Goles. Josef Bican.

Nada máis que 6076, en 16 tempadas. Uns 380, por cada unha. Estes foron os executores máximos da tempada (click para ampliar):


Destacan, nos datos kopeiros, os pitufos Hugo e Crouch. O dato do inglés é brutal, considerando que só participou na Kunka. Pero, por riba de todos, Josef Bican. Non só acadou o Shevsebio: foi, ademais, o máximo goleador da tempada igualando a lendaria marca de Jan Koller, con 26 tantos. Bo traballo, Pepi, estrela máxima da Poker Face e muso de Lady Gaga.

Recóllese tamén, evidentemente, a clasificación histórica total de anotadores, que encabeza o Frekle Kid, o xogador dos xogadores. Zlatan anotou, ademais, o gol 6000 da WIFA. Unha curiosidade, neste aspecto, é o tremendo reparto do premio oficioso de máximo goleador da tempada, mérito que só foi quen de reeditar Andriy Shevchenko ("si, 5 veces", como decote se preocupa el mesmo de matizar).

Ningún comentario: