O Suaci está ao caer, din unhas fontes. O Suaci é difícil peo malo será, din outras. Nós ameazamos con execucións exemplarizantes, dado que para nós non supón ningún esforzo e parece divertido. E temos présa porque temos présa, qué carallo. Ou é que ninguén máis se pregunta o prezo de Kevin Prince Boateng? Racional ou non, queremos suaci e querémolo para onte.
O que si teremos, mañá, será a publicación da clasificación definitiva da LPU16 e a posta a día dos individuais da tempada a día de mañá, con grandes sorpresas que nos reservamos, como o 6º cartón marelo do animal de Pepe que lle impedirá desputar a ida dos cuartos kopeiros.
O esencial: qué partidos quedan pendentes para que poidamos ameazar de linchamento aos suaciboys?
kp
1/2 final
tuzaros - pollo
final
shakhtar - gañador
kk
1/8 final
sexy - torpedo
1/4 final
rif - gañador
1/2 finais
asalta - gañador
der - cmf
final
gañador - gañador
Así que son imprescindibles para rematar:
Ordem
Asalta
Rif
Tuzaros
Torpedo
Shakhtar
Pollo
Sempre lembrando que ao Pollo podemos liquidalo os demais. E mesmo a algún outro, se o suaci aparece antes do venres; hai que rematar con isto e empezar con aquilo, que é o que mola. Que nos dean a todos.
Así que convocamos de urxencia:
SEDE
Chanel (20:00-22:30)
ALTAS
Tuzaros
Torpedo (desde as 10)
Shakhtar (de tarde)
Ordem (de tarde)
Babudos (de tarde)
BAIXAS
Pollo
MAG
MARICAS DUBITATIVOS
Rif
O Asalta traballa ata a 1.
.
26 comentarios:
Voy; puedo ser sede tempranera (hasta las 22,30h) si sirve para algo
eu vou e podo ser sede
iso si, gustaríame saber se vai haber quedada antes do venres ás 17:00, así se non hai fago plans. Quen ten a plai comunal, por certo?
Eu. Insisto en que vou pasar polo Chanel pola tarde para rematar a KP. Se alguén quere ir facer de Pollo que vaia, pero non é imprescindible.
E os demais, polo menos respondede, carallo!
Eu pola tarde non podo, a partires das 22:00-22:30 xa estou.
Se non hai quedada, chamarei a Diego sobre esa hora para coller a comunal, se é que a vas levar alí. O digo porque non sei se Diego xa ten a súa na casa.
Yo ya tengo mi consola y los dos juegos, así que a no ser que la quedada de la tarde sea de mucha gente (y no tiene pinta) no hace falta la comunal.
A min a sede vespertina vai-me ben o que pasa é que os meus partidos son contra o torpeden así que a ver como nos organizamos. Rapajk di que pasará a isto das 22h00 a buscar a comunal de tal maneira que podemos aproveitar para xogarmos a nosa eliminatoria nese momento e despois marchar. Se ao anfitrión non se lle fai tarde, claro.
Eu podo ir sobre as 8, se a Viqui lle vai ben. E levo a comunal aínda que non a desempaquete, por se alguén quere quedar logo con ela.
home eu poderiame pasar algo mais de 30 minutos.O de antes díxeno por coincidir co Rapajk. A cuestión non é que vaia xogar, a cuestión é rematar a t16, non?
Claro; e eu púxenche ese horario por foder, máis que nada.
Por certo, podiamos abrir un blog secreto, só para os que entramos.
PD: por que soa tan guei a palabra "secreto"?
A ver mamóns. En primeiro lugar, esta semana andiven con tanto lío que non tiven tempo case que nin de durmir. En segundo lugar, eu xa non teño partidos pendentes da T16. Xa teño os deberes feitos, así que non son necesario pra rematar a puta tempada (que por certo xa vai cheirando, a ver se a rematades dunha maldita vez que algúns temos gaña de comezar a xogar a T17). En terceiro lugar, eu hoxe VOU, mais ainda non sei se xa irei pola tarde á de Diego ou terá que ser máis cara á noite. En principio, se hai quedada en Zagreb, confirmo a miña presenza. E a maiores é moi probable que vaia xa antes por Reiquiabik.
Dixen.
quen era este exaltado?
a min faiseme coñecido pero quen era?
A ver. Eu agora estoy traballando. Logo teño unha reunión cun pavo que anda a montar unha empresa de páxinas web e precisa un programador. Entón, se vai haber quedada no Estadio do Pobo, case que paso de ir á Coruña ás 22:00 para coller a plai e voltar para a casa. Case mellor que a colla alguén que lle quede máis á man.
No caso de que non haxa quedada si que vou pola plai porque xa quedo na Coruña.
Polo que deduzo vanse pasar por aquí como mínimo os Babudos e os Túzaros. Pregámoslles que o confirmen, e que algún deles colla a plai comunal.
O Asalta chamoume e dixo que traballa ata a unha da mañá.
Ha, mola cómo se fai o parvo o Rapajk.
O Estadio do Pobo abre ás 22:30
Yo en principio sí que voy al estadio de Zagreb, pero no creo que eso resuelva nada en cuanto a la play comunal porque no tengo coche...Si al final se viene el Che por aquí antes pues ya nos la llevamos.
Mira de falar co Txe entón porque eu non teño ningunha plai na casa.
Por cierto, a tener en cuanta para la próxima temporada de la LPU, ahora hay modo comunidad Online, así que se pueden jugar algunos partidos atrasados/problemáticos sin necesidad de juntanza oficial.
Y por otro lado el problema de distancia del Pollo quedaría resuelto.
para getxo: O parvo?
Si, co feito de que o CMF pensaba pasar polo Chanel para xogar as semis contra o Der.
Pero vaia, que eu non me metía, só admiraba.
Claro, pero se vides xogar aquí, non vou ir á Coruña, xogar un partido e voltar para a casa. Se tuvera a tarde libre vale, porque aínda a aproveitaba. Pero se non vou poder ir ata as 22:00 máis ou menos desculparedes que non pase unha hora de coche (contando ida e volta) para xogar un partido.
Por outra banda que pasa, a xente colleulle fobia a xogar os venres pola noite? Porque dende hai uns meses aquí non aparece nin buda.
A ver, tío: eu entendo perfectamente porqué o fas e ten todo o sentido. Xa dixen que non me metía, só admiraba. Como espectador, a secuencia que eu observei foi:
Torpedo: paso polo chanel ás 10, 10 e media
Ordem: vaime ben o Chanel pola tarde, así podo coincidir co Torpedo sobre as 10 para xogar as semifinais
Torpedo: se ides vir a Zagreb, paso de ir polo Chanel
Evidentemente, repito, evidentemente non é resposabilidade túa que coincidades ou non. Eu só me estaba a divertir.
Por outra banda, o que pasa os venres pola noite, nin idea. Eu ultimamente fixen poucas sesións de venres pola noite, pero é certo que me estou a matar (enténdase que de xeito parasitario, coma sempre; con sedes postas por outros) todo o posible para rematar os meus partidos e creo que aínda non retrasei competición ningunha. Como a tempada non acaba e a seguinte non está lista para empezar, tampouco parece haber maior urxencia competitiva como reclamo. Tocante aos demais, supoño que cada quen terá os seus motivos individuais para non coincidir.
Eu pouco máis podo facer que o recordatorio, de cando en vez, de qué partidos están pendentes para que os protagonistas fagan por vérense. Pero, se lle poñen vontade, os calendarios están sempre no Xornal e case sempre decentemente actualizados.
Cambio de última hora: yo al final no voy a poder ir por l noche. Ahora mismo estoy en la oficina terminando un tema urgente, pero si estais en casa de Diego me acerco dentro de un ratito.
Finalmente non haberá xornada en Zagreb, ante a grande cantidade de baixas. A movida restrínxese a Reiquiabic até as 22:30.
Publicar un comentario