(Redacción)
De esperanzador pódese cualifica-lo visto no terreo de xogo dende que o tándem de adestradores Dzajic-Czalic se fixo cargo do Torpedo. Hoxe temos connosco á Dragan Dzajic que fala, sobre todo do futuro da escadra do Pobo.
Boas, Míster, como vai a cousa?
Moi boas. Ben. Os xogadores asimilaron moi rápido os conceptos que tiñamos en mente. A verdade é que antes daba peniña velos.
Da por tirada a tempada?
O que temos moi claro é que esta non vai ser a do Torpedo. Mais, temos un bo proxecto de futuro que agardamos dea resultados nun par de tempadas.
Que tal se levan Czalic e mais vostede, rifan moito?
Non crea, mais tamén é porque falamos o xusto. Se falas menos con alguén que tes diferenzas, hai menos lerias. De calquera xeito penso que o noso traballo esta a ser bo. A longo prazo dará os seus froitos.
Algo que dicir do Draft invernal?
Si, que vai vir un estremo esquerdo. O plantel planificouno Favalli para xogar dun xeito e nós mudamos moitas cousas. O máis importante agora é ter un estremo.
Non será vostede?
Non. Polo momento estou centrado na labor táctica.
Fálenos dese proxecto de futuro.
Non quero dar moitas pistas ós rivais. Pódolle adiantar, iso si, que hai xente que vai ter unha maior participación nesta segunda volta. Zedric, o canteirán, por exemplo vai entrar nas rotacións máis a miúdo. Agardamos facer del un bo xogador. Para o ano que ven vai marchar xente importante, máis tamén tentaremos traer bos reforzos e posiblemente unha grande estrela.
E Ballack?
Non polo de agora. O medio do campo está ben apañado e o desembolso que require traelo de volta non é viable.
Os siareiros están un pouco nerviosos porque Kolodin non está a xogar moito. Hai rumores de que podería marchar...
Que acouguen, Kolodin é imprescindible. O ano que vén seguirá connosco. Dende que está no clube xa non hai gripes nin catarros, é moi curioso.
No terreo persoal... vostede falara hai tempo dun libro que estaba a escribir sobre a guerra dos Balcáns nos anos 90, como vai?
Pois sigo traballando. É un ensaio sobre as causas do conflito. Penso que xa dixen algunha vez que a súa orixe era a nosa derrota na final da Eurocopa do 68 contra Italia. Aí comezou todo. Non hai que esquecer tampouco que o escaso éxito nas competicións internacionais posteriores tamén fixeron o seu. Por exemplo, gañando a Eurocopa do 88 ou o Mundial do 90 a guerra nunca tería acontecido.
O seu avó era de Pontedeume, é pariente de Banks?
Non. O meu avó veu de novo a Iugoslavia a traballar, casou eiquí e fixo a súa vida. Nunca voltou a Pontedeume. Banks di que é de Malpica, que a súa familia son d'alá excepto un bisavó por parte de nai que era de Carnota. Non vexo relación.
Un saúdo, e agardamos ver pronto ó Torpedo preto dos postos de cabeza.
Haberá que agardar algo, mais na segunda volta imos xa poderán ver unha certa recuperación. Un sáudo para vós tamén.
2 comentarios:
KOLODIIIIIIIIIIIIINNNNNNNNNNNNNN¡
KOLODIN, KOLODIN, KOLODIN, KOLODIN, KOLODIN, KOLODIN, KOLODIN, POLODIN PORODIN
POR ODÍIIIIINNNNNNNNNNNNNNNNNNN
Ah, bueno, menos mal...
Publicar un comentario