sábado, 7 de febreiro de 2009

Clemente deixa a cidade do frío

por Igor Czalic

Xabier Clemente abandona o banco de adestrador do Shakhtar, informa Panto Espanto desde Montreal. Alan Moore asume así a totalidade das funcións na dirección técnica do equipo, encargado até o de agora unicamente da parcela defensiva, mentres o euskaldún dirixía as funcións de ataque. O Shakhtar dilapidou boa parte das súas opcións a revalidar o título da LPU e tamén deixou no camiño a Kopa do Pollo, debido fundamentalmente a unha febleza defensiva que o convirte, hoxe por hoxe, no conxunto máis goleado do campionato -Niemi fora segundo no premio Given da LPU8-. A razón da marcha é esta e o razonamento consensuado é que esta inestabilidade que convirte os partidos nun correrrúas radica na perda de precisión no xogo de combinación ofensiva do equipo. O Shakhtar chegou á porta rival dun xeito significativamente superior aos seus opoñentes na práctica totalidade dos partidos desputados, coas excepcións do encontro ante Pollo FC, que dominou, e dos partidos igualados ante o Rif e o da Kopa do Pollo co Análisis; ambos perdidos polos quebecos. O problema derivábase da falta de oposición que atopaban os rivais cando acadaban as inmediacións da área de Niemi. Espérase agora unha proposta máis seria para buscar unha milagre en liga e rematar a tempada do mellor xeito posible. Malia o cambio táctico, non se esperan no clube modificacións do plantel no minidraft.

Atendida esta información de última hora, a análise do que levamos de campionato é como segue:

- Rif: Sensacional. A súa capacidade de recuperación de balón e a calidade e contundencia de Kalusha e Romario convirten a este novo equipo en favorito para o título. O segredo deste equipo, numericamente, atópase nos goles encaixados, a anos luz dos dos seus rivais. Máis que en Buffon, a explicación atópase nunha atinada defensa en todo o campo. A súa chegada á WIFA resultou un completo éxito e unha grande noticia para a competición.
- Pollo: Os millóns de seareiros deste carismático equipo ollan con ilusión a que é, polo momento, a súa mellor tempada. Pero todo o mundo coñece xa o pollismo e a súa complexa relación coa regularidade e as segundas voltas. En teoría, debe loitar co Rif polo título nun duelo 1 a 1 como non se viu nunca. As súas bazas son a experiencia e o inmenso Zlatan.
- Shakhtar: Xa está.
- Tuzaros: En Reiquiabic (Londres) óllase con esperanza o futuro inmediato. O equipo só cedeu, en desputados duelos, ante os tres equipos que o preceden. A súa melloría palpable en todas as liñas aínda non coñece teito. E contan con Eto'o, a estrela da tempada.
- MAG: Quen sabe? Un inicio espectacular abriu moitas espectativas. Un baixón final nos resultados alonxouno algo da cabeza, pero é un equipo en lenta e segura progresión, algo difícil de ver na WIFA.
- Asaltacunas: Demasiado irregular, a súa desconfianza en Yashin é un síntoma de que as cousas andan revoltas. Se é quen de bater ao Ordem no encontro pendente abrirá perspectivas algo alentadoras. Sempre perigoso. En semifinais na Kopa do Pollo, loitará por amarrar un título que ten a tiro.
- Torpedo: Semella que o troco de adestrador/es conferiulle unha maior solidez e pode servir de base a unha mellora de maior rango. Saiu do pozo en que se metera no inicio. Un dos equipos que espera con máis fe o minidraft.
- Babudos: De menos a máis; afinando e buscando seguir a senda do MAG das melloras constantes. Carisma e capacidade para optimizar recursos son os seus puntos fortes. Dá a impresión de ir cara arriba.
- Análisis: Unha casa de tolos desde que retornou á WIFA, o logro de chegar por primeira vez a unha final kopeira pódelle dar o pulo preciso a un clube de calidade recoñecida e presente caótico.
- Ordem: Malia que presenta batalla seria en cada encontro, resúltalle moito máis doado atopar o camiño da derrota que o da vitoria cando se move sobre o aramio. Gañou o seu último partido. Os seus cambios estruturais de plantel precisan consolidarse antes de daren froitos.
- P. Clash: Coa súa participación nesta tempada pendendo dun fío, o temible equipo escocés sería unha incógnita nesta difícil liga. Se apostan, fágano porque se achegaría bastante aos primeiros. A súa participación pode mudar as perspectivas de moitos cara a segunda volta.

Informou Igor Czalic, ex-xogador coa licencia de futbolista suspendida por presunta dopaxe xenética.

5 comentarios:

jebeWalrus dixo...

Para los desarroladores/or del SWAZI: el programa hace cierto tiempo no superior a dos meses que peta el firefox.

Anónimo dixo...

Ante as numerosas peticións recibidas, velaquí o enésimo intento de ficha para Julio Salinas:

30 anos
1'88 metros
76 kg
Pé Dereito
DC
Lesións A

Ataque 97
Defensa 46
Corpo 88
Resistencia 76
Velocidade 77
Aceleración 75
Resposta 87
Axilidade 72
Prec. Cond. 81
Vel. Cond. 76
Prec. PC 74
Vel PC 72
Prec. PL 63
Vel PL 59
Prec. Disp. 88
Pot. Disp. 74
Téc. Disp. 90
Falta 58
Efecto 61
Cabezazo 78
Salto 75
Técnica 80
Agresividade 90
Mentalidade 76
Porteiro 50
Trab. Eq. 74
Condición 5
Pé malo 4, 4

Especiais
Líneas
Poste Gol 1 a 1
Cap. Pos.

Rapajk dixo...

A min paréceme ben, mais non sei se terá moito ataque e pouca resposta. Polo demais, ok.

Anónimo dixo...

Pode ser... xa sei que sempre tendíamos a poñerlle resposta 99 ou resposta 1, para ver de conseguir o famoso efecto Salinas; pero desta vez busquei máis realismo fuxindo da caricatura. Sei que é un problema porque non era un xogador realista, pero creo que a longo prazo pode ter máis sentido. Igual me pasei co ataque, pero fíxeno co obxectivo de favorecelo nesas accións tan del.

Anónimo dixo...

Penso que tal como está valería 8 rublos, pero se queredes corrixilo, escoito.