O tema sale ao abeiro da clasificación dos mais baratos e mais caros na metade da tempada pra saber quen non baixará rublos ainda que os perda e quen subirá a metade dos rublos gañados. E como eu podo ser unha parte beneficiada segundo cal sexa a decisión, en principio e si mo permitides vou optar pola abstención nesta votación....
Xa sei que o de pedir que se vote algo e á vez absterse non é o mais adecuado, mais penso que é o que teño que facer pra evitar polémica. Mais tamén penso que é menester decidir ao respecto. Así que ánimo...todos a expresar a vosa opinión.
Fdo:
Comandante
15 comentarios:
Creo que os canteiráns deben contar por 3 rublos ata que pasen ese valor. Xa están contando por 3 rublos nas contas do 20% do banco de suplentes e, por outra banda, aínda que teñan fichas de 1 non son como outros xogadores de 1 xa que, evidentemente, estes progresan. Como é un cambio -eu entendo que é un cambio- debería superar o veto. Segundo a última normativa de vetos 133/2H indica no seu epígrafe 42-B, considerarase vetada "toda aquela proposta de modificación do regulamento na que a opción 'non, quero que a cousa quede exactamente igual que antes' teña cando menos a metade dos votos que a opción 'Si, que carallo! Fagámolo!'".
De momento, 1-0. Aprobaríase.
Eu tamen creo que deben contabilizarse coma 3 ou mais a tódolos efectos, q é o seu custo.
vale, que conten por 3 ata que suban
Que di o Pollo que 4-0.
5-0
5-0
6-0
Pregunta:
A proposta é que semrpre custe 3 rublos ou que custe o valor do que se invirte en el? se metes no canteiran 4 rublos? segues a perder pasta....
A questom nom é assim, polo menos até onde eu chego, se me engano que me corrija a secretaria.
O que se está a discutir nom é o que custam se nom como contabiliza-los.
Um canteirão vale o que diga o Suazi. O valor que ti recuperarás ao desbota-lo será sempre o que diga o Suazi.
O problema é que para adquirir um canteirão de 1 rublo tes que investir 3 ou 4, portanto, é um jeito de abaratar um equipo. É por isso que se esta pedindo que contem mais do que valem.
O único que propom que contem como 3 rublos a todos os efectos é Jebe.
A proposta é que custe 3 ata que pase de 3. Tres rublos é o prezo estimado para que sacar un canteirán non sexa un chollo nin unha putada. Considero que meterlle 4 para elixir o rango da posición non sube a súa calidade, polo que potencialmente custa o mesmo. En calquera caso, aquí non se trataba de estar perdendo cartos. Se te desfás dun canteirán de 1 só percibes 1 (non imos garantir a inversión); vale 3 a efectos de contabilidade.
Assí a todo, o que dis é bastante certo, se metes 4 rublos num canteirão que depois conta como 3 esta-se a produzir o mesmo efecto. Isso sim a umha escala muito mais pequena, digo eu. Nom é o mesmo meter 4 e que che devolvam 1, que che devolvam 3. Ademais os casos de canteirãos pagados a 4 rublos som escasos.
eu non o digo porq queira votalo fora, senon polo que vale o meu equipo. Se o rif vale 137 rublos a principio de temporada, creo un canteiran de 4, imaxinade que remato a tempada cos mesmos 137 rublos, se o meu canteiran a final de tempada ainda non supera estes 4 rublos non me parece loxico que teña que cambiar o equipo por esto, para min creo que deberia valer o que se invertiu nel ata que supere este valor, para que crear un canteiran no che desfaga o resto do equipo, pero bueno, en ultimo caso o dos 3 rublos ata que os supere pareceme ben tamen, pero tede en conta se se crea un porteiro canteiran....
voto a favor
se queredes ter en conta o de que pode valer 4 facede outra puta votacion... non liedes XDD
7-0. Como hai unha abstención, o resultado vai oscilar entre 7-3 e 10-0. Aprobado, ao ser imposible o veto.
O Sr. Selassie non ten abondo con liderar a liga, ademais quere facernos un nó na cachola. Non sei se entendo ben o que di, pero velaquí o que hai. Se chega a final de tempada cun balanzo de 0 nos partidos desputados, pode conservar o plantel tal como o ten. Non vexo a relación entre o que vala o canteirán para a contabilidade e as obrigas de suba/baixada do equipo, alén das xa explicadas con anterioridade e que só afectan ao 20% do banco de suplentes e á clasificación económica para ver quen non baixa. Se interpretei algo mal, dígamo ou aínda mellor, se pode chámeme. Ou agarde a mañá e aclaramos todo.
Estou dacordo cos canteiráns porteiros. Estes contarán por 2 e non por 3, pero era algo que eu estaba dando por feito (supoño que o resto tamén).
Pois já que não inflúi, vou votar.
Nom sei se a abstençom contabilizada era a minha, se nom é assím, conta com outra.
http://fundacioncaixagalicia.org/StaticFiles/Repositorio%20Multimedia%202007/Imagen/Imagen%20Repositorio/ColeccionArte/archivos/183.jpg
Publicar un comentario