Aprovechando la visita del MAG a Montreal entrevistamos a uno de los jugadores mas polifaceticos del Shaktar. De suplente de estrella,a estrella, de calientabanquillos de lujo a titular indiscutible. Analizamos con Park Ji Sung su trayectoria y ciertos aspectos que su asiatico aspecto no dejan entrever.
- ¿Como fue su llegada al Shaktar? ¿Se adaptó rápido al trabajo y al alcohol?
Eu acababa de aterrar e vin a Muranin, o fundador do clube, un tipo máis alto que Potemk, con barba e pelo branco, peneque perdido. Cun pico, unha botella e un balón, e berrando en ruso que conseguira atravesar Bering a nado e que ía fundar un clube. Lúcio estaba en Montreal de vacacións e dixo algo diso que chaman humor, algo sobre os freos. Creo que se refería á distancia que separa o estreito e Montreal... ben, en calquera caso a adaptación ao clube foi instantánea. Dalgún xeito foi o Shakhtar o que chegou a min. O do alcol nunca o entendín ben. Até moito despois, cando chegou Titov. Que persoa tan estraña.
- ¿Se encuenra a gusto en Montreal? ¿Tiene previsto cambiar de aires?
A gusto? Si. É mellor que outras cousas. Hai que correr. Non me viría mal unha cesión de media tempada. Creo que se está a abrir outro portal dimensional pero no sector Terra42 e probablemente farei falta. A cousa aquí xa está máis tranquila.
- Pues Bocazas no dice lo mismo.
Non me parece que Bocazas estea moi ao día da invasión Zanágar-alfa, pero quen sabe. Indagareino.
- ¿Ve al Shaktar capaz de ganar algun titulo esta temporada? Aunque su juego esta siendo bueno, los resultados no le acompañan.
Os resultados non, pero contamos coa sorte que acompaña ao soldado nas batallas. Outra cousa que non entendín nunca, pero que se comenta moito no escuadrón despois de sufrir unha masacre ou no vestiario, entre risos nos dous casos. Hai cousas que non entendo ben.
- ¿Cual de todos sus titulos es el que mas ha disfrutado?
A condecoración 232 de Nongaia. O outro día Lúcio díxome que metín un gol na primeira final de Kopa. E coñecer ao tenente Ballack foi unha grande honra, malia o seu baixo rango. Na T6 corrín unha animalada e gañamos a liga. Así que creo que a resposta que busca vostede é: a Kopa do Pollo da T7.
- Su club de fans ha publicado un arbol genealogico que le convierte en descendiente directo y unico heredero de Tangun Wanggom, fundador de Corea en el 2333 a.c. ¿que opina de esto?
A xente non debería telo averiguado tan pronto, é unha molestia. De todos os xeitos non me poderei considerar o herdeiro de Wanggom até que o derrote nas estrelas. Agora que a xente comeza a coñecer a historia pode que os acontecementos se precipiten.
- Un consejo para ser tan resistente como usted.
Resistente a que? Se se refire ao cansanzo, é unha enfermidade erradicada en case todas as realidades que coñezo. Mais é unha característica que fai interesantes aos humanos.
- Siempre va un paso por delante del rival, ¿Cual es su fuente de inspiración?
Julio Salinas.
- En sus inicios no le dejaban jugar por tener los pies planos ¿aun los tiene?
Si. O de que non me deixaran xogar de cativo deixou algunhas lagoas na miña formación espiritual, pero o dos pes resulta ideal para premer o impulsor da Park-8. Non se pode ter todo, como din.
- Una ultima pregunta, ¿Tamagochi o Pokemon?
Tamagochi, claro. Que non me deixaran xogar de rapaz deixoume marcado, como lle dicía, xerándome por exemplo unha certa dependencia dos videoxogos. Ademais é certo que o heroico comportamento dos Pokemon na primeira alianza Zanágar-Tangun resultou decisiva para a nosa supervivencia; pero en tempo de paz son xentes incómodas, pouco fiables. Sempre hai que vixialos de esguello.
.
2 comentarios:
O computador do responsable do TRON celebra a mención das multiples dimensions e invita a todolos pokèmón a unha carreira d motos dous a dous.
Grandes amenceres puiden ver en Tron. Dos melloriños de Silicia.
Publicar un comentario