sábado, 28 de febreiro de 2009

Clasificación













X

G

E

P

F

C

P

D

1

Pollo FC

20

12

2

6

39

28

38

11

2

CG Fillos do Rif

17

11

4

2

28

13

37

15

3

Shakhtar de Montreal

20

9

3

8

46

32

30

14

4

Partisano Clash

18

8

6

4

31

20

30

11

5

Análisis Matemático

18

7

6

5

29

20

27

9

6

Torpedo Zagreb

17

7

4

6

24

26

25

-2

7

Túzaros de Reiquiabic

16

7

2

7

25

24

23

1

8

Monte Alto Gunners

20

6

5

9

28

36

23

-8

9

Asaltacunas FC

20

6

3

11

23

44

21

-21

10

Babudos FC

19

4

8

7

22

30

20

-8

11

Ordem e Progresso

19

2

3

14

16

38

9

-22











mércores, 25 de febreiro de 2009

Regulamento completo da WIFA

Secretaría da WIFA



Artigos:
  1. Competicións de clubes da WIFA
  2. Sancións e Premios individuais
  3. Sistema económico
  4. Planteis
  5. Drafts
  6. Fichaxes
  7. Blindaxes
  8. Negociacións
  9. Roubos
  10. Canteiráns
  11. Cambios no regulamento
  12. Entradas e saídas de equipos
  13. Edición de fichas

Artigo 1. Competicións de clubes da WIFA

As competicións de clubes da WIFA son:

a)- LPU
b)- Kopa
c)- Kopa LPU (ou Kopa do Pollo)

Epígrafe 1.a) - LPU

A LPU é a competición máis longa. Todos os equipos enfróntanse entre si dúas veces, con cada un actuando como local nunha delas. Concédense 3 puntos á vitoria e un ao empate. O gañador da liga é o que máis puntos obtén ao final. En caso de empate hai 3 criterios de desempate, por esta orde: 1) diferenza de goles global ou, a igualdade nisto, maior número de goles marcados; 2) resultado da miniliga (incluída diferenza de goles) ficticia entre todos os equipos implicados no empate, cos mesmos criterios de desempate que no punto 1; 3) spareggio. Isto serve para todos os postos, agás o terceiro punto, que só se considera útil se o empate se produce na primeira posición.

Epígrafe 1.b) - Kopa

A Kopa despútase durante a segunda volta do campionato LPU. Un sorteo puro decide que equipos comezarán nos oitavos de final e cales o farán directamente en cuartos, así como tamén quen serán os seus rivais. Sistema de eliminación directa, con confrontacións a duplo partido e valor duplo de goles en campo contrario en caso de empate no global. Unha vez desputados os cuartos faise un segundo e último sorteo para coñecer os emparellamentos semifinais. A final desputarase a partido único.

Epígrafe 1.c) - Kopa LPU (Kopa do Pollo)

Cambia de formato cada ano. Despútase durante a primeira volta da LPU. Ultimamente, o sistema é parecido a isto. Os 7 primeiros da LPU anterior comezan en 1/4 de final mediante o sistema de emparellamentos seguinte: A) 1º-7º; B) 3º-6º; C) 4º-5º; D) 2º-gañador da previa. O gañador da previa sae dos enfrontamentos entre os derradeiros clasificados da LPU anterior. As semifinais son: A-C e B-D. Todas as eliminatorias, a partido único.

Artigo 2. Sancións e Premios individuais

Epígrafe 2.a) Sancións:

Considerarase sacionado cun partido sen xogar a cumprir inmediatamente despois de xerarse a sanción todo xogador que:

- reciba un cartón vermello nun partido.
- reciba 3 cartóns amarelos en partidos diferentes.

sen consideración particular da competición na que os recibise.

Epígrafe 2.b) - Mancaduras

Un xogador mancado leve non poderá desputar o seu seguinte partido. Un mancado grave perderá os 3 partidos seguintes.


Epígrafe 2.c) - Premios individuais

Os premios individuais que se outorgan cada tempada son:

- 2.c.Párrafo 1º)Premio Shevsébio: para o máximo goleador da LPU.
- 2.c.2º)Premio Dzajic: para o máximo pasador da LPU.
- 2.c.3º)Premio Given: para o porteiro titular do conxunto menos batido na LPU.
- 2.c.4º)Premio AT: para o xogador coa maior suma "máx (goles, pases) + 2*mín (goles, pases)" da tempada, considerando todas as competicións.
- 2.c.5º)Premio Primitivo: para o xogador con maior puntuación segundo o sistema "5*cartónvermello + 5*golpropiaporta + 2*cartónamarelo + 0,5*gol - 3*pasedegol", considerando tamén todas as competicións.

Anexo ó Epígrafe 2.c)

Existe ademais un premio itinerante ao primitivo histórico consistente nun anaco de intestino en descomposición de Gary Lineker (Ver Información complementaria do Anexo ó Epígrafe 2.c).

Información complementaria do Anexo ó Epígrafe 2.c)
Gary Lineker foi devorado polo xogador holandés Cocu, o cal cedeu os seus restos á WIFA.



Artigo 3. Sistema económico


Epígrafe 3.a)
Os clubes que conforman a WIFA están suxeitos a un sistema económico que ten por moeda patrón o rublo (ver anexo).

Epígrafe 3.b)
Cada equipo ten un valor en rublos e estes poden utilizarse para mercar xogadores en distintas variantes:

3.b.1º. Adquirilos nos drafts mediante o seu prezo SUACI ou superior;
3.b.2º. Blindar con eles a un xogador que xa está no plantel;
3.b.3º. Roubalos a outros clubes;
3.b.4º. Investilos na propia canteira para extraer novos "talentos" da mesma;
3.b.5º. Negociar traspasos con outros clubes.

Epígrafe 3.c) Gañar ou perder rublos

Todos estes aspectos se pormenorizan máis adiante. Os rublos, en principio, adquiriranse/perderanse segundo os resultados dos encontros desputados na casa ao longo da tempada.

3.c.1º)Deste xeito, unha vitoria na casa na LPU fai gañar 1 rublo e 5 kopecs (=1,5 rublos)
3.c.2º) unha derrota na casa na LPU supón -1,5 rublos para o equipo local.
3.c.3º)Un empate =0 rublos.

3.c.4º)En Kopa: vitoria/empate/derrota na casa => +1/0/-1 rublos.

3.c.5º)A Kopa LPU non reparte rublos.

Anexo ó epígrafe 3.c)
Tamén se poden adquirir/perder rublos negociando traspasos por xogadores, coas melloras dos canteiráns, ou roubando xogadores, todo o cal se verá máis adiante, como se comentou.

Epígrafe 3.d)Restricións nas perdas e ganancias

Existen restricións a certos puntos do sistema, rexidas fundamentalmente pola clasificación económica no ecuador da LPU. Esta clasificación outorga a cada equipo un valor en función do que valan os seus xogadores nese momento, incluídas as subas dos canteiráns, máis o que teñan en caixa se é unha cantidade positiva. Se a caixa está en negativos, este non se terán en conta nesta clasificación. Deste xeito, os 4 primeiros clasificados desta CEE (clasificación económica ecuatorial), poderán usar durante a tempada todos os rublos que teñan en caixa no momento, pero ao remate da tempada restarase ao seu valor total a metade dos rublos que teñan gañado EN COMPETICIÓN. Os rublos obtidos doutros xeitos quedan libres desa taxa. Por outra banda, os 2 clubes peor clasificados na CEE, non terán que baixar ningún dos rublos negativos ocasionados polos seus encontros DE COMPETICIÓN, quedando anulada a súa débeda e comezando a tempada seguinte como se nunca a tivesen.

Ademais, ningún equipo pode estar a final de tempada a máis de 20 rublos de distancia doutro. Se se produce esta circunstancia ao final dunha tempada, o equipo rico transferirá rublos ao pobre até chegar a esa diferenza exacta de 20 rublos. Se isto involucra a máis dun equipo rico/pobre, os rublos transferiranse do máis rico ao máis pobre até chegar a unha situación de empate. Entón, se o empate é entre ricos, o que orixinariamente era máis pobre deles cederá medio rublo, despois cederá medio o outro e así sucesivamente. Por abaixo, mesmo esquema: recibirá o primeiro medio rublo o que orixinariamente era máis rico, e logo o outro, etc.

Anexo ó artigo 3:
(1 kopec=0,1 rublos; 1 munitis=8 rublos)

Artigo 4. Planteis

4.a)Cada plantel dos que conforman a WIFA debe estar formado por un mínimo de 18 xogadores, aínda que poden existir excepcións que se explicarán.

O comezo dunha tempada (e final da anterior) sitúase no momento exacto en que vai dar comezo o draft inicial. Despois do draft, cada equipo deberá ter 18 xogadores agás: 1) se o valor do equipo é 1 munitis inferior á media, poderá ter 17 xogadores 2) se un equipo desexa fichar a un número superior de xogadores pode facelo, pero por cada xogador por riba dese límite deberá pagar un extra de 3 rublos a engadir á fichaxe. Unha vez adquirido o dereito ao xogador 19, por exemplo, non será necesario volver a pagar os 3 rublos por el, non sendo que nun momento dado se decida volver baixar a un plantel de 18, o que faría perder os dereitos sobre o 19º e telos que volver mercar no futuro, se se desexa.

Cada plantel poderá ter un máximo de 4 clásicos; porén, é posible superar esta cifra con idéntico funcionamento ao do xogador 19 e sucesivos. Só que, neste caso, o prezo extra é de 4 rublos no canto de 3.

Finalmente, algo que afecta unicamente ao draft inicial: é imprescindible investir (quérese dicir que a efectos deste 20% van contar os cartos que se meten no xogador e non o que o xogador vala realmente; ver "Canteiráns") nos 7 xogadores máis baratos (os "suplentes") cando menos o 20% do que se inviste en xogadores en total. Se o plantel é de máis de 18 xogadores, os seguintes súmanse a estes sete como "suplentes". Se se dispón de menos (17, por exemplo), cóllense os 6 máis baratos e multiplícase o seu valor por 7/6 para obter a porcentaxe de valor dos "suplentes". Ao longo do resto da tempada non é preciso cumprir con esta proporción, até a configuración do plantel da tempada seguinte.

5. Drafts

Cada tempada hai dous drafts: o inicial, que dá comezo á mesma, e o minidraft invernal, que se produce no ecuador da LPU.

- Draft inicial: Cando remata unha tempada e comeza outra nova, os equipos teñen un determinado plantel e unha certa cantidade de rublos, positiva, negativa ou nula, na caixa. Non é posible saír do draft inicial con rublos negativos en caixa. Neste momento, os equipos deciden que xogadores desexan vender e cales novos adquirir, xa sexa para adaptarse á obrigada rebaixa de equipo, para mellorar o plantel ou por variar. Entón procédese por esta orde: o campión da LPU anterior anuncia os seus descartes e blindaxes (ver "blindaxes"); polos descartes obtén os seus valores SUACI ou os seus valores SUACI máis blindaxes, caso de telas feito. Eses rublos van á súa caixa e axudaranlle a completar as fichaxes. Pode desfacerse do número de xogadores que queira, entre ningún e todos, sempre que non teña rublos negativos en caixa, caso no que será imprescidible que se desfaga cando menos de un para enxogar a súa débeda substituíndoo por outro máis barato. Despois diso, o campión de Kopa fai o mesmo. Logo, o subcampión da LPU, o subcampión da Kopa e o resto por orde da clasificación da LPU. Logo comeza, por idéntica orde, o período de fichaxes. O campión LPU escolle a un xogador, o campión de Kopa ao seguinte, etc., até que cada un vai colmatando o número de xogadores que precisaba. Se se opta por roubar a un xogador doutro equipo, existe normativa específica (ver "Roubos"). Por outra banda, se dous equipos queren ao mesmo xogador no mesmo draft, lavarao aquel que o fiche cun prezo máis caro (ver "blindaxes") ou, a igualdade de prezos, o que o poña primeiro na súa lista, ou, a igualdade de número de orde na lista, o que teña preferencia no draft, segundo a orde que xa se explicou.

- Draft invernal: Funciona igual que o anterior, con algunhas excepcións. Só se pode substituír a un xogador; a orde de preferencia muda: o colista da LPU vai primeiro, o vicecolista segundo e así até o líder, que irá en último lugar; non é preciso enxogar nel a débeda: un equipo con positivos en caixa pode agregar eses cartos ao obtido co descarte para facerse cun xogador mellor, mentres un equipo con negativos pode ignoralos durante este draft e fichar por un valor idéntico ao do descarte.

6. Fichaxes

É posible fichar xogadores libres durante a tempada fóra dos drafts, pero só se pode facer pagando integramente o seu valor en rublos máis a taxa por ser o xogador 19, por exemplo. Esta situación pode resultar útil a equipos que comezaron con 17, por exemplo, e están a gañar rublos, xa que lles permite "completar" plantel. Non é posible desbotar xogadores fóra dos drats.

7. Blindaxes

Os prezos dos xogadores réxense, en principio, polo sistema SUACI. É posible adquirilos por ese prezo ou superior. A diferenza entre o prezo polo que se adquire e o prezo SUACI do xogador constitúe a blindaxe, agás nos roubos "caros" (ver "Roubos"). É unha ferramenta contra os roubos (ver "roubos"). Ademais, é posible blindar a un xogador do plantel propio coa cantidade que se queira, sempre que se dispoña dos rublos necesarios en caixa. Só se pode blindar nos drafts. Desbotar a un xogador blindado concede ao dono a cantidade total do prezo do xogador + blindaxe. Un xogador desblindado recupera automaticamente o seu valor SUACI. Se un equipo desbota a un xogador blindado non poderá refichalo até o remate do draft en que o desbotou, tendo a posibilidade de reservar até entón unha praza e a súa quenda. Un xogador blindado conta a todos os efectos polo prezo SUACI+blindaxe.

8. Negociacións

As negociacións entre clubes son libres e poden facerse en calquera momento da tempada. Os prezos a pagar son tamén decisión libre dos protagonistas da negociación, así como o número de xogadores a intercambiar, cláusulas, etc. Neste mesmo campo entran as cesións, pero ao seren as condicións libres non cabe explicar moito máis ao respecto.

9. Roubos

Os roubos só poden efectuarse nos drafts. Un xogador con prezo SUACI + blindaxe = 8 ou menos rublos pode ser roubado por un rublo máis dese prezo. O equipo roubado percibe o valor en rublos polo que tiña ao xogador. O equipo ladrón queda co xogador blindado polo prezo polo que o roubou. Un xogador de 9 ou + rublos pode ser roubado pagando por el 2 rublos + do seu valor. A vítima recibe o seu valor en rublos, como no caso anterior, mentres o ladrón queda co xogador blindado por un rublo menos do que pagou, disipándose o outro rublo. Cando un equipo é vítima dun roubo pasa a ter automaticamente a vez no draft. Ademais, pode facer unha única modificación a maiores das previstas para reconfigurar o seu plantel (por exemplo, renunciar a unha fichaxe que xa fixo ou engadir un novo descarte). Un equipo só pode sufrir un máximo de dous roubos nunha mesma tempada.

10. Canteiráns

Pódese sacar canteirán en calquera dos drafts. Non hai límite para o número de canteiráns que se sacan ao longo dunha tempada, alén do feito de que só se pode ter 3 canteiráns en proceso de suba. Sacar un canteirán porteiro custa 2 rublos. Sacar a un canteirán de campo custa 4 rublos e permite elixir o "rango" da posición (Rango 1: CT / Rango 2: CA,LIB,CCD / Rango 3: RESTO). Isto dá dereito a ver a un canteirán e decidir se ao clube lle interesa conservalo. Se non lle interesa o rapaz marcha a prostituírse e o clube queda co seguinte que veña.

Desde esta tempada é TOTALMENTE OBRIGADO enviar as fichas orixinais de canteiráns no momento de seren tiradas á redacción do Xornal do Pobo, ademais de facerlle chegar aos responsables do SUACI, coa maior premura, os resultados das súas sucesivas subas.

- Contabilidade de canteiráns

Os canteiráns son, a todos os efectos, xogadores do plantel. No momento da súa suba ao primeiro equipo contabilízanse polo valor do investido neles. En sucesivos drafts contarán, tanto a efectos de clasificación económica como de % de "suplentes" por 2 rublos se son porteiros e por 3 se son de campo, até que rebasen eses valores no SUACI, que entón contarán polo seu valor real. Desbotar a un canteirán durante o seu período formativo outorgará SEMPRE o número de rublos que lle asigne o SUACI.

- Negociacións de canteiráns

Os canteiráns non poden ser roubados nin blindados durante o seu período formativo. Rematado este, funcionan como calquera outro xogador. Si é posible negociar con eles, traspasalos ou mesmo desbotalos neste período inicial.

- Suba de canteiráns

O período formativo dos canteiráns é de 3 tempadas completas. Estes xogadores melloran en función de canto xoguen e dunha compoñente aleatoria, en 6 períodos de media tempada. Xusto antes dun draft, revisarase o seu número de partidos xogados na media tempada última (até un máximo de 12) e realizarase unha tirada con dado de 4. Se sae un 4, suba alta. Se non, suba baixa. A suba alta é de 8 puntos por partido xogado e a baixa de 3 (en porteiros, 5,2). Consíderase que un canteirán desputou un partido completo se xogou a metade do mesmo (un tempo) ou se foi expulsado ou caeu lesionado durante o mesmo. Sumará a metade de puntos sempre que estivese sobre o campo máis de 20 e menos de 45 minutos. Os canteiráns porteiros suben na primeira tempada en rexime baixo mesmo se non xogan ningún, contabilizándose todos os partidos xogados polo equipo. Se xogan algún partido, a suba polos partidos xogados realmente dependerá do rexime de suba que lle corresponda (alto ou baixo) e sumará en baixo polo resto (os non xogados).

A ficha orixinal dos canteiráns marca as habilidades que lle son innatas e os topes de crecemento en cada unha delas. Cos puntos de experiencia é posible facerlle melloras, pero non en todos os aspectos.

- Habilidades sobre 99 e habilidades sobre 8

Na ficha orixinal reflíctese un número de permutacións. Estas poden empregarse tanto para as habilidades sobre 99 -agás corpo- como para as habilidades sobre 8. Esta será a única modificación que se pode facer ás habilidades sobre 8, pois estas non suben. O corpo, pola súa banda, non pode ser permutado nin subir. O valor que sae orixinalmente é o valor final. A primeira tempada xogará con corpo -9 sobre o orixinal; a segunda con -5; a terceira con -2. Os demais valores poderán subirse. Subir un punto en calquera habilidade custa un punto de experiencia nas habilidades até 79. Tamén custará un punto por cada punto até 89 naquelas habilidades "innatas", que son aquelas nas que tiña un 75 ou máis na ficha orixinal non permutada. Nas habilidades innatas custará 2 puntos cada punto entre 90 e 94, e 3 entre 95 e 99. Nas non innatas, 2 de 80-89, 3 de 90-94. En ningún caso, nin mediante permutacións nin de ningún outro xeito, poderá excederse o límite máximo marcado na ficha orixinal para cada unha das habilidades. Os xogadores de campo con corpo 90-94 deberán restar 5 puntos aos valores orixinais e topes de velocidade, aceleración, axilidade e salto. Se decide permutar estes valores con outros, o valor entrante restará 5 e o saínte sumará 5. Os xogadores de campo con corpo 95-99 funcionarán igual, pero con -10 no canto de -5.

NOTA: As subas de canteiráns faranse de forma directa cunha folla excel que asigna os puntos de experiencia ás habilidades dentro do rango do tipo de suba que o adestrador elixise. Nos apartados seguintes de habilidades especiais e posicións extra, o adestrador poderá elixir onde coloca os puntos, pero será a folla excel a que diga cantos puntos se poden usar para iso.

- Habilidades especiais

A ficha orixinal dá o número de habilidades especiais do xogador. Estas pódense asignar libremente. En posteriores subas, cada h.e. extra custa 10 puntos. Un xogador de rango de posición 3 (LA, CC, MP, CLT, EX, SD, DC), debe pagar dobre por adquirir as h.e. propias dos defensas e porteiros. É dicir, 20 puntos ou dúas habilidades especiais da ficha orixinal.

- Posicións extra

A ficha orixinal especifica a posición principal do xogador, así como un número de posicións extra que pode ter. Pódenselle asignar esas posicións extra ou gardalas como puntos (só para este apartado) para a súa posterior asignación. Se o xogador é orixinariamente de rango 3, custaralle 100 puntos poñer unha posición de rango 2. Se ten algunha de rango 2, 100 para pasar a rango 1. Se ten a de rango 1, 100 para pasar a porteiro. No momento en que adquira a posición de porteiro, pasará a subir en rexime de porteiro, independentemente da posición que ocupe nos partidos. As posicións dentro dun rango ou posicións de rangos superiores custan 10 puntos. Coas posicións da ficha orixinal pasa o mesmo. Non se lle pode poñer a un DC a posición de CCD non sendo que lle saísen na ficha 10 posicións extra ou, por exemplo, 4 posicións extra non asignadas que unidas a 60 puntos de experiencia obtidos posteriormente lle permitan chegar aos 100 necesarios para facelo.

- Outras

A altura é inamobible, así como o pé bo. Se o xogador é mellor por unha banda que pola outra, poderase escoller por cal. O peso estará en función do que coma.

11. Cambios no regulamento

Calquera clube pode propoñer modificacións ao presente regulamento. As modificacións aprobaranse sempre que, informados todos os clubes membros da WIFA da modificación a votar, o número de votos "Si, quero facer a modificación" sexan máis do dobre dos que voten "Non, quero deixar as cousas exactamente como estaban". Isto quere dicir que 6 síes e 3 nons supoñen un rexeitamento da proposta, mentres que un 1-0 supón a súa aprobación. En determinadas circunstancias pode ocorrer que ningunha das opcións a votar signifique "deixar as cousas exactamente como estaban". Nestes casos, a opción que obteña maioría simple será a elixida.

12. Entradas e saídas de equipos

Calquera equipo pode abandonar a WIFA na finalización dunha determinada tempada. Se a súa intención é abandoala temporalmente, pode negociar a súa reincorporación en determinadas condicións -mantemento da totalidade ou parte do plantel, etc.- de acordo co resto, sempre que fixe unha data para a súa reincorporación.

Se un equipo quere entrar na WIFA, someterase a súa solicitude a votación, quedando esta entrada suxeita a unha votación convencional do punto anterior, "Cambios no regulamento". Se se aproba a súa entrada, o equipo configurará o plantel cos mesmos rublos que o clube máis barato, ocupando o último lugar na orde do draft pero adquirindo inmediatamente idénticos dereitos aos dos restantes clubes. Isto sempre que solicitase a súa reincorporación con anterioridade ao remate da tempada anterior. De facelo con posterioridade ao remate e resultar así e todo aprobado, entrará cos mesmos rublos que o máis barato pero fará o seu draft cando o resto teñan rematado o seu e sen dereito a roubar durante ese primeiro draft, non sendo que os restantes clubes decidan o contrario.

13. Edición de fichas

As fichas dos xogadores serán sempre as que marque a nova edición do xogo. Os xogadores que deixen de vir e se consideren relevantes serán "importados" coa súa última ficha coñecida e aceptada (a súa ficha na versión máis recente do SUACI). Calquera clube pode propoñer cambios concretos na ficha dun xogador e, de acadar o apoio doutros 4 clubes, poderá efectuar os trocos, advertindo sempre aos responsables do SUACI para a publicación de trocos no Xornal e posta ao día das fichas no propio SUACI. Os xogadores que están nun clube nun momento determinado non poden ser modificados agás que a iniciativa parta do dono do clube no que xoga. Nestes casos, as modificacións realizaranse con inmediata anterioridade ao draft máis próximo, pero serán anunciadas antes.

A secretaría da WIFA.

PD: é moi posible que detecten vostedes algún erro ou omisión na redacción do presente documento. De ser así e/ou ante calquera dúbida, fágano constar. Gracias.

.

martes, 24 de febreiro de 2009

Convocatoria

Secretaría da WIFA

A asemblea de OeP anuncia o remate das reformas de aumento de capacidade de prazas de asento no Arraiano, coa supresión dun certo número de localidades de pé. Ademais amosa a súa preferencia por desputar a xornada na casa por motivos vencellados coa loxística unipersoal.

SEDE(S)

Arraiano

ALTAS

Ordem
Pollo
Análisis
Torpedo
Asalta
Babudos
Tuzaros
Rif
Clash
MAG

BAIXAS

.

sábado, 21 de febreiro de 2009

As outras clasificacións prometidas

Secretaría da WIFA

 

 

 

 

 

 

 

 

LIGA

 

 

SE

 

DZ

1

Mutu

17

Mostovoi

6

2

Amauri

10

Caniggia

4

3

Romario

10

Nedved

4

4

Zlatan

10

Stoichkov

4

5

Iaquinta

9

Albertini

3

6

Kalusha Bwalya

8

Bozsik

3

7

Eto´o

7

Deisler

3

8

Vialli

7

Eto´o

3

9

Bergkamp

6

Hleb

3

10

Klinsmann

6

M. Laudrup

3

11

M. Petrov

6

Park

3

12

van Nistelrooy

6

Pienaar

3

13

Boniek

5

Seedorf

3

14

D. Milito

5

Amauri

2

15

Hleb

5

Azutkin

2

16

Hugo

5

Bouma

2

17

Messi

5

Iaquinta

2

18

Miccoli

5

Messi

2

19

Stoichkov

5

Ribery

2

20

Mostovoi

4

Romario

2

21

Shevchenko

4

Salihamidzic

2

22

Sócrates

4

Sneijder

2

23

Villa

4

Barnes

2

 

 

 

 

 

 

AT. TOTAL

AT

 

PRIM

 

 

(PTOS)

 

 

1

Mutu

27

R. Carvalho

11

2

Iaquinta

18

Ayala

9

3

Amauri

16

Gattuso

9

4

Stoichkov

16

Friedrich

8

5

Eto´o

15

Hugo

7,5

6

Kalusha Bwalya

15

Zhirkov

7,5

7

Mostovoi

15

De Jong

7

8

Romario

15

Nesta

7

9

Zlatan

15

Rio Ferdinand

7

10

Boniek

14

Vidic

7

11

Bergkamp

11

Barzagli

5,5

12

Caniggia

11

Heinrich

5,5

13

Hleb

11

Ferrara

5

14

Klinsmann

10

Panucci

5

15

M. Petrov

10

Petit

5

16

van Nistelrooy

10

van Nistelrooy

5

17

Bozsik

9

Yepes

5

18

Messi

9

Vialli

4,5

19

Vialli

9

 

 

20

Miccoli

8

 

 

21

Barnes

8

 

 

 

 

 

 

 

 

ENCAIXADOS

GV

 

 

 

 

 

 

CA

1

Buffon

0,67

Friedrich

4

2

Toldo

1,13

R. Carvalho

3

3

Cech

1,22

Ayala

2

4

Maier

1,43

Bozsik

2

5

Banks

1,53

D'alessandro

2

6

James

1,56

Ferrari

2

7

Castro/Niemi

1,63

Ganja Man

2

8

Julio César

1,73

Gattuso

2

9

Niemi/Castro

1,79

Heinze

2

10

Yashin

1,93

Hugo

2

11

Zoff

1,94

Mellberg

2

Plant

Caixa

Cx. Fin.

Rif

135

5,0

5,0

Shakhtar

150

4,0

2,5

Asalta

140

2,5

2,0

Tuzaros

143

3,0

1,5

Torpedo

142

1,0

1,0

Análisis

132

-2,5

0,5

Clash

147

1,0

-0,5

Babudos

135

-5,0

-1,0

Pollo

141

-2,5

-2,5

MAG

133

-3,0

-3,0

Ordem

136

-11,5

-11,5

Os datos económicos suprascritos poderían conter algún leve erro pola complexidade de cálculos e circunstancias. Así e todo, cremos que o traballo está ben feito. Xa están contemplados os coeficientes correctores dos equipos con subas/baixadas restrinxidas que se detallan a continuación. Tamén se inclúen nos balanzos as débedas de Pollo e Babudos con outros clubes, de tal xeito que os rublos que adebedan contan positivos nas caixas dos seus acredores e negativos nas súas propias.
 
Clasificación económica ecuatorial
 
Debido a encontros atrasados dalgúns conxuntos, non é posible ofrecr integramente, de momento, esta clasificación. Dado que a súa utilidade é meramente a de reflectir que equipos teñen restrinxidas as subas e cales non baixarán, pasamos a ofrecer eses datos, que si son seguros e que tampouco van sufrir xa modificacións.
 
Equipos con suba restrinxida á metade: Shakhtar, P. Clash, Tuzaros, Asaltacunas
Equipos que non baixarán: Análisis, Babudos
.