(Marko Czalic - Montreal)
A liga empezou, pois, a definirse. Pero o que aconteza na 4ª xornada ou, por mellor dicir, entre a 4ª e a 6ª, ha ter un efecto moi definitorio das opcións de cada equipo para o que reste desta LPU3. Esta é unha pequena análise da situación e dos duelos inmediatos (todo en versión a proba de daltónicos), que a xulgar deste cronista son particularmente decisivos.
Clasificación
1 Shakhtar 3X 9P
2 P. Clash 4 9
3 G&H 3 7
4 Pollo 3 6
5 Asaltacunas 2 4
6 Swazi 2 1
7 Ordem 2 1
8 Torpedo 3 0
9 Che 4 0
Encontros da 4ª xornada:
Shakhtar - Asaltacunas
Montreal recibe desde o cumio clasificatorio ao campión, a súa auténtica 'besta negra'. O autobús visitante foi apedreado pola asociación 'Nenos de Montreal', contraria á entrada na cidade do equipo visitante. Un acto que non reprobamos. O ambiente é de gala para un dos partidos grandes. Os enfrontamentos directos entre estes dous equipos decidiron dous dos catro títulos en desputa até a data, sempre a favor dos pedofáns. En total, os visitantes acumulan 4 trunfos e un empate (13-8 en goles) fronte a un Shakhtar que vive a previa do partido en estado de tremenda exaltación. Unha vitoria visitante comprimiría moito os 5 primeiros postos da liga, ademais de ser un grande golpe moral e de autoridade, mentres un trunfo local reduciría moito a marxe de erro dos restantes aspirantes ao título. Asaltacunas vive momentos difíciles polo baixo estado de forma de Ruud Gullit, ben amortiguado polos éxitos de Gilardino.
Gloria - Torpedo
Un grande clásico, que o ano pasado resultou funesto para o todopoderoso G&H, caído ante o canón de Puskas no seu mellor momento da tempada, cando aspiraba a todo. O comezo dos de Strangelove nesta tempada é o mellor da súa historia e parece que teñen acadado o punto de regulariedade que precisaban para loitar, por fin, polo título; e ademais, os rublos de Sir Nigel están en xogo. Unha vitoria neste duelo colocaría como claro candidato a un dos sempiternos favoritos. O glorioso Torpedo, por outra banda, asinou un inicio que reproduce os peores erros do pasado. O fútbol esquisito da escadra croata, tan fermoso como inconsistente, semella unha permanente homenaxe a Neptuno. Pero rematou a espera e as dúbidas deben ficar no vestiario. Vencer ou morrer. Aínda non é tarde para que o Torpedo acade a Gloria.
Pollo - Ordem
Partido de enorme interese entre o equipo máis querido pola bancada planetaria, o equipo do Presi, e Ordem, cun plantel espectacular e en franca progresión. Beckenbauer, Breitner e Bergkamp pugnan en carisma contra o intundable Pollo. O "pollo niu stail" ou "a cochez" segundo Rooney, permitiu aos de Zlatan elevarse aos primeiros postos. Pero se o Pollo quere ser tomado en serio debe cambiar de uniforme e, aínda máis que iso, non pode fallar. Só a vitoria interesa. Lamentablemente este partido non se poderá desputar na xornada de hoxe, razón pola que Ordem confirmarase como a grande incógnita da competición, tralo seu duro calendario inicial. Todo apunta na mesma dirección que a súa boa 2ª volta da LPU2, pero debe empezar a sumar de 3 en 3, enganchado á maxia de Messi.
Swazilandia - Che Marx
A mellor defensa recibe á peor; un equipo sólido con falta de gol contra o colista que, porén, amosou unha grande melloría no último encontro, sinalando o camiño a seguir. Che é un monstroso xigante durmido do que ninguén abrangue os límites. Cando esperte escoitaranse berros alén de Plutón. Bican, en grande momento, empeza a conectar cos dianteiros. E estes só precisan un balón. Swazilandia, pola súa parte, é no seu africanismo o equipo máis serio da competición. Se consigue algo de enerxía na liña de mediapunta con Basturk, Pienaar e Milla pode ser case imbatible. Ambos equipos precisan o trunfo como o comer e iso é, no caso dos locais, moito dicir.
P. Clash - Descansa
Día prácido para os partisanos, que aproveitaron moi aproveitadiña a súa primeira quenda da liga e se fixeron cun bo saco de puntos e un lugar na zona alta, como xa é habitual. O seu rendemento histórico é moi parello ao de G&H, mais parece que ambos decidiron subir un chanzo ao mesmo tempo.
Esta foi a análise de situación de Marko Czalic para todos os equipos da LPU. Boa sorte para a metade.
1 comentario:
Transcripción de teletipo:
Resultados LPU3 X4
4-2
1-1
Aprazado
1-1
Publicar un comentario