xoves, 13 de decembro de 2007

9 preguntas a Neptuno, planeta do Sistema Solar

O Xornal do Pobo endexamáis se deterá no seu afán por falar cos maiores expoñentes do mundo WIFA. Hoxe imos subir un chisco o nivel das nosas entrevistas. Si, aínda máis que Marko Czalic. Con todos vostedes Neptuno, planeta do Sistema Solar, e fogar -imaxinario- do Torpedo.

1. Boas señor Neptuno, como anda a cousa?
Ola, pois a verdade é que por eiquí vai un frío do demo, polo demáis, exceptuando o tema futbolístico, todo vai ben. Xa sabe como son estas cousas, a verdade é que o meu traballo é un pouco monótono, xirar sobre min mesmo, xirar ó redor do sol...

2. Que opina do deus romano ó que lle chaman igual?
Pois que non está ben andar a facer esas cousas, xa me dirán que teño que ver eu cun deus do mar. 'Xenialidades' dos humanos, supoño.

3. Por qué gaseoso?
Bueno, é unha atitude ante a vida. Be gas, my friend.

4. Menudo equipo lle foi tocar...
É certo, non vai moi ben, pero así polo menos saio un pouco da rutina.

5. Está seguro do que di? Se non paran de perder!
Pois agora que o di, é certo, case parece un traballo.

6.
Sabemos que Plutón entra ás veces na súa órbita, chegando a estar máis preto do sol ca vostede, que opina?

Que un dia destes vai haber unha desgraza, non entendo a hostilidade de Plutón, pero máis lle vale que non tropece comigo. Amáis diso, nin sequera é oficialmente un planeta.

7. Que tal se leva co resto dos planetas?
Pois non temos moito trato, penso que cada un anda ó seu.

8. Está claro que o equipo non vai, a quen ficharía no parón invernal?
Penso que o retorno de Puskás, que xogou moi ben o ano anterior non sería mala idea. Puskás para chutar e Kanoute para rematar de testa... En fin tampouco quero meterme nos asuntos deportivos.

9. Que pensa facer cando o Sol estoupe?
O estoupido do que fala non vai chegar aquí, o que está claro é que os planetas interiores vano pasar mal. Eu adicareime a xirar, que é o que sei facer.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Buena entrevista, pero di NO a las drogas.

Anónimo dixo...

Ou di SI, pero con moderación. "Máis que Marko Czabla bla...". Parvadas.
Por certo, ética periodística XA, por favor, que entre o Bocazas, o da 2ª división (alias "handicap", se non me trabuco nas miñas hábiles deduccións) e entrevistas siderais coma esta me pechades o kiosko.
Ah! A entrevista, moi ben. Moi íntegro, Neptuno, malia o seu estado.
P.S: Linchemos ao culpable! Con moderación.

Anónimo dixo...

A ver Neptuno debe comprender que se Plutón se mete un pouco na órbita é polo equilibrio global do Sistema Solar.
Pero vamos, responder por alusións en nome de Plutón a Neptuno, ambos en calidade de planetas, me parece propio de Ballack. Non de feito, non estamos á altura do xenio de Ballack.

Anónimo dixo...

xa deixei constancia no artigo respectivo á 2ª división pero por si acaso non o ledes, repitoo:
polo que indican os comentarios sospeitades de min, mas eu non fun.

Anónimo dixo...

JAJAJAJAJA

Anónimo dixo...

Eu non teño nada que ver con esta entrevista