luns, 31 de decembro de 2007

Unha mancadura frea a fichaxe de Alen Boksic polo Torpedo

Boksic dóese no chan, hoxe á mañá


(Redacción)

A fichaxe do lendario dianteiro croata polo Torpedo pode ser freada a última hora a causa dunha mancadura que sufriu no adestramento de hoxe. "Ai!!" declarou Boksic, nada máis producirse os feitos. Mitea, médico do clube, compareceu para informar ós xornalistas: "É un pouco cedo para aseguralo, mais penso que o golpe no nocello poderíalle facer perder o que resta de tempada". "Agardaremos aínda a facer algunhas probas, pero penso que haberá que buscar outro dianteiro para a 2ª volta".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Así que aínda andades a facer algunhas probas, non? Anda, ficha a Pele e déixate de caralladas. O Rei loitando polo Pobo. Iso si que tería graza.

P.S. Moi bo enmascaramento dos problemas co tránsfer e tamén bo xeito de encher follas durante este parón.