(Marko Czalic - Montreal)
Con máis de 70 edicións, o Campionato do Mundo de seleccións é o torneo oficial máis antigo e un dos máis prestixiosos da WIFA. Onte, por primeira vez, un dos equipos máis históricos do torneo, Rusia, acadou finalmente o seu 1º título, converténdose no 10º combinado que o logra este ano.
Vladimir Potemk, chegado especialmente de Montreal para levar aos seus paisanos polo camiño do éxito, tivo un traballo duro. Toda a primeira fase foi de probaturas tácticas, buscando o estilo de xogo ideal sen atopalo. Catro partidos mediocres en calidade e medianos en resultados (1 trunfo, 2 empates, 1 derrota), conduciron a Rusia a unha segunda fase estremadamente complicada.
"Potemk non sabe o que fai" (Alexei Smertin); "Estamos algo mareados" (Alexander Kerzhakov) ou "Eu mellor non digo nada" (Egor Titov), foron as reacción que suscitou a 1ª fase realizada polos rusos neles memos. Unha 1ª fase dominada pola Italia de Milla, con papel destacado para algúns xogadores da nosa liga como Gilardino (Asaltacunas FC), "Jarni" do torneo, Pirlo (Che Marx), amo auténtico do centro do campo, ou Zambrotta (G&H), omnipresente. Destacaron tamén, como non, os defensas de OeP, especialmente Materazzi, así como o gardamallas de AFC, Gianluigi Buffon. O outro equipo dominador da fase inicial, Croacia, con Robert Kovac (TZ) e un excelente Ivan Klasnic, ex-xogador, como saben, do glorioso Torpedo, e o impredicible (inda a posteriori) papel de Bélxica, que contou cun bo Pieroni, e Irán, onde, en ausencia de Nekounam e Daei, destacou un Enosaly que podería atopar un oco na LPU, foron as outras notas destacadas da primeira fase.
Na segunda fase todo cambiou, Rusia atopou o seu fútbol, o que sistematicamente lle outorgou vantaxes que logo se dedicaba a administrar, Irán caeu por moi exigua marxe, logo Bélxica -nomeada por esta razón "equipo con posibles desviacións" do torneo, "equipo Maricón", segundo a denominación popular- e chegouse á semifinal. Até entón ningún atacante ruso destacara sobre o resto, con números discretos. Pero as baixas na dianteira provocaron a aliñación de Vladimir 'Imbécil' Bystrov, que rematou por ser decisiva tanto ante Croacia nunha intensa semifinal (2-1) como ante Italia, nunha final igualmente intensa (2-1), o que converteu a Bystrov, case por accidente, no xogador máis determinante do torneo e en lenda viva do fútbol ruso.
Potemk: "Non sei por que carallo se me critica tanto, igual me está a pasar no Shakhtar. Os resultados son bos, o fútbol é bo. Sei que son xeiras, levo moito nisto; sei que a inspiración dos xogadores ha pasar máis axiña que tarde, e logo algún outro equipo se postulará como temporalmente indestructible. Sucedeu xa moitas veces, con moitos equipos. Pero nós estamos a facer un bo traballo no Shakhtar, i eu empezo a estar farto de choromicas". I é que Potemk é moi alto, e pode dicir certas cousas.
O palmarés histórico dos mundiais WIFA segue dominado por croatas e checos, como non, con ampla diferenza sobre o resto.
10 comentarios:
bom trabalho jornalistico. Moi pulcro.
Si, grazas. Son bo.
Amigos, conciudadanos, romanos: He de decir que me he sentido impresionado por el fútbol escita. Sin embargo, me apena la derrota de mis paisanos italianos, que merecían, sin duda, la victoria. La diosa Fortuna, que tantas veces me ha sonreido, no ha sido esta vez benigna con los hijos de la loba romana.
He de decir, además, que de todos los equipos participantes los belgas son los más valientes.
Caius Iulius Caesar.
clap-clap-clap
Grandioso.
Buagggg menos mal que non xogaron os suecos porque esta victoria pareceme lamentable habrase visto.
Os suecos nun pudemos ir por culpa do medio do transporte xa que estropeu o bus zlatan,que empezou a facer xiros increibes e rompeou o sentido de xiro dos satelites do noso planeta saturno e todos toparon entre eles,dixo que o reparaba el e o final chocaron co planeta producindo un big bag.
Pollo, tus historias son impresionantes. Si no fueras tú no me las creería.
Belxica equipo maricón? E en base a que facedes tal afirmación?....a ver....cales son as vosas razóns para emitir tal exabrupto?....e a quen non me responda pégolle co bolso, eh?
Era un mundial de 5 equipos, quedamos en que o 4º era maricón e Bélxica quedou 4ª. Xa sei que a explicación é aburrida, pero é o que hai. De todas formas, defensa máis oportuna que a de Xulio non se pode facer.
Tede coidado con Xulio, cando te decatas xa o tes co seu exército ó caron do voso estadio.
"¿Hasta cuándo, Catilina, digo...Rapajk, has de abusar de nuestra paciencia?
Publicar un comentario